Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 30 de abril de 2010

Perdón

...e mais a Rafael.

MIS POESIAS

Pois eu digolle a  Eduardo e mais a Seco, que sigo nas miñas...,pero, como estamos en primavera e, tamén, é unha estación de fraternidade,que nos regala a nosa Nai Terra, cantolle con unha das miñas poesías:

INCENSARIO DE FIESTA

 Cada flor que besa los aires
es un canto de la madre tierra
que rompe en aplausos de colores
y nos muestra su vida ciega.

Cada flor es un camnto al amor
y es un grito de la primavera
que embriaga la brisa de olores
meciendo su incensario de fiesta.

Primavera, hija de Venus,la más bella
que guarda sus secretos de colores
rompiendo,preñada de amores,
con sus flores que anida bajo tierra.

Antonio Puertas

miércoles, 28 de abril de 2010

TERRA DE FRATERNIDADE

En cada esquina, un amigo
   Aquí non callou, Rafael, o soño da revolución portuguesa, pero a nosa revolución/transición chegou por vía natural e guiada por civís, que me inspiran máis confianza. Houbo que esperar tres anos, pero a aventura saíu ben, pese a que toda aventura conleva risco e sorpresa.
   Paréceme útil recuperar a mensaxe de Xosé Afonso cando lle puxo voz e fondo á revoluçao:
En cada esquina, un amigo.
En cada rostro, igualdade.
O pobo é quen máis ordena:
terra de fraternidade.
   Hoxe parece unha utopía cósmica para España, nas vertentes política, eclesiástica e xudicial, pero non debemos desesperar.

Poder xudicial
Despois do publicado sobre a Lei da Memoria histórica, a guerra civil e a ditadura, pouco novo se pode engadir sen repetirse.
O caso Garzón está envelenado desde hai tempo, e segundo as opinións que se publican nos medios, cae en moitas  contradicións. A última, o xuíz instrutor dando ordes á acusación particular, Falange e Manos Limpias, para que corrixisen os seus escritos de acusación.
Non son experto en leis, pero pregúntome como admitiron a trámite a querela  se os escritos non concretaban a acusación.
Coa recusación do instrutor o caso parece dar un xiro e mesmo parece que este empeza a xogar á defensiva.

Chantaxe/suborno
   Publicouse que a Garzón lle ofreceron retirar todos os procesos abertos contra el, a cambio  de que    abandonase a Audiencia. Isto é chantaxe, suborno ou as dúas cousas?

Conclusións
1. De estudantes, dos libros de historia só estudabamos as páxinas impares (da dereita).
2. A raiz deste escándalo nacional e internacional non está nos intríngulis procesais, quizais na presenza  invisible pero real dun franquismo emboscado.
3. A transición parecía ser modélica mentres uns puxeron  a xenerosidade e aceptaron seguir caladiños.
4. Os que se opuxeron frontalmente á Lei da Memoria son os mesmos que recorren a ela para acusar a Garzón de prevaricador.
5. Este tema non debería ter nada que ver con partidos nin con simpatía/antipatía por un xuíz; ten que ver co dilema de humanidade ou inhumanidade, como escribiu o profético Camus sobre o drama español.

L´Estatut 
   Trazas folletinescas ten tamén o binomio Estatuto catalán e Tribunal Constitucional, non sei se caducado pero si lacazán. Ante as últimas novas, a catalanofobia e o catastrofismo de certa prensa madrileña, prefiro pensar no Messianismo do Barça-Inter e programar o veraLeo do novo calendario:
leoneiro, messifebreiro, marzoleo...

Saúde. Eduardo

domingo, 25 de abril de 2010

Grândola, vila morena




O 25 de Abril do ano 1974, ás 0,25 da noite, fora a hora e data fixada polo comité revolucionario do Movimento das Forcas Armadas Portuguesas para que soase, en radio Renascenca, a canción revolucionaria:Grándola Vila morena do finado José Afonso.

A revolución pacífica dos caraveis que nos fixo soñar co inminente fin da ditadura franquista. Foi unha primavera de ideas de sentimentos e de emocións. Cantas veces temos cantado a letra de Grándola vila morena e soñado, inxenuamente, que algún día os militares da U.M.D. acabarían tamén facendo o mesmo.
Xa os analistas de Cuadernos para el diálogo, grupo Tácito e o P,C,advertían que aquí o exercito non estaba concienciado polo desgaste das guerras coloniais como o portugués. A efemérides ben merece deixar constancia dela coa letra da canción:



Grándola, vila morena
Terra da fraternidade
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade

Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena

Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade

Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena

Intentade cantala e reviviredes romanticamente aqueles tempos de xuventude que tan bos momentos deixaron nas nosas memorias. Non si?

Felicitacións a Puertas que nos segue agasallando cos seus poemas. Hoxe non vos canso coa miña teima sobre o xuíz. Que sexa o que teña que ser. Durante a semana se hai xeito e vagar contareivos algunha outra cousa e se non até o próximo mes das flores. Cos mellores desexos. Rafael





MIS POESIAS

CUENTA LA LEYENDA…

Cuenta la leyenda que en cierto lugar que yo no sé,
Vivía sabe Dios quien, haciendo de su vida no sé qué.

Todo el mundo lo sabía y nadie quería saber;
Era rico y pobre, bueno y malo a la vez.

En palacio de sueños y en chabolas pasaba sus horas sin querer,
Todo el mundo lo ayudaba y todos pasaban de él.

Cantaba al llegar el día y lloraba, nadie sabe el por qué,
Con cánticos a la luz del día y lágrimas al amanecer.

Peteneras y fandangos se iban con el aire de su vida muriendo todos con él,
Desgarrando su alegría en el tiempo triste de la hora que le vio nacer.

Era rey de su destino, libre prisionero del hoy y del ayer
Que su raza peregrina gitana asentó, queriendo ser lo que no fue.

Antonio Puertas

jueves, 22 de abril de 2010

Garzón resiste


Un saúdo para todos:Onte pola tarde ás 7 e media, diante do palacio de Xustiza da Coruña ,concentrouse unha morea de xente en solidariedade co Xuíz Garzón. Había un abano de todas as idades e de todas as condicións sociais .Houbo un grupo que se disfrazou de Guarda mora coas capas brancas que lle dou un aire festivo e de farsa que como dixo Manolo vale mais esa imaxe ca unha disertación.
Manolo Rivas foi o pregoeiro cunha sentida alocución. Para o próximo Sábado, ás seis e media da tarde, están convocadas concentracións de apoio en moitas outras cidades. Aquí na Coruña será no mesmo sitio. De momento vai seguir outro mes no cargo. Hoxe que era o día da reunión do Consello non trataron nada e polo menos durante un mes seguira de xuíz.Parece que as presións de tanta xente valeron para algo.

