Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

jueves, 30 de julio de 2009

mais parésticas de ramón senin

Amigos do 57(foro Severino Calvo): Quero en primeiro lugar mandarlle un agarimoso recordo a Antonio Puertas(poeta) que lle axude a superar eses momentos dificiles que el apunta no preámbulo dos seus versos.Animo Antonio, que estamos contigo, e acabamos de recibir mais versos(mis poesias) o que é unha boa sinal.

Axiña e con moito gusto paso a explicar o das "parésticas": pertence a linguaxe popular e vulgar de polo menos duas parroquias de Valga (Setecoros) e de Catoira (Dimo) donde eu a escoito de cando en vez.Equivale a "lerias", "ocurrencias","historias",etc...e utilizase para aludir a custións de 2º orden, irrelevantes ou secundarias.Debe derivar do verbo "parescer" (paresceres, parésticas). A ver que din Seco e Felpete, se non haberá que recurrir a Ferro Ruibal da RAG.Este é o sentido que eu lle quixen dar no último envio e o porqué do título.Entendin que no blog había que poñer unha sinal o contraseña para evitar confusións ou algo así, e esa foi a razón de última hora, o sea puxen o título despois de acabar o escrito..
Estas parroquias aunque limitrofes parecense pouco.Setecoros está orientada socio-economicamente hacia Pontecesures-padrón e Dimo hacia a comarca Arousa-Villagarcia; están separadas orograficamente por estrivacions hacia o N do Monte Xiabre (650m ) por eso quizais unha pertence a Vicaria de Santiago (Iria-Flavia)e a outra a de Pontevedra (Arousa), como moi ben saben os curas.Sin embargo nesto da fala si se parecen..

Pero a Setecoros casi a inmortaliza Monseñor Guerra Campos nunha conferencia que pronunciou en 1994 no ITC.Compostelá titulada: "ESTUDIOS Y OCURRENCIAS sobre la cuestión de Santiago en el Siglo XX" (La cuestión Jacobea).
Nela apuntou como " ocurrencia" que en Setecoros podia estar sepultado o Bispo Erético Prisciliano de Avila e seis dos seus discipulos, total "sete", un deles muller. Foi decapitado en Tréveris (Alemania),no século IV e trasladado cos seus a Hispania occidental (Gallaecia), porque o parescer era orixinal das terras de Iria Flavia. Setecoros podian ser os sete mártires priscilianistas. A min gustariame que fora certo..Pero creo que a ocurrencia foi un exceso de celo apostolico-xacobeo do Monseñor, no afán de alonxar a tumba de Prisciliano e os seus pupilos da do Apostol Santiago en Compostela que algúns investigadores dudan e poñen en entredicho (Fray Justo Perez de Urbel, Sánchez Dragó,Ofelia Rey Castelao...).

A conferencia foi editada por D Juan J Cebrián,recentamente nombrado coengo de Cabildo-Compostelá e xa falecido, conocido de todos nos, no ITC en 2004.Eu adquirina na Libreria Hexeria de S Martiño Pinario, e o feito apuntado está na páxina 69.E moi interesante como todo o que sexa de D Xosé Guerra pero a ocurrencia podíase haberse chamado perfectamente unha paréstica (a o meu modestisimo entender).

Debe engadir (todos o sabedes) que D Xosé(1920-1997) foi outra gloria da Igrexa compostelá na 2ª mitade do S pasado e morreu sendo Bispo emérito de Cuenca, onde está soterrado.
Entre a sua obra, está: "Exploraciones arqueólogicas en torno al sepulcro del apostol Santiago" editado polo Cabildo Catedral -1982- fruto dunhas excavacións que codirixiu com Chamoso Lamas (do patrimonio nacional) no subsolo da Catedral, na década dos 50. Un traballo de investigación moi riguroso e para iniciados, continuación-nada menos- das investigacións de López Ferreiro a finales do século XIX e que conduciron a promulgación polo Papa da famosa bula Deus Omnipotens.

Eu tiven a ousadía de adquirilo para a Biblioteca do Cuartel, e supúxome a interpelación dalgún Superior porque o libro era un ladrillo e moi técnico. Eu tranquilizavos a todos decindolle que o autor habia sido soldado de Franco e que estivera a punto de ser Arzobispo de Santiago antes que Suquía, se os ventos da época e dun sector do clero-compostelá (tamén partidario de M Romero de Lema) foran outros. Guerra era moi valorado no Exército obviamente, non así outros do Norte e Centro peninsular."Roma lavouse as MANS, tirou pola rua do medio e non nombrou nin a un nin a outro,senón o Bispo de Málaga D Angel Suquía Goicoechea" (J.J. Cebrián-Obispos de Iria y Arzobispos de Santiago de Compostela -1997-).

J.J. CebriÁn, coengo, sociólogo e ensayista, tamén ten outras publicacions, alguha moi interesante, que seguramente conocedes mellor que min polo que non vos vou atosigar cos seus títulos e comentarios. Eloquentissimus vir.RIP

Moi agradecido, Andrés, polo teu correo do 06 de xullo. Ben mereces un descanso despois de correxir tantos exámes e iluminar un pouco mais as " questiones disputatae".Sorprendeume que a Igrexa Romana esté tan condicionada polas de Ortodoxia Oriental e o ecumenismo tan complicado.Mais ben me parece un pretexto. A ver si al´guén se anima a ampliar algo mais.

Amigo Rafael, no comunicado correspondente resultachesme algo escurridizo. De momento no vou entrar na análise que propos, non teño folgos, unicamente por decir algo con relación a memoria histórica: que me parece prematura.Teño entendido que para facer historia sobre feitos tan dolorosos e tristes coma os da GC-36, con certo rigor e obxetividade, han de pasar/desaparecer por decir algo, mais de cinco xeneracións ou 200 anos e aplicar criterios homoxeneos os dous bandos tanto par Franco como para Carrillo,Negrín ou Pasionaria e non sacarlle o doctorado Honoris causa o primeiro e darllo ao segundo como pasou nalgunha universidade recientemente.Quitate tu para ponerme yo.Non me parece de recibo, a non ser que queiramos poñer pasado do revés cousa que as veces parece.E non perder de vista as causas.