Polo da memoria todos os que saben de dereito,cos que eu falei aínda que non lle teñan simpatía a Garzón, pensan que é imposible que o condenen. Ademais da foto, tamén copio o artigo que escribe unha maxistrada da Audiencia Nacional que, na causa que dou orixe ao procesamento de Garzón ,votou a favor igual que Garzón polo que tamén terían que procesala a ela. As togas andan alporizadas. Un saúdo .Rafael
(El País 22/04/2010)
“En derecho, la discrepancia es algo normal y, hasta diría que útil, saludable y necesario. Hasta tal punto normal que los tribunales colegiados se han constituido por ley siempre en número impar para que, previendo las seguras discrepancias, nunca pueda producirse un empate que paralice la adopción de resoluciones. Tan previsto está en la ley que jueces y tribunales discrepemos entre nosotros sobre una determinada interpretación legal o respecto a la valoración de las pruebas que la figura del "voto particular" está detallada y expresamente regulada. Así, si el que discrepa del parecer de la mayoría es el designado ponente de la causa (el encargado del trámite y de redactar la sentencia), éste tiene obligación de formular un voto particular respecto de la resolución que se dicte: "Si... no se conformare con el voto de la mayoría, declinará la redacción de la resolución, debiendo formular motivadamente su voto particular" (artículo 206 de la Ley Orgánica del Poder Judicial).
Cuando el que discrepe de la opinión mayoritaria sea uno de los magistrados que no tiene encomendada la redacción de la sentencia, podrá firmar la sentencia, aunque no esté de acuerdo con ella, o formular voto particular en el que formule las razones de su discrepancia (artículo 260 LOPJ). En uso de este derecho, formulamos, otros compañeros y yo, un voto particular el 4 de diciembre de 2008 frente al auto de 2 de diciembre de 2008 del Pleno de la Sala Penal de la Audiencia Nacional que declaró la incompetencia del magistrado juez de Instrucción Central nº 5, D. Baltasar Garzón, en el Sumario 53/2008 y ello, además de por razones procesales, por la firme convicción de que la Audiencia Nacional es la competente para la investigación de los delitos de lesa humanidad y genocidio que la sistemática y masiva eliminación de adversarios políticos que se verificó en nuestro país tras la Guerra Civil constituye.
Soy, sí, una discrepante. No estimo por ello que mis compañeros de tribunal sean unos ignorantes o unos prevaricadores: sencillamente, interpretan la ley de modo diferente al mío. Soy una discrepante, sí, pero no soy por ello una grosera ignorante de la legalidad ni una prevaricadora: el artículo 6 de la Ley Orgánica del Poder Judicial establece que los jueces y tribunales no aplicarán las leyes y normas contrarias a la Constitución, y el artículo 10.2 de la Constitución establece que las normas relativas a la interpretación de los derechos fundamentales (y el derecho a la tutela judicial efectiva lo es) se interpretarán conforme a la Declaración Universal de Derechos Humanos y a los tratados y convenios internacionales ratificados por España. No soy un enemigo a abatir. Ni tan siquiera un adversario. Soy una discrepante. Nada más. Nada menos. Soy una discrepante, sí. Y a mucha honra.
Clara Bayarri, magistrada de la Audiencia Nacional, emitió un voto particular discrepante, junto a Ricardo de Prada y Ramón Sáez, en el que se mostraba partidaria de la competencia de la Audiencia Nacional para investigar los crímenes del franquismo.






lunes, 19 de abril de 2010

Suma y sigue

Sin querer justificar ni el “zurriagazo” que Caín le propinó a Abel, ni las guerras mesopotámicas, ni la guerra del Peloponeso, ni la de los Cien Años, ni la primera o segunda Mundial, ni la nuestra contienda Civil…, Todos sabemos, no por experiencia propia ( gracias a Dios), que todas las guerras son inhumanas y crueles; que en todas las guerras TODOS pierden y, los que creen haber ganado, han cometido SIEMPRE barbaridades “ post bellum “ con el fin de tener sometido al adversario y siempre con el temor de que vuelva , como Ave Fénix, a resurgir de sus cenizas. NO JUSTIFICO ESA ACTITUD, pero, sigo diciendo que me alegra que hayan ganado los que ganaron y no los que “perdieron”. Y decir, también, que después de 70 años, ya iba siendo hora de que todo esto quedara como un mal recuerdo de nuestro pasado.
Si, ahora, alguien quiso remover aquel fango nunca, un juez, puede tomar partido por un solo bando ( si era competente para hacerlo). O se le hace justicia histórica para todos o para nadie. Que los muertos descansen en paz, porque los crímenes de guerra fueron MÚTUOS.
Mira que no hay asuntos que escarbar hoy en día sin meterse en el pasado lejano.Y, si ha sido un tenaz perseguidor de etarras o de traficantes de la droga,era su obligación, para eso estaba ahí y no para hacer juzticia UNIVERSAL o de MUERTOS.

Antonio Puertas

AVECIÑANSE NOVOS TEMPOS

Amigos todos: Levamos xa unhas semanas en que as augas da xustiza e dos que mais mandan na Barca de Pedro baixan avoltas e turbadas. Hai moito barullo e alboroto entre as mitras e as togas. Quero pensar que sexan como as dores de parto que rematarán dando a luz uns novos tempos por todos desexados. Iso será a moi longo prazo. O interesante, como no camiño de Santiago, non é chegar senón andar. E nunca dar pasos para atrás aínda que pensemos que é para coller folgos Despois se non é arrástranos a inercia.