Nas ordenanzas de Carlos III había un artículo que decia: el centinela protegerá a quien junto a él se rufugie.Foi mais ou menos o que pasou, simplificando, naturalmente..

O tema dará para longo e non voy ser eu o que incumpla as regras dos 200 anos, coma non sexa "falar por falar", pero creo que debiamos ter coidado todos en non reproducir no laboratorio social actual as condicións de presión e temperatura que deron lugar a aquelas reacións.Calquera texto sacado do seu contexto pode ser un mero pretexto, ou algo así. Me parece que me estou embalando nunha dirección que non ven moito o caso.Prego disculpas..
Xa non vos canso mais por hoxe, é veran, vacacións e non conven fatigalo o espíritu.Non olvidarse que hay temas abertos e tamen blogeros sen intevir .

Saúde e bo tempo.

Post scriptum:

Eduardo...., o predicador da COPE, ateo ou agnóstico? dado o persoaxe e a empresa, o mellor, o dato non é irrelevante ( aunque de "internis neque eclesiam").

Teño interese para a miña estanteria de curiosidades, do seguinte material, e agradezo a quen me poida dar pistas de adquisición (e prezos aproximados):

1.- Diccionario Raimundo de Miguel, conocido de toda a Quinta:Por suposto usado,que eu sepa non se edita, case o sabía de memoria D Alejandro Blanco Carou.
2.- Bula da Santa Cruzada, que se repartía nas parroquías alá pola década dos 50, na cuaresma (valénme fotocopias).
3.-Última edición impresa da Guía diocesana.
4.- Un libro manuscrito (Tercer manuscrito?, quizá?) con distintos tipos de caligrafía, que se usaba na escola primaria, década da bula, para perfeccionar a aprendizaxe a lectura.
5.-Compostelanum: nº 26(1981),33(1988), 34(1989)

Gratificarase

domingo, 26 de julio de 2009

Adeus sentido a Juanjo (Rafael)

Un amigo de Santiago informoume do seu pasamento. Enterrárono no claustro da Catedral o día do Apóstolo. Fixérano cóengo hai pouco mais dun mes. Dounos clase de Socioloxía no curso 1964 65 Non foi un profesor calquera polo menos para algúns de nós. Iniciounos no método da revisión de vida: ver, xulgar e actuar. Con que paixón falaba do do Cardeal Cardinj, fundador da J.O.C. que ese mesmo ano nomeara o Papa Paulo VI. Colaborou sempre incondicionalmente co grupo de Xesús Obreiro que se implantara en moitos seminarios de España e do que saíron case que todos os consiliarios de JOC e HOAC. Das augas do sistema de revisión de vida, transformador por esencia da realidade, beberon cantidade de laicos e cregos nesa época. Foi unha fonte fecunda de dirixentes sociais, políticos e sindicais que loitaron pola democracia. Algún deles dirixiu un sindicato dos mais importantes de Galicia ate hai poucos anos .Gracias Juanjo de todos aqueles aos que nos axudaches a ter conciencia social mais que socioloxía. Agora descansa en paz.

jueves, 23 de julio de 2009

CONSTANTIÑO TRILLO (Requiescat in pace)Rafael


Despois da aportación de Andrés e de Eduardo so resta dicir Amen. Trateino pouco. Sei que tiña o aprecio de moita xente. Foi un militante infatigable, Penso que a mellor homenaxe que lle podemos facer é rememorar un artigo que publicou no que relata cal é a súa concepción do mestre Describe, brevemente, a súa filosofía do sistema educativo actual no que estivo moi inmerso pola súa condición de Director, moitos anos, do chamado Instituto Masculino. Na actualidade I.E.S Salvador de Madariaga. Velaí o artigo.

Lembranza dunha antiga amizade. (Eduardo Seco)

Ao regreso dunha viaxe por terras de san Martiño de Panonia, coñecido por Martiño de Braga ou Dumiense, lin as achegas de Rafael, Ramón, Andrés e Puertas.

Como agora no verán non teño Internet na casa, tardei días en volver ao blog e hoxe, 23, atopo a triste noticia da morte de Constantino, tamén no correo. Sorprendeume e fíxome pensar a idea de Andrés traída de Mateo, 21,28-32: a do mozo que non quería traballar na viña, pero despois arrepentiuse e foi. Loitar por un mundo máis xusto e igualitario é traballar na viña do pai. O que non entendo agora é a reprimenda de Xesús cando os discípulos lle contestan que este, o primeiro, seguira a vontade do pai.

Nos anos de filosofía Constantino tiña moita caridade e paciencia cando explicaba unha e outra vez a algúns compañeiros os temas ata que os entendesen e os aprendesen de oídas como nas escolas anteriores á era Gutenberg ou a peripatética de Aristóteles polo claustro de San Martiño Pinario. Tiña un memorión e podía repetir de memoria moitos temas. Hai anos que asistiu a unha convivencia no Seminario Mayor. Desexo que atopase alá o mundo xusto polo que loitou aquí.

Tiña unha entrada máis longa e distinta, pero tempo haberá de desbarrar. Hoxe remato aquí en sinal de respeto e admiración a Constantino.

Eduardo Seco.

miércoles, 22 de julio de 2009

Falecemento de Constantino Trillo Varela (Andres GV)

Con motivo do falecemento de Trillo Varela, no día de hoxe, 22/07/09, puiden compartir unha breve oración con algúns membros da súa familia e con compañeiros seus do Instituto Salvador de Madariaga, da Coruña, do que foi director durante moitos anos. Alí estaba Javier Romero Mengotti, que me presentou a familia de Tino, con que colaborou como xefe de Estudos no Instituto e a quen acompañou durante a enfermidade, xunto con Manuel López González. A oración que puiden improvisar diante do cadaleito de Trillo Varela no tanatorio foi máis ou menos esta, en castelán, como a dixen alí:

Señor, tú conoces nuestra vida y nuestro corazón. Ahora, ante el cuerpo de Constantino recordamos su compromiso personal en defensa de los derechos de las personas, de su dignidad; sus deseos y esfuerzos por un mundo diferente, de justicia e igualdad. Sus sueños de que los más desfavorecidos de la tierra encontrasen en esta el reconocimiento de sus derechos. No es otra la tarea que tú nos encomiendas a todos, y por lo tanto, tú no estabas lejos de Constantino ni de sus ideales.
Los que en ti creemos, rezamos ahora para que aceptes su vida, sus actos de amor y de bondad, su esfuerzo por la justicia, y lo acojas contigo.
Te lo pedimos recitando el salmo 23:
El Señor es mi pastor, nada me falta.
En verdes praderas me hace reposar
me conduce hacia fuentes tranquilas
y repara mis fuerzas.

Me guía por el sendero justo,
por el honor de su nombre.
Aunque camine por cañadas oscuras
ningún mal temeré, porque tú vas conmigo:
tu vara y tu cayado me sosiegan.
(...)
Tu bondad y tu misericordia me acompañan
todos los días de mi vida.
Y habitaré en la casa del Señor
por años sin término


Despùés hice una introducción al Padrenuestro, recordando a los allí reunidos, unos veinte, que era la oración de la confianza, en la que el cristiano expresa la certeza fundamental de su fe, tal como nos enseñó Jesús de Nazaret: Dios es un Padre que nos ama incondicionalmente. Con el recitado del Padrenuestro concluyó la oración.
Termino aquí, rogando a todos los que os leéis esta comunicación, que desde el silencio de vuestro corazón, también pongáis ante Dios Padre a su hijo Constantino, que fue como el joven de la parábola, a quien el padre manda a trabajar a su viña: le dijo que no, pero allí fue (Mt 21, 28-32). Así lo creo.
Andrés G.V.
P.S.: Estou redactando a carta de convocatoria para o 19 de setembro. Reservade a data. As mortes recentes de dous compañeiros son un motivo máis para acudir.

martes, 21 de julio de 2009

PÉS DE FOTO



O noso querido amigo Vázquez Pose dime que poña nomes a foto. Tamén di que cando empece o novo curso entrará ao trapo. Deduzo que en Setembro teremos un participante mais.
1ª Fila: D Manuel Calvo vicerreitor. Tratounos como homes pese a ser uns rapaces novos D. Camilo antes que nada era compañeiro e cómplice dos cregos D. Manuel Capón era reitor desde o ano 1929. Reitor decano. No seu corazón cabiamos todos. O Cardeal D. Fernando. Na súa tumba sempre hai flores. Cando saía de Palacio acompañando a D. Ramón Otero Pedraio era un espectáculo ver a aqueles dous homes, grandes en todo, Con frecuencia comían xuntos. O Cóengo que está ao lado non me lembro do seu nome,e por último na fila de autoridades D. Juan Bretal. Cos que eramos do Barbanza amosaba un afecto especial
2ª “ : Un franciscano encantador. Asistían desde o 1967 á clases de Teoloxía con nós. Mostrounos o convento de San Francisco con todos os pasadizos e comunicacións secretas. A Humberto Eco: “El nombre de la Rosa”, non se entende se antes non che mostran un convento por dentro.
Séguelle D. Fermín Bello. Que se recupere tamén das súas avarías .A continuación Barros Brey. Bo amigo como el sabe. Séguelle Barcia Lorenzo. “Sacramenta sunt sete. Nec pauca nec pauciora”Traduceu: Os sacramentos son sete nin poucos nin moi poucos. Sorte. Segue Juan Caamaño Calvo. Hoxe ex .Tamén bo amigo. A continuación: D. Albino Verdía. Tamén foi seminarista obreiro, na vendima en Francia. Sorte.
3ª “ : Outro franciscano dos dous que se ordenaran con nós. Distinto carácter ca o anterior. A cara espello... Segue D. Fernando Ledo. Foi crego obreiro de correos e hoxe segue en exercicio. A continuación: Dean. Dun curso superior ao noso. Perdinlle a pista. O que segue é: Bermúdez Outes. Profesor de Instituto. Ex. Tamén sorte. Agora que non imos de cámping a Estorde non nos vemos no verán. Segue D. Ricardo Cutrín, Segundo dicía el, con certa picardía, a abolición do celibato no ía coller a tempo de casar. Non desesperes Ricardo Quen sabe? O seguinte e D. Xesús Iglesias, alias Chucho. Xantamos pouco hai, este mes, xuntos. Con sobremesa ata pasadas as 6 da tarde .Boa xubilación.
3ª “ :O señor Varela Pisco. Un saúdo. Hai tempo que non o vexo. Segue: Carlos Lago. Do Fogar de Santa Margarida. Tampouco sei por onde anda. Sorte. Segue : Rial Varela. Trobador maior desta quinta. Que as musas o sigan acariñando e inspirando, Sorte tamén. A continuación: Silveira. Tamén hai anos que non teño noticias súas. Que tamén lle vaia ben. O seguinte Domínguez. tamén de un curso superior ao noso. Perdinlle a pista. O seguinte é un servidor e o derradeiro desta serie e D. Alfonso Fernández Barros. O compañeiro que viaxaba no Selta ata Lestrove. A súa tía era a guardesa do Palacio de Lestrove. Pola festa de Nosa Señora dos Aflixidos dormiamos na cama do Cardeal. Cando remataban as vacacións cantabamos aquela canción que dicía ” Adeus cabo da Crus, Cabo da Crus de aceiro onde amarro a miña lancha e a do meu compañeiro”Ex. Tamén xubiloso xubilado e co fillo criado e traballando .