Estes días hai moito que ler. Contaban dun crego que nos oficios de Semana Santa, anteriores á reforma litúrxica, foi mirando, unha a unha, as follas do texto a ler; ao observar que eran abundantes torceu a cabeza, cara ao sacristán, para que lle cambiase o libro ao mesmo tempo que comentaba: Había que ler si o lermos todo.
O do xuíz Garzón ao final quedará en nada. Non pode ser doutro modo. Condenalo por prevaricador é semellante a condenar a un médico por homicida,cando lle morre un paciente despois de darlle un tratamento seguindo o vademecum ou a “lex artis”da profesión.
Un dos avogados que o defende é da escola de D. Manuel Iglesias Corral, falecido no 1989. Foi alcalde da Coruña durante a República e no 36 era o Fiscal xeral da mesma. Para salvarse da purga dos falanxistas estivo facendo vida de frade no convento dos Franciscanos de Santiago varios meses. Foi decano dos avogados da Coruña moitos anos e dicía sempre que a xustiza para fodela hai que obedecela. E totalmente prexudicial e pernicioso aquela outra máxima que afirma que a mellor defensa e un bo ataque. Darlle patadas ou cuspirlle ao xuíz que te vai xulgar e como darllas ao arbitro que está pitando o partido. Sentido común a quen Rajoy rende culto de dulía no seu altar polas innumerables veces que se refire a el.
As vítimas do fascismo teñen todo o dereito natural e positivo do mundo a recuperar os corpos dos seus seres queridos e aos seus familiares (nenos e nenas que lle roubaron ás nais roxas) e que andaron pola vida con identidades falsas .Se a condena a Garzón prosperase sería a Corte Penal Internacional a que tería que actuar contra toda a Sala Segunda do Tribunal Supremo. Xa agora na prensa internacional estásenos vendo o rabo e se prosperase a acusación entón si que colleremos conciencia da bestialidade que foi a guerra civil e o que supuxo a implantación do fascismo durante tantos anos Estariamos na boca de todo o mundo sendo noticia durante moito tempo. Iso obrigaranos a facer outra Lei da memoria con seriedade e rigor, anulando as farsas dos xuízos sumarísimos que dá vergoña lelos. Por que teñen que andar as asociacións da memoria, coa colaboración das universidades, pedindo permisos aos donos dos terreos e buscando voluntarios para abrir as fosas e identificar aos cadáveres?O presidente,aquí na Coruña, da asociación para a recuperación da memoria histórica, Manuel Monge, compañeiro da U. Laboral, profesor de secundaria,estase deixando o pelexo xunto con historiadores e persoas con sensibilidade para abrir as fosas do Concello de Aranga, preto de Betanzos, no que pola información que teñen recollido calculan que poden estar enterradas oitenta persoas, en distintas fosas en todo o término municipal. As institucións do Estado teñen que encargarse diso.Forenses,arqueólogos, xuíces e fiscais,avogados do Estado. Trátase de persoas que morreron nun xenocidio. Hoxe a comunidade internacional está moi concienciada, grazas a Deus,destes crimes de lesa humanidade.
A semana pasada, na cidade alemá de Ratisbona,condenaron ao bispo lefebrista Wiliamson, procedente da ultraconservadora fraternidade de San Pio X,no mesmo día, eses si que son xuizos rápidos, a 10.000 Euros de multa, porque nunha entrevista a televisión sueca dixo que non era para tanto o xenocidio e exterminio de xudeus polos nazis antes e mais durante a segunda guerra mundial. Que non foran asasinatos sistemáticos .Xulgárono por incitación ao racismo , negación do holocausto e incitación ao odio. Non lle valeron de nada as explicacións que dou na súa defensa. Cópioas literalmente:
"Pido perdón delante de Dios a todos que se hayan sentido honestamente escandalizados por lo que dije", y matizaba que se limitó a dar "una opinión de una persona que no es historiador, una opinión formada hace 20 años en virtud de los datos que entonces estaban disponibles, y que desde entonces había expresado raramente en público".
Iso é fiar fino e con rigoroso rigor. Mentres aquí non sexamos algo parecidos aos alemás e carezamos desa finura intelectual andaremos, como dicía antes ensinando o rabo procedente da rama dos antepasados “pizecos “ como ten dito Fernando Ledo na súa época de filósofo e teólogo.
Deixemos as togas e pasemos as mitras. O papado está sendo abaneado por outra morea de acontecementos. No da pederastia acabou facendo, forzado polos acontecementos, o que lle levan pedido hai moitos anos que isto xa ven de vello. Denunciar os feitos ás autoridades xudiciais de cada pais,con publicidade,e protexer ás vítimas solicitando, tamén publicamente, perdón. O outro día en Murcia varios mitrados resentíronse contra esas medidas. Si ledes Religióndigital.com, xa estades mais informados de todas estas cousas, de interesarvos. Tamén en redescistianas.net e atrio.org estes días teñen abundante información moi quente sobre temas de moita actualidade da que toda a prensa e medios de comunicación se fan eco.
Como dicía ao comezo a ver si todo este remuíño de acontecementos vale para algo. Chegan eses tempos novos e mellores. Eu penso que si. Temos que nos enchufar a corrente do optimismo e do “We can”. E a fonte de saúde física e mental que mais nos pode axudar a vivir,convivir e deixar vivir. E cantar aquela canción de “No hay quien pueda con la gente marinera, marinera pescadora, no hay quien pueda por ahora”.Perdoade pola leria. Cos mellores desexos. Rafael.
Nota brava: Cando ía poñer isto lin o que escribira Puertas e mais Eduardo. Gustoume moito o resumo que fai sobre o que sostén Jaime Sartorius. Totalmente así. Non foi feita para iso. Hoxe ven no País que a Garzón lle ofrecen o que queira para que marche da Audiencia Nacional e lle retiran os procedementos abertos contra el .O rebumbio que formaron é monumental. El nestas circunstancias di que non se pode ir. Tamén se explican os desencontros que tivo coa sala segunda do Supremo ao longo destes últimos anos. O mundo das togas está que arde. Alta voltaxe.
A Antonio, despois do que nos contaches da perda dun parente causada polo bando republicano ou roxo, teño que dicirlle que te entendo perfectamente. Si a min me pasase seguramente tería a mesma reacción. Pero isto non pode impedir que os netos de toda aquela xente que viviu aqueles tempos, que ninguén quere que volvan a repetirse, non queira saber onde están enterrados. E honralos como merecen .Deste sentimento de respecto e honra aos mortos sabemos moito os galegos e non permitimos que ninguén nos dea lecións. Despois do tempo que pasou en que xa as responsabilidades penais son inexistentes, pola morte que as extingue, non podemos esperar mais tempo. O esforzo que fixeron os perdedores da guerra para que en aras da convivencia e da paz puideramos vivir entre todos non poden ser eternos. Tamén se hai que poñer no corpo e mente dos demais que é moito mais triste do que pensamos. Non me quero poñer transcendente nin predicador. O dito. Deica a próxima. Rafael








Amnistía do 77

..."Non impide investigar feitos cometidos durante a guerra e a postguerra,nin a ley de amnistía do 77 se fixo para iso,"...pero, si si investiga que se investigue TODO ( v.g.) PARACUELLOS, caso contrario, esa Ley foi inxusta.

 Penso, ademáis, que a guerra finou fai máis de 70 anos, e ninguén, debería remexer a merda do pasado.¿ Non será porque se quer tapar outras cousas que mais lles preocupa as xentes ?...