Falta un que está axexando, con cara de rapas novo e traveso, que é o ínclito D. Luciano Pena. Ex. Andou espreitando e esperando outra xeira pero rematou tamén tomando os hábitos por algún tempo. Que tamén che vaia bonito. E xa están todos. Por hoxe mais nada .Cumprín o encargo Enrique. Rafael

lunes, 20 de julio de 2009

Centenario Añoveros ( Rafael G.R. )


Vou contar como anécdota, de avó que aínda non son, o que lle aconteceu a Xulio Barreiro Fernández, hoxe Procurador dos Tribunais en Santiago ,e a min no ano 1974. Así tamén revivimos na memoria e homenaxeamos a aquel gran bispo,converso ao Vaticano II que foi D. Antonio Añoveros . Andei preocupado ate que saíu a Lei de Amnistía no Outono de 1977. Así lembramos algo de historia que segundo R. Senín , mais outros, é mestra da vida.
O ano 1974 foi un ano moi convulso social e politicamente. Agonía do franquismo. A revolución portuguesa do 25 de Abril: “Grándola vila morena...”Os partidos políticos, con certa clandestinidade e menos medo, fanse mais presentes. Presentación da Xunta Democrática e da Plataxunta. A conciencia de algúns bispos. cregos e laicos sobre a maldade do franquismo e a necesidade da democracia medra .Madrid infestada de pintadas: Tarancón ao paredón.....etc...etc. Diso temos todos memoria.
Pois ese ano a revista “Vida Nueva” publicou unha homilía do bispo vasco Monseñor Añoveros de quen este ano se celebra o centenario. Chega antes aos subscritores e o goberno ordena o secuestro cando está a venda nos quioscos. A referida homilía dou orixe ao caso Añoveros a quen querían expulsar, esperábao un avión do exercito en Sondica, a Roma e parece que tiñan tamén preparada a excomuñón de Franco e de todo o goberno o que motivou que a expulsión quedase sen efecto.
Lembraredes todos a que se armou. Pois nós ao ver que a homilía era pura doutrina conciliar e dada a curiosidade que suscitara e a semellanza de Galicia co pais vasco en canto a lingua, cultura,estatuto propio etc. acordamos facer copias, nunha multicopista de última xeración que nos doara a Condesa de Fenosa, e polas nunha mesa ao fondo da Igrexa para que os fregueses que quixeren a recollesen.
Pódese ver en Internet. O mais grave que tiña e o parágrafo seguinte:

“El pueblo vasco, lo mismo que los demás pueblos del Estado español, tiene el derecho de conservar su propia identidad, cultivando y desarrollando su patrimonio espiritual sin perjuicio de un saludable intercambio con los pueblos circunvecinos, dentro de una organización sociopolítica que reconozca su justa libertad ... El Estado ha de estar al servicio de las personas y de los pueblos y ha de respetar sinceramente el pluralismo social y cultural.... “
Se comparedes co que dixo posteriormente a Constitución onde fala de nacionalidades históricas e de estatutos de Autonomía e de linguas e bandeiras oficiais este é un preludio insignificante.
Na Misa do Sábado pola tarde non pasou nada pero na mañá do Domingo aparecen dous policías, chamados da Social, con orde de detención para Xulio e mais eu. Dicímoslle que nos deixen facer uns carteis para comunicar a supresión das misas,bautizos, catecismo e restantes actividades pastorais dominicais. Parécelles moito rebumbio,volven á Comisaría a consultar e mentres que sigamos como se nada pasase; sobre as 2 da tarde volven a dicirnos que o Luns cando nos veña ben pasemos a ver ao Comisario Xefe.
Dinos que el é un mandado. Que somos boa xente. Que non ten mais remedio que facer o atestado. Que se difundísemos as homilías de Monseñor Guerra non sucedería nada. Que Franco está moi triste. Tanto como fixo pola Igrexa e agora ninguén llo agradece. Dinos que o feito é tan grave que ten que ir ao Tribunal de Orde Público se non cunha multa do Gobernador o asunto quedaba esquecido. Realizado o atestado dinos que por consideración podemos ir andando ao Xulgado de Instrución nº 2 a prestar alí declaración que nos espera o Xuíz. No Xulgado de Instrución trátannos moi ben. Din que tranquilos que o mais que pode pasar e que nos manden unha temporada para un convento ou mosteiro a non ser que renunciemos ao dereito que recolle o Concordato, neste caso mandaríannos para o cárcere de Zamora


As dilixencias remíteas o T.O.P e este acordará a data do xuízo para o que precisaremos un procurador e avogado e se non póñennolos de oficio por ser pobres. A través dun funcionario amigo, do pazo de Xustiza, estivemos informados da sorte do sumario en Madrid. Neste tempo foi tal a cantidade de dilixencias abertas que na cadea de Zamora xa non collían mais curas presos e atrasaron o sinalamento de vista. En Xaneiro de 1975 acordaron o arquivo provisional. O meirande problema dos arquivos provisionais, aínda hoxe, é que en calquera momento , a instancias da fiscalía , da avogacía do Estado ou de calquera acusación se pode reavivar calquera proceso penal e finalizalo con sentencia. De aí o que dicía ao principio que me quitaba o sono mentres non saíu a lei de amnistía. Eu traballaba na Universidade Laboral con contrato administrativo que, por necesidades do servizo se podía rescindir en calquera momento. Era un organismo público e coñecendo os antecedentes policiais e penais, naqueles tempos, non era para estar tranquilo.

Adxunto a copia da certificación que aínda conservo no ,meu poder:





Tempos aqueles. Son historia da que todos conservamos memoria. E certo que é a mestra da vida. Como sempre cos mellores desexos para todos. Rafael
N.B. Información legal:Dereitos do detido:Son aqueles dereitos que unha vez practicada a detención deben poñerse en coñecemento do detido, xeralmente por escrito,para que,de interesárenlle faga uso deles .Son:

1º.- Dereito a gardar silencio respecto a todas ou a calquera das preguntas que se lle formulen.
2º.- Dereito a non declarar contra si mesmo e a non declararse culpable.
3º.- Dereito a designar avogado que o asista no acto da declaración e se non o fai designaranllo de oficio.
4º.- Dereito a que se lle comunique ao familiar que el indique o feito da detención e o lugar onde se encontra.
5º.- Dereito a ser asistido gratuitamente por un intérprete se non coñece o idioma.
6º.- Dereito a ser recoñecido por un médico forense ou calquera outro dependente dunha administración pública.

A detención deberá realizarse, por imperativo legal, na forma en que menos perxudique a persoa e a súa reputación e patrimonio

domingo, 12 de julio de 2009

CUADRAXÉXIMO ANIVERSARIO









Non poderá faltar, no día en que se cumpren 40 anos, sinalada efemérides,unha foto dos que coroaron a cima do monte, naquela longa carreira, durante 12 anos, que empezara o grupo da agora chamada quinta do 57.

Parte de aquel “medio millar de muchachos”,da letra do himno de Belvís , no ano 1969, 12 de Xullo, uns poucos afortunados acadabamos a ansiada meta. Outros moitos fóranse baixando dese tren en distintos apeadeiros e emprenderon novas singraduras . Outros antes de gabear ao curuto tomáronse un tempo para medir as forzas pospoñendo a subida para tempos mellores. Daquela a hoxe algúns mudamos de estado e profesión cumprindo outras funcións sociais.

Parabéns para os compañeiros que seguen de xornaleiros traballando na viña e para os que tomamos outros rumbos que a amizade que se fraguou nesa longa estadía nos siga xunguindo. Rafael

N.B. Hoxe é Domingo e non se traballa. Así quea información legal queda para outra xeira.

sábado, 11 de julio de 2009

Mis poesías

EL DIA QUE YO ME MUERA

El día que yo me muera,
Si tengo oportunidad,
Haré un castillo con nubes
Y con espuma de mar.

Elegiré las más blancas
Que leviten donde están
Las gaviotas y las dunas,
Los moluscos y el cormorán.

Haré una lancha nueva
Invisible al navegar,
Los remos serán mis versos,
La fantasía mi hogar.

De piedra será la vela
Que me impulse a soñar
Y, en los días de tormenta,
La Barca me arrullará.

A la altura de Villano,
Me inclinaré a escuchar
Las voces que llevo dentro,
Con caracolas de mar.

Las estrofas de mis versos
Las olas las llevarán,
Y , las conchas en la arena,
Escribirán mi cantar.

Los recuerdos de mi tierra
Me ayudarán a volar
Y, en los confines del tiempo,
Veréis mi silueta pasar.

Las señales que os mande,
Serán estrellas al azar
Iluminando la noche,
Si tengo oportunidad.

Antonio Puertas

lunes, 6 de julio de 2009

Teoloxía práctica (Andres GV <)

Tiña algo abandonada a miña participación neste blog pero, como seguen dicindo na Adoración Nocturna os que non asisten, con "Excusa e colecta". A excusa é o remate do curso que supón para min entre outras cousas dar lectura e cualificar máis de duascentes monografías dos alumnos de 3º de Maxisterio (220, para ser precisos), outros tantos exames dos mesmos alumnos (que xa llelos fago tipo test que me enreda facelos pero logro un aforro de tempo en corrixilos) e, por outra parte unha cantidade parecida de exames dos de 2º curso. Menos mal que as asignaturas (Relixión e Didáctica da mesma) son optativas. Aínda non saio do meu asombro pola masiva aceptación que ten esta oferta para o alumnado, pois sendo optativas os horarios non son os máis apetecibles (sempre polas tardes ou en todo caso na mañá do venres, como me ocorre nunha delas). Esta é a excusa.
A colecta, polo tanto, é en especie, e os destinatarios non fostes os copartícipes do blog senón estes rapaces e rapazas, sobre todo os que rematan a súa graduación como Mestres e están desexosos de facer o seu depósito de título para incorporarse ao exercicio profesional como docentes e educadores. Como podedes comprender, non son avaro na cualificación, anque demando un mínimo nivel máis de traballo que de coñecementos.
Véxovos a todos moi enfariñados con asuntos teolóxicos e eclesiais, cousa que me interpela e enche de curiosidade. O proído e picazón da pel normalmente responde a alerxias ou a intoxicacións. O ilustre François Mauriac deixou escrito (a cita é de memoria) que "os europeos teñen recibido social e culturalmente as doses de cristianismo suficientes como para quedar vaccinados contra el". Os nosos blogueiros non parecedes vaccinados senón propicios para coller máis virus infecciosos.
Das cuestións teolóxicas que aparecen no blog, xa sabedes que algunha nin sequera é teolóxica como é o caso do celibato, asunto disciplinar e canónico, que non afecta a todo o catolicismo, senón ao maioritario rito romano. Tamén é o celibato unha cuestión de espiritualidade, unha opción de vida que, tanto o occidente coma o oriente católico e o oriente non católico, estiman en alto grao e que non se debe desconsiderar con lixeireza: desde as orixes a castidade ou virxinidade están presentes como modos de vida cristiá e como expresión dunha entrega incondicional ao Señor e aos irmáns. Que os clérigos teñan que pasar por esa condción para acceder ao ministerio é o que hoxe parece menos necesario ou menos indispensable. Cóntovos unha anécdota persoal. Cando eu andaba co programa A sentinela, da TVG, un dos técnicos da compañía sempre me andaba dando a vara con que se o papa Xoán Paulo II era un conservador, que xa era hora de dar paso á ordenación sacerdotal das mulleres, que habería que abolir o celibato, cousas moi na liña do que lemos todos os días e tamén aparecen no noso blog. Eu, xa algo farto da cantilena aquela e sobre todo da súa insistencia en liberarme a min (el estaba casado) da carga do celibato, un día quixen poñer punto final ás súas lerias e díxenlle para cortalo: "Se a estas alturas da miña vida, despois de máis trinta anos de cura célibe, derogan a norma do celibato, eu reclamarei os atrasos". Botou a rir comigo e pensei que eu deixara sentenciada a cuestión, pero non. Pasoume a man polo ombro e moi cinicamente suxeriume: "Será mellor que vaias apañando algún anticipo". Xa vedes, qué consello...
Na miña opinión o celibato obrigatorio ten un prazo de subsistencia próximo a desaparecer, só que na vida da Igrexa o significado de "próximo a desparecer" pode supoñer o paso de cincuenta, cen ou cento cincuenta anos. Pero máis difícil o ten o acceso da muller ao sacerdocio ministerial. A teoloxía que defende esa exclusión está cada día máis en retirada, pero a igrexa católica non dará ningún paso neste sentido senón é ao mesmo tempo que todas as igrexas da ortodoxia oriental: gregas, rusa, armenia, etc. E aquí, que teñen sen embargo o celibato opcional e a maioría dos bispos os teñen que escoller entre os monxes, na cuestión da ordenación da muller están moi lonxe, pero moi lonxe... O ecumenismo ten complexidades que levan tamén por camiños non de progreso senón de freo ou retardo...
No que á teoloxía se refire, este amigo cura que vos escribe ten optado hai tempo pola "Teoloxía práctica" máis que pola especulativa, non porque esta non lle interese, que me interesa e moito. Desde hai uns anos dáse en chamar "teoloxía práctica" o que, plus minusve, antes se chamaba Teoloxía pastoral. Non me veñades con aquilo de que unha mala teoría dará lugar a unha mala realización e producirá incluso resultados nocivos. Non vos diría absolutamente que non e case podemos constatar que unha idea peconciliar do laicado e da igrexa está dando resultados máis que discutibles. Pero eu obtei, xa de hai tempo, pola dínamis oposta: fagamos desde a nosa pobreza persoal o que poidamos por unha realidade de neta identidade cristiá, onde a muller, o laico, as comunidades teñan participación e corresponsabilidades, os pobres se sintan acollidos e a vivencia da fraternidade non sexa só obxecto teórico de predicación, senón exercicio e vivencia dos que estamos aí. A miña esperanza é que a vida, na medida en que a vivimos con sentido de fidelidade e ante Deus e Cristo, empurre as teoloxías e as normas, facéndoas máis anchas, maís transitables, vieiros e estradas de alegría. Na vida e no ser humano, como ensina Torres Queiruga, é onde ten lugar a revelación de Deus.
Por certo, amigo Ramón Senín, estrañácheste hai tempo de que eu encontrase "críptica" unha das túas aportacións ao "Foro de Severino". E tiven que mandar unha aclaración sobre esa palabra. Agora pido eu explicacións: ¿Que son exactamente as parésticas e por que titulas así o teu artigo máis recente??