Antonio Puertas

domingo, 18 de abril de 2010

LEI DE AMNISTÍA

   O 28/02 opinei sobre o caso Garzón: Ganduxando ideas. Cortina de fume, cobro de facturas, vinganza, celos profesionais, desencontros persoais e encubrimento da Gürtel. Lamentablemente, aquelas impresións estanse confirmando.
   O 15 de marzo lin un artigo de Xaime Sartorius (El País) esclarecedor e complementario da achega de Rafael. Sartorius é avogado e ex membro da Comisión Parlamentaria que redactou o proxecto de Lei de Amnistía de 1977. Tentarei sintetizalo:

A Lei de Amnistía non ampara o franquismo   
   Na transición, a amnistía foi unha reivindicación das forzas democráticas da oposición, como a reinstauración das liberdades e os estatutos de autonomía.
   Era unha necesidade de xustiza recoñecer a centos de miles de cidadáns represaliados pola súas actividades de oposición ao franquismo.
    Tras as eleccións do 15 de xuño de 1977, promulgar unha amnistía era insoslaiable para dar credibilidade á nacente democracia. Unha Comisión Parlamentaria encargouse do proxecto de lei pola que quedaran amnistiadas as persoas que sufriran represión por oporse ao levantamento armado contra a República e á ditadura en defensa das liberdades públicas.
   Tratábase de amnistiar os reprimidos polo franquismo, non os franquistas, que xa se autoamnistiaran. Por iso foron os partidos de esquerda e os nacionalistas representados no Parlamento os que tomaron a iniciativa. Os herdeiros da ditadura non aceptaron participar na Comisión Parlamentaria, nin votaron despois a favor dunha lei que non lles afectaba.
   Non se entenden as continuas referenzas á Lei de Amnistía para amparar os delitos cometidos durante a guerra e a persecución practicada pola ditadura.
   A lectura da lei demostra que as medidas de graza aprobadas se refiren unicamente a actos de intencionalidade política e aos delitos tipificados nas leis franquistas. Non se mencionan os delitos que puidesen ser cometidos pola ditadura porque non eran considerados  como tales polas leis  entonces vixentes.
   Nos debates previos houbo un tira e afloxa dos partidos democráticos para que a amnistía fose total, mentres os representantes de UCD tentaban limitala en temas conflitivos.
    A lei ía dirixida ás vítimas da ditadura.
    É arbitrario afirmar que a lei impide investigar crimes de guerra.
   Non se fai mención ás responsabilidades en que puidesen ter incurrido os vencedores da guerra civil.
   Segundo Sartorius, o argumento de que a Lei de Amnistía impide a investigación dos feitos ocorridos na guerra e na posguerra e a busca dos restos das persoas executadas é arbitrario e sen fundamento. A Lei de Amnistía non se fixo para iso.
   Quen queira agochar o pasado que busque outra escusa.
   Até aquí o resumo
  
   Se non fose tan grave todo o que este caso deixa ao descuberto sobre a xustiza, podía ser o argumento dunha escena do camarote dos irmáns Marx.

Eduardo

AS MIÑAS POESIAS

REY POR UN DIA

Se va la temprana aurora
Abriendo paso en el día,
Vestida de pálida rosa
coronada en oro de espigas.

Rayos dorados de sol
Abren la ruta viajera,
Que engulle la sombra herida,
En la eterna ruta peregrina.

Cómplice la mar que lo aguarda
Allá en la lejanía,
Y tiende una alfombra verde
A quien fue el rey por un día.

Antonio Puertas

sábado, 17 de abril de 2010

breverías

Al provocador Senín : disciplina dentro y fuera del ejército (¡ojalá la hubiese en la enseñanza ,por ejemplo ,!) , sí ;  comunión dentro de la Iglesia ( ¡qué bien que la hubiese fuera!) , igualmente ; lealtad entre personas e instituciones , también (¡ qué adánico sería!) , con tal que quede salvaguardada la verdad , base y condición del bien general .
Yo también espero ,amigo F. Ledo , que todo tipo de "botellón" -en la medida que son expresión de la pobreza de vida cultual en nuestra juventud- se corrija cuanto antes . Creo que hay formas más satisfactorias de divertirse ,enrriqueciéndose ; o ,al menos , no dañando la salud y la convivencia .

martes, 13 de abril de 2010

Sempre en galego

Tras o informe tamén negativo do Consello Escolar de Galicia sobre o futuro decreto do Galego, e vista a intención de Atila de seguir tripando herba e de manter vixentes os debuxos do Album Nós de Castelao,  convídovos a ler esta carta aberta de X. Docampo, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1995) por Cando petan na porta pola noite.

VIEIROS
A columna de Xabier P. Docampo

Carta aberta a don Anxo Lorenzo

18:12 15/03/2010

(Cómplice necesario da afrenta que se lle vai facer á lingua galega)

Sr. Lorenzo: Acabo de ler as súas desafortunadas declaracións en Faro de Vigo e La Opinión. Por certo, constato que ou fai estas declaracións á prensa en castelán ou non é capaz de esixir, como cómpre tendo en conta o seu cargo, que sexan publicadas en galego; se cadra, ten que facer méritos para lle demostrar a ben sabemos quen, que xa é un bo converso. Logo de lelas, debo dicirlle que vostede mente; ou sexa, di algo que sabe que non é certo co ánimo de enganar aos galegos e ás galegas. E antes de continuar, voulle demostrar que isto é así.

Di vostede que “El problema es que no existe cobertura legal para obligar a nadie a hablar o escribir en gallego. Esto ya lo advirtió el Consello Consultivo en 2007”. Vostede coñece, é imposíbel que o ignore, que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa sentenza 1084/2007, rexeita o ditame do Consello Consultivo de Galicia e declara que é perfectamente legal que “Nas áreas, materias ou módulos impartidos en lingua galega, o alumnado utilizará, con carácter xeral, o galego nas manifestacións oral e escrita.” Por non falar das numerosas ocasións en que o Tribunal Constitucional avalou a pertinencia desta utilización nas aulas, como vía para a súa aprendizaxe.

Dicir o contrario é mentir e, por aquilo de que quen fai un cesto fai un cento se lle dan varas e tempo, dedúcese que dun mentireiro pouco máis podemos agardar que mentiras.

Di vostede “La ley no permite obligar a hablar gallego”. Pode, daquela, a lei obrigar a aprendelo nas clases de galego? Pode obrigar a lei a aprender a táboa de multiplicar? O que se aprende e usa na escola ten que estar explicitamente escrito na Constitución? Se a competencia nunha lingua só se adquire utilizándoa, como a han adquirir logo? Acaso por ciencia infusa? Son vostedes un fato de mentireiros e uns trapalleiros. Entregaron a súa alma ás minorías negacionistas cunha obscenidade escandalosa.