viernes, 3 de julio de 2009

ALGO SE ALBISCA NO HORIZONTE

Amigos da quintado57:Alegroume o amigo Senín co seu comunicado. O título é do mais creativo. Inmortalizarao. Non será un contrasinal?. Santo e seña para entrar na Unidade? Mirei no Dicionario da Academia da Lingua Española e nada. No latino de Raimundo de Miguel e nada. Escribín en Google e remíteme á súa colaboración. Probade. Noraboa. Agora dinos o significado. Podes engadilo a Wikipedia..
Agradecido polos teus bos consellos,sei que son sentidos e cordiais. Como son varios os galenos que me tratan e difícil non seguir as prescricións. Se fose un solo con esperar a que morrese xa estaba. Ao que volveu a fumar dille o veciño: Pero non che quitara o médico o tabaco? Si home pero agora o médico morreu.

A bicicleta que me recomendas foi unha boa camarada que me acompañou moitos anos, de sete e media a nove, nas mañás de Sábados e Domingos. Pero un día tiroume e arresteina indefinidamente seguindo as ordenanzas militares que ti tan ben coñeces. Hai uns 4 anos ía a unha velocidade considerable e ocorréuseme anoar mal a camisa no guiador, enmarañouse na roda e guindoume a metro e medio nunha superficie de cemento. Era nun paseo marítimo e a xente dicíame: Señor necesita axuda? Eu escoitaba pero non me podía mover, Chamaron ao 061 e rematou a odisea con 13 puntadas, mazaduras por todo o corpo, unha noite no hospital e a repoñerse como Alonso Quijano cando regresaba malferido e mancado das aventuras que corría con Sancho.

Obrigado Senín polo que, con moita cordura,manifestas na túa intervención e polo xuízo favorable que fas de min. En realidade a quen lle votas os cans e a López González pero seguro que non cho toma a mal.

O anterior son prolegómenos e agora para ser consecuente co enunciado vou poñer sete acontecementos,número bíblico, que, ao meu modo de ver, son como os gromos novos que di a ministra de economía e que me fan ver con certo optimismo que algo se está movendo para mellor:

1º.- A Asemblea Xeral da O.N.U. aprobou, unanimemente e por aclamación, o proxecto de Resolución que condena o golpe de Estado militar en Honduras. A ver como se resolve pero é a primeira vez que os Estados Unidos non apoian unha asonada militar en Sur América que é un golpe de Estado de manual, en toda regra. con suspensión de dereitos e garantías como sempre. As animaladas, de trunfar, veñen despois .

2º- Os bispos vascos rehabilitan a memoria de 14 cregos executados polo franquismo. Celebrarán un funeral conxunto o próximo dia 11”Ningún contou entón,nos 1936 e 1937, con oficio relixioso público algún, nin os seus nomes foron inscritos nos boletíns oficiais e rexistros de cada diocese, nin nos libros parroquiais”,Con esta «purificación da memoria» y querendo «mirar ao pasado para aprender a construír un presente e un mañá novos»,A Igrexa vasca compre con «un deber pendente» dende hai setenta anos”. (D. Mario Iceta que cando correu o rumor de que ía de auxiliar para Bilbao ameazaron os cregos coa renuncia colectiva por non telos consultado é un dos asignantes e promotores. Recórdame unha gracia que facía o coengo de Málaga D. José María González Ruiz, que coincidin con el nun Mosteiro de Bieitos en Prades (Francia) no 1971 e cantaba a letra dun villancico andaluz que dicia así: “El niño Dios nació en un pesebre, donde menos se piensa salta la liebre”Nese mosteiro estaban o Abad Escarré e varios compañeiros monxes de Montserrat que expulsaran de España por negarse a recibir a Franco na abadía).Para saber mais mirade “Redescristianas”

3º.- Chamou un amigo e díxome. Xa verás como este Goberno de Galicia vai axudar mais ao noso idioma do que o fixo Touriño e o B.N.G. Tempo ao tempo. Como ten dotes proféticas fíome del. Será verdade?:Xa se está articulando unha rede de defensa e apoio ao noso idioma que vai arder “Troya”en sentido figurado, faltaría mais. Con violencia nada, sen ela todo e posibel.

4º.-Mais de 100 persoas,teólogos, curas, relixiosos/as en Galicia apoian a Andrés Torres Queiruga. Todas persoas sobranceiras e cun longo historial e boa folla de servizos. Se abren o cota de adhesións a través da rede poderían ser moitas mais.

5ª.- O Arcebispo de Valencia D. Carlos Osoro ten unha xuntanza cos curas roxos que levaban 17 anos sen ser recibidos polo dimitido cardeal García-Gasco. Queda en volver axuntarse e estudar a proposta de que o templo que están facendo para adicar “aos mártires do 1.936” se chame “ Igrexa de Santa María do Perdón e Reconciliación” A ver se é verdade. Sería unha boa nova.

6ª.-A Igrexa de Honduras rexeita o golpe de Estado. Está coa Constitución. Non sempre foi así.Parabéns.

7ª.-Miguel d.Escoto, crego, preside a Asemblea Xeral de Nacións Unidas. O discurso que pronunciou hai unha semana ante os representantes de 192 países, moi aplaudido, sitúa as causas da crise económica mundial, na falta de solidariedade e no intento de gañar diñeiro a costa do que sexa.Vale a pena lelo. Recollo estas frases, dunha entrevista que lle fan, literais que me impresionaron:”¡Como quisiera yo decir que mi Iglesia, es la que ha levantado la antorcha de la solidaridad! Pero no lo puedo decir, porque no es cierto, vienen los más altos representantes de nuestra Iglesia a Naciones Unidas y ¡nada!, no hay espíritu, no hay pasión, no hay fuego, está todo como apagado y el espíritu esta usando a laicos, incluso a algunos que se dicen agnósticos o no creyentes.”

Non sei se coincidiredes en que estes feitos alumean un porvir mais luminoso. Se alguén quere opinar xa vedes que hai materia.

N.B.A información legal hoxe vai sobre a “quinta enmienda”.
Sempre lle digo aos alumnos que cando se encontren con algunha palabra que faga referencia ao dereito que a anoten e logo, en cada clase, reservamos uns minutos para respondelas. Unha delas foi: Que e iso de acóllome a quinta emenda que vin nunha peli?.

R.-Os norteamericanos din que se acollen a quinta emenda cando se negan a declarar contra si mesmos ou a recoñecerse culpables dun delito, Tamén esa disposición recolle que ninguén se lle pode acusar dun delito se antes un “gran xurado” non o acorda por existir serios indicios na incriminación. Tamén se acollen a ela se o Estado lles expropia sen xustificar que o fai por un interese público patente. E tamén se refiren a ela se non se lle leron antes o que aquí nos coñecemos como dereitos do detido. Para nós o equivalente sería o art. 24 da Constitución que é do teor literal seguinte:
“Todas las personas tienen derecho a obtener la tutela efectiva de los jueces y tribunales en el ejercicio de sus derechos e intereses legítimos, sin que, en ningún caso, pueda producirse indefensión.
Asimismo todos tienen derecho al Juez ordinario predeterminado por la ley, a la defensa y a la asistencia de letrado, a ser informados de la acusación contra ellos, a un proceso público sin dilaciones indebidas y con todas las garantías, a utilizar los medios de prueba pertinentes para su defensa, a no declarar contra sí mismos, a no confesarse culpables y a la presunción de inocencia. La ley regulará los casos en que, por razón de parentesco o de secreto profesional, no se estará obligado a declarar sobre hechos presuntamente delictivos.”

Ate a próxima. Cos mellores desexos. Boas vacacións. Rafael

miércoles, 1 de julio de 2009

Parésticas de Ramón Senín

Amigos do 57 e "foro Severino Calvo (in memoriam)": Tardei un pouco en contestar a diversos correos.Quedei bastante aturdido do golpe de maio.

Amigo Rafael:Moi agradecido polos diversos conceptos do teu correo-28 maio-:amplo,entretido e moi ben complementado coas normas da lingua da RAG.Moitas grazas, así xa teño donde invertir mais o xenio. Veume a cabeza ollando tantas palabras e os seus derivados e familiares,aquilo do sistema periódico dos elementos químicos que empeza polo hidróxeno (H-1) e acaba polo Laurencio(Lr-103),hay algúns mais pero de vida breve e artificiás.Así que para mín xa quedas nombrado recopilador mayor de normas e datos,para o foro. moi interesantes e útiles a hora de recordar.

Antes de meterme en fariña che direi que "o corpo si se trata ben, pode durar toda a vida" e, "a vida é como montar en bicicleta, si queres manter o equilibiro non podes parar". O das 29 pastillas/dia deixóume abraiado, non debes obedecer esa orde médica,vas acabar intoxicado.Eu teño que tomar 3/día-antiinflamatorios- e xa teño problemas.Estou operado de hernia-discal (L5-S1) e incordiame bastante para camiñar e mesmo para estar sentado ou conducir.Anda para diante e non fagas moito caso, si podes.Véxote ben programado.Nunha das útlimas homilías de Andrés entendín que a sabiduria non consistía (soamente) en saber moitas cousas, senon en saber vivir.

Pareceme moi interesante a suxerencia que nos fas referente a "questiones disputatae" (celibato-cregos,sacerdocio femenino, eutanasia,etc,etc).
Son temas que non perden actualidade en toda las épocas. O celibato me parece que ten mil anos de antigüedade e segue mareando a perdiz.Logo se o manteñen, podendo derogalo, por algo será,comó é voluntario...gustaríame saber que contra- argumentos usan os seus partidarios contra os dous principios de Dereito/ Filosofía natural seguintes:
a/ Nunquam contra natura
b/ Nihil violentum durabile

O sacerdocio da muller creo que é mais recente. Sabido é que o papel social da muller empeza practicamente a principios do século pasado. A Pardo Bazán creo que tuvo que vestir de home para asistir a clase na facultade de dereito en Santiago,e cando o finado Garcia Sabell cursou mediciña, na sua aula tamén creo que había só duas mulleres (me parece que eran tias da actual vicepresidenta do goberno Sra Fernandez de la Vega) hoxe nesta misma carrera de cada 10 alumnos, 7 son mulleres(70%).Recordemos o voto (político) da muller etc..etc..