O seu decreto está envolto na mentira, na falsidade dos datos e das expectativas. Está feito sabendo que os alumnos e alumnas de familias castelán falantes nunca acadarán unha competencia mínima en galego. Está, pensado desde os privilexios de clase, feito para satisfacer os desexos antigalegos dun sector dos pais do alumnado do ensino privado (o de concertado non é máis que un uso indebido de medios públicos, mentres obriguen por vía de achegas “voluntarias” a pagar unha cantidade mensual complementaria).

Sr. Lorenzo, vostede, ao se facer reo voluntario da política etnocida do Sr. Feijoo, saberá canto lle pagou a pena botar pola xurreira abaixo unha carreira profesional merecente de todo respecto. Agora só fica para vostede a indignidade de ser, en complicidade con Falange Española de las JONS (vostede escribiu este decreto ao ditado do que eles demandaron en Compostela en febreiro de 2009), quen pasará a historia como a persoa que defendeu o maior ataque legal contra a lingua propia de Galicia desde Francisco Franco (que tamén era “gallego y de Falange”). Lamento moito ter que dicilo, pero a súa traizón cóbreo de indignidade. O seu cometido e desexo non foi nunca, agora o entendo, o de estabelecer un marco legal que substituíse ao mesmo decreto 124/2007 que defendeu publicamente; vostede foi encargado de lle dar unha aparencia científica e legal á mentira, o engano, a traizón. Non teño xa que escoller ningún cualificativo para lle aplicar, dedúcense doadamente do seu proceder.

Pero, de todos os xeitos, permítame que lle diga que aínda podería recuperar en boa parte a dignidade perdida (só os que nunca a tiveron non poden recuperala). Dimita. Abandone o barco onde xa só fican ratas. Déixeos sos. Dígalles que vostede non pode amparar semellante barbaridade, que non pode traizoar unha institución que, antes ca vostede, ocuparon outros e, uns máis e outros menos, todos foron facendo cousas, sempre avanzando por pouco que fose. Dígalles que non quere ser lembrado como único responsábel de Política Lingüísitca que fixo retroceder o galego nos seus dereitos. Que o fagan eles se queren, non se suicide socialmente, regrese á comprensión dos seus que, máis tarde ou máis cedo, sempre han entender que foi capaz de ter dignidade á última hora. Destes só pode agardar que o deixen tirado na cuneta (estilo falanxista) cando pensen que xa non lles serve. É difícil, pero mentres non estea o decreto no DOG sempre estará a tempo de merecer o respecto dos galegos e das galegas de hoxe e de mañá.

Despois xa nunca o poderá ter. Máis tarde ou máis cedo o seu decreto tamén será derrogado, cambiarase por outro e deste só ficará a ignominia.

En calquera caso, non siga a mentir, que nin vostede nin eu nacemos onte.

Saúdos. Eduardo

lunes, 12 de abril de 2010

Noventa anos despois

Queridos amigos:Os que veñades á Coruña,si tedes tempo, non deixedes de visitar, no Círculo de Artesáns, na rúa de San Andrés, unha mostra das 49 estampas dá colección Nós de Castelao. Estará esta semana. O 19 retírana e irá itinerante polos Institutos da Coruña no que queda de curso.

O escenario é case idéntico ao de hai noventa anos cando no 1920 Castelao se dou a coñecer como debuxante, artista,escritor e político. O edificio que alberga a sé do Círculo de Artesáns mantense como nesa época. Daquela quen organizou foron as Irmandades da fala que naceran catro anos antes aquí na Coruña. Hoxe é o Concello a través da Concelleira de Normalización lingüística e maila Asociación Sociopedagóxica Galega que tantos anos leva axudándonos aos ensinantes a cumprir o mellor posible coas nosas obrigas.

Os debuxos están cargados de retranca. Aparece o que comenta:”Ves,mexan por min e teño que dicir que chove”e o da leiteira: de tanto “andar a servir se le esquenció el jallejo”.Tamén o do neno que conversa co compañeiro:non fala como nós porque llo prohibe o pai “que te es juardia de consumo” Tende presente que como bo rianxeiro Castelao fala como os de alá con gheada. Por alí hai moitos jatos, jaliñas e o lume acéndese con jarabullos. Todos os debuxos están no álbum Nos do que hai moitas edicións.

A punto de pasar un século e nalgunhas cousas mellorouse pero queda camiño por andar. O importante non é chegar se non seguir camiñando para diante e nunca retroceder. Como pretenden os de agora que fixeron que, en canto a política da lingua, se bote de menos a Fraga,

Como este espacio é para comunicación téñolle que dicir a Fernando que hai uns días, cando saíu a noticia de que aparecera un novo Australopitecos, acordeime de ti porque eras moi afeccionado a utilizar os nomes dos nosos antepasados, da rama dos “pizecos”, para comentar algo cando era impropio dos seres mais evolucionados. Hoxe non son seres en extinción. Quedan moitos con ideas e comportamentos sen evolucionar e non soamente no mundo relixioso senón tamén nas restantes ordes da vida.

Secundade a petición que fai Ramón Senín para que se lle perda o medo a utilizar estes modernos instrumentos. Se non lle facedes caso vai ter que darvos un mandato miliciano,por conduto regulamentario, que son de obrigado cumprimento, como ben recordaredes pola instrución militar recibida. Os que soamente xuramos bandeira quedariamos exentos aínda que a ignorancia da norma non exime do cumprimento. E certo que a maioría entramos este ano na 3ª idade. Esperemos que o sistema de pensións dure ...

Por hoxe mais nada .Cos mellores desexos para todos.Rafael

domingo, 11 de abril de 2010

MIS POESIAS

BESOS AL VIENTO

Te he enviado a través del viento un beso apasionado
Y, como un sueño sin destino, nunca jamás a ti llegó.
El viento lo ha guardado en misteriosa celda sin voz.

Era un beso enamorado que etéreo se esfumó:
Tierno, dulce y desgarrado como una hoja de flor ;
Intrépido beso que el traicionero para sí guardó.

¿ Para qué querría más si muchos otros antes se llevó?
Caricias y sentimientos, como en inmenso campo de amor,
Sembrados en la vida sin frutos de nuestro amor.

¿Para qué querría más, digo yo ?…si, besos de todos los tiempos,
Del ayer, del mañana y del hoy, con todos ellos se quedó.