A min o sacerdocio femenino, hoxe, pareceme unha obviedade e non teño ninguna aspirante na familia(que eu sepa).Caerá como fruta madura.Non lle vexo ningún inconveniente (perdón Teólogos), moitos menos, incluso dos que tuvo para acceder os exércitos.Aquí si que orixinou problemas.
Na guerra do golfo pérsico(1991) os americanos tiveron nun só portavións,en 6 meses, 19 embarazos.En España dentro de 10 años aproximadamente, podemos ter as primeiras mulleres xenerais (generales),pros que nos fostes a mili,vos direi que ser xeneral nos exércitos e parecido a ser Bispo na Igrexa, final dunha carreira brillante con faxín bermello e bastón.O Vicario xeneral castrense(arzobispo) está homologado a xeneral de división.

Eu tamén teño as miñas ideas o respecto pero prefiro que ún de vos expoña as teorias vixentes e as posibles ou desexables-probables cara o futuro. Ti mesmo que combinas Teoloxia e Dereito e que tiveches función ministerial nas duas, podes facer unha análise, que sobre todo os profanos coma eu, nos pode ser útil e instructiva, ou por suposto, calquera do foro.

Eutanasia, comezo da vida,educación para ciudadania,e demais,doctores hay e a Igrexa tamén os ten.Adxunto artigos de prensa sobre o aborto e celibato.
Creo que Hans Küng (moi amigo do actual Papa e mesmo de Luciano Pena) tocou amplamente estos temas nos anos postconciliares, incluso algúns dogmas (asunción,infalibilidade,primado,etc..os que me parece que chamou"infundados") e o resultado inmediato foi retirarlle a catedra e marxinalo corporativamete.Caso T Queiruga: lamentable que pasen estas cousas.Estouseguro que D.L.Quinteiro e D.Alfonso Carrasco o van impedir

Un aplauso pro coengo de Carril, Fernandez Lago(lectoral)que advirteu (Correo Gallego dia 12) que os que se metan con él han de "hilar muy fino porque intelectualmente e moi superior a maioria" . "Non coñezo Andrés malo.".Si o fixeran Bispo auxiliar de Santiago hay 20 anos, houbera permanecido mais subordinado e mais ortodoxo na interpretación dos textos, e tería menos tempo para extrapolare dar lugar a estas situación que non benefician a ninguén, e menos os que o condena dado o caso..

Hay 100 anos aproximadamente pasoulle algo parecido (ou peor) os coengos López Ferreiro e Amor Ruibal,glorias da ciencia compostelana do seu tempo,solo que aqueles me parece que eran algo máis altivos que Queiruga, sobre todo o primeiro.Queiruga fixo a tese de doutoramento precisament sobre Amor Ruibal.
Pero non olvidemos que hasta Darwin (S:XIX) -El origen de las Especies- creiase que o mundo fora feito por Deus 6000 anos A.C. as 9 da mañá. No obstante os doctores teñen a palabra.

Amigo Manuel López(Carnotán): Ti estás na lista dos "bonus dicendi" asi que non te agaches detrás das silveiras. E agora escoita ( e perdoa) que vou a ser tan duro contigo (mutatis mutandis) como o recordado Xoan Pablo II co ministro de cultura nicaragüense, Ernesto Cardenal (ex.S.J.) nunha visita a aquel país, cando o reprendeu publicamente xeonllo en terra ( o ministro): "o exceso de humildade e prudencia poder ser unha neglixencia (involuntaria); así que desenvaina a pluma e vainos deleitando cos teus argumentos, para eso te alimentaches nos mellores pastos do Cantábrico.
Neste foro vas encontrar temas e motivos. Non se trata de convencer nin de vencer (xa se dixo) se non de contrapor e expor y en todo caso entreter , que tamén é un valor e agradécese,tamén de facer historia (pequena) que por algo é a mestra da vida.E sobre todo de retardar o máximo a senectute mental e incluso a física, porque a cronolóxica non hay quen a pare: a memoria e o freo do tempo. E sempre, falar por falar (tamén se dixo).

Acuso recibo de diversas fotos e pequenos textos de Luciano,Rafael e mais versos de Antonio Puertas.Moi ben,moi ben.Inda van a aparecer mais poetas.Na gran Enciclopedia Galega,tomo 28,pag 121, coordinador Editorial: Xosé R Fandiño Veiga, ven unha foto de Belvis na inauguración do curso 58-59 presidida polo Cardeal Quiroga Palacios-creo que estamos todos ahí-.

"A marcha de J. Losantos da Cope non é perda ningunha"


Creo que sí. E lamentable que dexenerase un pouco nas formas, non tanto nos contidos, que tamén algo, pero di verdades como puños e naide negará que manexa a lingua como ninguén desde Quevedo, do que se considera heredeiro lexítimo.É, sencillamente, "sublimis in verbo" e ademais doutor en Hispánicas. A cadena SER, faille falta un contrapunto porque as veces e nalgunhas cousas tamén é insoportable e ridícula.naide é imprescindible,pero hay persoas, que teñen dificil relevo.Por exemplo penso que todavía non naceu o sucesor de Félix Rodriguez De la Fuente-divulgador e actor- en materia de "naturaleza", e vai para 30 anos que desapareceu.

A todo o foro:"sursum cordam". Hoxe só fustiguei un pouco a Rafael e Manolo López (boa xente),pero calquera pode replicar e discrepar, faltaría maís, porque tamén calquera se pode dar por aludido e a todos van dirixidas estas parésticas,como non pode ser doutra maneira.

Saúde Ramón Senín