Antonio Puertas

viernes, 9 de abril de 2010

POLEMICA

Pois eu Rafael, sin entrar nos intríngulis da xustiza,nin si Garzón era ou non competente para afrontar un xuízo polas víctimas da época da dictadura...,teño que engadir aos teus comentarios, que nunca debío meterse a remexer o pasado,pois para eso, no período de transición a democrácia, todolos partidos firmantes de unhas e outras " bandeiras", acordaron o " punto e final", que se recolle na nósa Carta Magna.E, se algo había que "desenterrar" que fora para os dos bandos igualmente e non só dando preferencias a úns. Tan bos " peixes" habiaos nunha orilla como na outra.

Antonio

Garzón ao paredón

Hoxe, onte e mañá é e será un día triste para a Xustiza. Somos noticia na prensa de todo o mundo. Sobre todo na sudamericana e mais na europea:Os seareiros de Franco poñen a Garzón contra as cordas O Supremo fai caso á acusación falanxista e senta a Garzón no banquiño. Quen denuncia a Garzón?: O sindicato coñecido como “manos limpias” e do que non hai constancia que teña ningún delegado de persoal en ningún Centro de Traballo pertencente a ningunha administración pública. O único dirixente coñecido e D. Miguel Bernard ,avogado, coñecido militante responsable da frecuentemente cualificada como asociación sindical ultradereitista .Tamén o denuncia a Falange Española de las JONS.o partido único durante a ditadura de Franco. En Alemaña aos que levantan o brazo métense no cárcere pero aquí xúntanse na Igrexa dos Xerónimos,este Martes, para nunha misa presidida polo famoso párroco D. Julian Melero, a conmemorar o 1 de Abril,(como caeu en Xoves Santo trasladaon a celebración para o martes día 6,) seguindo a tradición ininterrompida desde a ano 1939. Palabras textuais:” Como sacerdote,dadas las circunstancias, les invito a celebrar esta acción de gracias por la vuelta hace 71 años de los derechos de Dios a nuestra patria”. Extremistas e fabas e ovellas negras non faltan en ningún lado. Bo é que parece que non asistiron multitudes e son os mesmos que o 20 N van ao “valle dos caídos”. O terceiro denunciante de Garzón e Libertad e Identidad, asociación mais recente que defende volver a tradición mais xenuína e que,en canto ao relixioso e sociopolítico é nostálxica do nacionalcatolicismo.





Toda esa xente, algúns son os mesmos e outros sucesores en ideas de aqueles que nos anos 70 pintaban os muros de Madrid coas famosas pintadas de “Tarancón ao paredón”.Logo o cardeal D. Vicente foi querido e respectado pola maioría da sociedade. Espero que D. Baltasar ,no futuro teña o mesmo discorrer. El noutra orde está sendo un apóstolo da xustiza terreal. Que llo pregunten ás nais da droga do Sur de Galiza, á fundación érguete, a Carmen Avendaño e a todas esas, nais fundamentalmente,que lle sacaron a máscara e mais as propiedades aos capos do tabaco e da droga que nun tempo simultanearon Nas Rías baixas eran envexados pola chavaleria que de maiores todos querían ser contrabandistas.





Que llo pregunten, no pais vasco, a todos os que vivían con medo. Todo o mundo lle recoñece o traballo inxente na loita contraterrorista.





Que llo pregunten aos que foron vítimas da corrupción. Veña de onde veña. Espero que ao final o tempo poña a cadaquén no seu sitio.





Todo o mundo que teña unha elemental noción de algo de dereito pensa que é unha animalada que prospere a acusación de prevaricación. Ditar unha resolución inxusta,sabendo que o é a ciencia certa. Xosé Antonio Martín Pallín, maxistrado do Tribunal Supremo (TS), afirmou que "nunca se debió admitir la querella" contra el juez Garzón ... Coa autoridade que ten, Xubilado do Supremo, autor de moitos libros e creador de doutrina xurídica,natural de aquí da Coruña a que ven con certa frecuencia xa deberá ser suficiente a súa testemuña para concluír que cando menos é unha cuestión discutible e opinable como todo o dereito que algúns autores xa o definen como opinión fundada, motivada e razoada sobre feitos con transcendencia xurídica ditada por órgano xudicial competente en última instancia que devén firme por carecer de ulterior recurso xurisdicional. Todo a andamiaxe xurídica, partindo da experiencia romana que se condensa no "Hominum est errare" ten a garantía da dobre estancia e dos correspondentes recursos para precisamente  corrixir dentro dos procedimentos xudiciais os posibles erros que poida haber. Ao igual téñense manifestado multitude de xuristas tanto da Audiencia Nacional como do propio Supremo.





Este asunto vai xerar moita literatura e é probable que acaben sendo acusados tamén de prevaricación os cinco vocais que forman con Luciano Varela o Tribunal que acordou procesar a Garzón.


Hai dous anos os pais dun etarra desaparecido que dou moito que falar ,no 1976, coñecido como Pertur presentaron unha querela para reclamar unha investigación. Alegouse que era un caso  anterior a Lei de amnistía e o Tribunal manifestou que se trataba de un delito continuado, por non aparecer o cadáver e por tanto nos estaba prescrito. Por que se cambia de criterio'.As vítimas que lle reclaman a Garzón para buscar os cadáveres que están en paradeiro descoñecido tamén é un delito continuado por non ter aparecido os corpos.As leis de amnistía non poden estar por encima do dereito internacional que España ten pactado que se aplicará no seu territorio e aos seus nacionais.


Veremos como se suceden os acontecementos. Onte xa houbo concentracións ante a Audiencia e seguiranse convocando actos de apoio. Nas pax, WWW de ccoo.es e de ugt.es hai manifestos de apoio que se poden firmar.





Todo o mundo que coñece a Xustiza por dentro e como está organizada concorda con que na Sala segunda do Penal que é a única con competencias para xulgar a xuíces e maxistrados, e mais a diputados do Congreso e Senadores e última instancia nos delitos mais graves, onde reside un dos poderes mais fortes do estado. A composición é maioritariamente conservadora conforme a este esquema.






Nos oito anos de Aznar tiveron moito interese en que fosen maioritarios os membros nominados polo partido popular. Cousas da política. Un saúdo a todos.Rafael






lunes, 5 de abril de 2010

MIS POESIAS

Bueno, antes de nada FELICES PASCUAS A TODOS....los Andrés, los Eduardo, Los Rafael, los Fernando, etc. etc...A TODOS (pacientes e escritores)


 SUEÑOS EN MI CAMA

Que se calle el viento y deje en paz mi ventana
y detenga el rio su eterna escapada
y calle el agua en su verde cañada.

Que huya el murmullo con sus sombras
y deje su voz en silencio mi casa
vacia del eco en horas tempranas.

Que no alborote la paloma y se calle la calandria
y no interfieran mi sombra vana
morfeo de sueños en mi almohada.

Que se duerma el lucero del día
y no despierte hasta entrada el alba
y vea en difusos colores
los sueños que guardo en mi cama.

 Antonio Puertas

ETNOGRAFÍA ESPIRITUAL 3.

   O tema que tiña iniciado, as achegas de Rafael e Fernando, a que podería ser letra de saeta de Antonio e o visto en Murcia van ser o fío condutor desta achega etnográfica, estritamente espiritual e non no senso lato que lle daba Taboada Chivite.
   Sobre o chaparrón con pedrazo que está caendo sobre a Igrexa e o PP haberá tempo de falar. Espero que os milagres do Escorial non lancen un fume tan mesto que oculte a realidade mentres uns e outros levitan, porque os seus pecados non son deste mundo.
 
Cruz de Caravaca 
   Visitei o santuario-castelo de Caravaca da Cruz e quedei  moi sorprendido. Pensaba que a cruz de dobre brazo estaba moi relacionada con eses amuletos que valen para todo e conseguen o imposible. Estaba errado, compite en santidade con Santiago, Santo Toribio de Liébana e Roma. No 2003 o Vaticano declarou o primeiro ano xubilar de Caravaca in perpetuum cada sete anos. No 2010 están celebrando o segundo e téñeno moi ben organizado, para fomentar o comercio, a superstición e a relixiosidade.
   A cruz é un lignum crucis, consérvase nun relicario en forma de cruz de dobre traveseiro. A historia arrinca dunha lenda medieval nacida nunha cidade fronteiriza, vítima de incursións constantes de árabes e cristiáns. Segundo a lenda, o musulmán Zeit Abuzei, señor do castelo, quería sacar proveito das habelencias
gremiais dos prisioneiros e foi preguntando a cada un que sabía facer. Tocoulle a quenda a Xenxo Pérez Chirinos e contestoulle que era sacerdote católico e que celebraba misa. Zeit sentiu curiosidade e pediulle que celebrase unha misa. Cando estaba empezando, o cura deuse conta de que lle falataba un elemento imprescindible: a cruz. Pola ventá do salón entrou unha luz cegadora que precedía a dous anxos que depositaron a cruz na mesa que ía ser altar. Así puido celebrarse  a misa. Zeit Abuzei e a súa corte convertéronse e bautizáronse.
   Ás 11,30 organízase a peregrinación desde a igrexa do Salvador ao santuario da Vera Cruz, a uns 500 metros, encabezada por unha cruz que vai pasando de peregrino a turista ou viceversa.  Ás 12, misa solemne do Peregrino. Un acólito, con traxe negro e escudo (da confraría?) dixo que non fosen comungar os que non chegaran á misa completa. Bicar a cruz xa estaba permitido a todos. No 1736 concédese á Vera Cruz o culto de latría. Fileiras longuísimas para o bico, incluídos rapaces de 6-8 anos de colexios que durante a misa xogaron na explanada da igrexa, dentro das murallas do derrubado castelo medieval.
   Tendas semirrelixiosas por todas as esquinas, un museo adosado case baleiro e un pergameo por dous euros que acredita que gañaches o xubileo, despachábanos aos 10 minutos de dar o nome. Algúns turistas pedíanos para amigos. É unha especie de Campostelana xacobea con requisitos mínimos.
   Só lle falta o botafumeiro para perfumar o ambiente e crear efectos místicos. Tampouco teñen Xacobeo, supoño que para o 2017 xa terán creado un Caravaqueo para tirar da economía.

Semana Santa murciana
   A Semana Santa de Lorca é diferente: nun espazo público habilitado representan escenas e personaxes do Antigo Testamento, do Apocalipse e do mundo romano, estilo Benhur. As confrarías chámanse pasos: Azul, Branco, Encarnado e Morado. Os dous primeiros son os ricos, teñen museo propio, obradoiros de bordado que traballan todo o ano e santa rivalidade para maior gloria do espectáculo. Os traxes bordados son incriblemente perfectos, os mellores do mundo. 
   As procesións de Murcia son as clásicas, con munerosos pasos de Salcillo e outros de recentísima factura. Curiosidade antipedagóxica: cada confraría ten asignado un día para saír en procesión, sacar todos os pasos e lucir todas as galas. Así, a arquiconfraría que xestiona o museo Salcillo sae o venres santo pola mañá coa Última Cea do famoso escultor. Se a imaxinaría relixiosa era un catecismo para xente pouco instruída, este desorde debe ser para alumnos avantaxados.
    Os nomes da confrarías de Semana Santa sempre me chamaron a atención pola linguaxe barroca (culterana). De Murcia chocoume esta por ser conceptista: Archicofradía de la Sangre.
    O aggiornamento podería empezar tamén por aquí.

   Outros santos
   En Cartaxena asegurou un guía que Santiago apóstolo pisou solo hispánico no porto de Cartago Nova. Razón: Santiago predicaba nas sinagogas para converter xudeus e por alí había moitas.
   Descubrín a san Patricio como patrón de Lorca. Este santo é titular de catro igrexas/catedrais: Dublín, Nova York, Rouen e Lorca. É curioso que Patricio, apóstolo católico de Irlanda (390-461), sexa agora titular da catedral protestante de Dublín. A dominación británica e a independencia do sur da illa (1922) explican esta curiosidade.
   A igrexa católica levantou modernamente a catedral de santa Ana, de estilo neoclásico.
  En Calasparra no interior dun santuario rupestre, que antes fora cova de pastores, nunha paisaxe espectacular da garganta do Segura, vin unha máquina anticapitalista e moi devota: introducías unha moeda e saía transformada en medalla da Virxe da Esperanza. Cousas veredes Sancho!

Nacemento da etnografía
   Niebuhr (s.XVIII) deu base científica á etnografía e desde entón moitos estudosos comprenderon a importancia desta ciencia para coñecer a historia. Vicente Risco: "Determinar a alma dun pobo nas súas formas culturais puras é o que chamamos interpretación fisionómica da historia".
   En Galicia o Padre Feijoo e, sobre todo, Martiño Sarmiento poden considerarse precursores da etnografía científica. Tocan tamén temas etnográficos Murguía, Verea e Aguiar, Barros Silvela, Xosé Antonio de la Iglesia, Emilia Pardo Bazán, Saco y Arce e García de la Riega.
   Abundan referencias literarias en escritores que beben no costumismo rexional, nas crenzas e nas supersticións para retratar o ambiente campesiño: Neira de Mosquera, Curros Enriquez, Lamas Carvajal, Alfredo Brañas, Labarta Pose e Noriega Varela.
   En 1883 constitúese a Sociedad del Folclore Gallego baixo a dirección de Emilia Pardo Bazán. A Biblioteca de las tradiciones populares españolas publica un tomo en Sevilla, 1888, dedicado case todo a Galicia. Desde entón, os estudos etnográficos son máis científicos e rigorosos.
   Desde 1920, a revista Nós, Boletín mensual da cultura galega, é un escaparate de material etnográfico. En 1923, o Seminario de Estudos Galegos abunda no tema.
En 1976, nace o Museo do Pobo Galego, creado para recoller elementos da cultura material e espiritual, en transo de desaparición, para conservalos e coñecelos, para explicar mellor o presente e formular o futuro do pobo galego.
   Os mellores desexos, no luns de Pascua, para que sexamos señores da Vida.
             Eduardo

domingo, 4 de abril de 2010

MISCELANEA VI


Queridos amigos:En primeiro lugar feliz Pascua florida a todos. Os que sodes padriños non esquezades que hai que darlle o bolo aos afillados/as pola Pascua. Contaba Abella Chouciño, era dun curso superior ao noso, que o crego de Malpica, naqueles tempos que se facía o rito en latín, cando lles preguntaba aos padriños. “vis baptizare”? e respondían “volo”, nese momento deixaba de ler e advertía que desde que pronunciarán a palabra bolo, desde ese preciso momento, quedaban obrigados a entregar o bolo pola Pascua ao afillado/a .

Esta semana santa fomos vítimas dun engano masivo. Dez días antes prognosticaron un tempo que empezaría a mellorar o Martes e seguiría bo xa toda a semana. Era tempo de reservas hoteleiras. Despois pasou o que pasou. Algunhas reservas anularíanse pero outras seguirían vivas. Hai uns anos a asociación de hostalería da Coruña declarou a Santiago Pemáne ao servizo de meteoroloxía persoas non gratas por predicir mal tempo unha semana antes e despois non estivera tan mal. Por culpa del as reservas foron unha fatalidade e a ocupación mínima. Sempre buscamos un chibo expiatorio. E tan vello como a mitoloxía bíblica. (Escollían dous cabritos ao chou. Un deles sacrificábano a Yaveh e o outro cargaba con todas as culpas dos xudeus e entregábano a Azazael que en hebreo significaba espírito maligno. Abandonábano no medio do deserto entre insultos e pedradas .De aí ven a expresión. Buscar ou servir de chibo expiatorio.

Parece que a época do diñeiro fácil acábase. Un compañeiro advertiume o outro día: se che ofrecen unha casa e non queres quedar mal non digas que a comprarías pola metade do prezo. Aos poucos días chámante para ir a Notaría e cerrar o trato pola cantidade ofertada.

Mañá, Luns, levantarase o segredo do sumario coñecido como a trama Gürtel. As fianzas que terán que poñer en concepto de responsabilidade Civil, fixadas polo Xuiz Pedreira, para evitar o embargo por igual cantidade, serán para para Francisco Correa e para Pablo Crespo, ex tesoureiro do PP de Galicia, de forma solidaria, de 85 millóns de Euros (multiplicade por 166 e teredes o resultado en pesetas) .E para o amigo de Aznar, ex inspector de facenda, Ramón Blanco Valín de 30 Millóns.

Estade atentos e interpretade en clave de nube de fume as noticias e polémicas mais extravagantes que van a saír estes dias para que sexan tema de conversación e non se fale da corrupción. Entre elas poden estar as aparicións da Virxe no Escorial que o Cardeal Rouco anulou a prohibición de Suquía e recomenda que se teñan como algo sobrenatural permitindo aos cregos que acudan aos actos relixiosos que alí se organicen.

Como vedes a información de hoxe é unha auténtica miscelánea que se corresponde co titulado. A Puertas hai que darlle parabéns porque nos introduciu nunha auténtica lección de Teodicea. Teoloxía natural ou racional pese a que hai xente que pensa que é unha “contradictio in términis”. Cando D .Ricardo nos introduciu nesa rama filosófica realmente o único que lle preocupaba e preguntaba no exame final eran as cinco vías de Santo Tomás. Hoxe esa forma de razoar do movemento inmóbil,causa incausada, continxencia,graos de perfección e goberno das cousas non nos dá frío nin calor. Esta mais interesada no acelerador de partículas e nas conclusións que se deriven dos distintos experimentos. Incluso esa partícula orixinaria da materia se a poden describir xa lle chaman a divina.

A Eduardo teño que avisalo de que a suxestión que lle fixen de que nos contase como era a sociedade irlandesa non o tome como un imperativo que eu non son quen para mandarlle nada. A todos un afectuoso saúdo. Deica logo. Rafael

viernes, 2 de abril de 2010

OS MEUS CONTOS

EL BIG BANG

Recentemente o mundo enteiro estaba pendente do LHC, Gran Colisionador de Hadrones do CERN, que , concretamente o día 30 de Marzo, conseguiu en laboratorio a colisión de protóns, con unha enerxía total naquel aparello de 7 TeV, ocasionando unha enerxía 7 mil veces superior a súa propia masa.
Haces de partículas tan finas como as dun cabelo humano, as fixeron circular e colisionar  reproducindo, a escala, o que puido ser aquel descomunal BIG BANG, co que se supón foi a orixe  do universo fai aproximadamente 13.700 millóns de anos.

O mundo sobre o que actúa a gravidade sobre os obxectos materiais , xa foi descrito por Newton, pero a ciencia é incapaz de explicar ( de momento) o mecanismo da xeración da masa.
A materia visible do universo, a que emite luz, é só un 5 % do total, mentres a materia escura ( a que non emite luz- buratos negros-) constitúe un cuarto do total.

¿ Que é a materia escura e a enerxía escura ? ¿ Existen dimensións extras que descoñecemos?…Todas esas preguntas sen respostas, ben poden quedar resoltas nos anos vindeiros unha vez que se vaian analizando os datos que recollío o acelerador  LHC, nos anos vindeiros.

Sen dubida a comunidade científica e o mundo enteiro está de parabén. En adiante ábrese unha nova era que vai, seguramente, a que poidamos ter unha percepción distinta do universo, así como aplicacións que os científicos van a dar cos seus experimentos, por ejemplo, a novos tratamentos de enfermidades, moitas delas actualmente incurables.

Ata aquí, o resumo moi simple do que é a parte científica. Pero, as preguntas sen resposta a onde a ciencia non alcanza, ¿ quen as pode explicar?…

Antes deses 13.7OO millóns de anos …¿ que había nesa escuridade absoluta ?… , sen luz, sen materia, sen tan sequera escuridade?…A Biblia, que foi escrita a base de contos, para que as xentes a poideran entender; dinos quen nun principio “ EXISTÍA EL VERBO …”  (verbo quer dicir palabra) e que ese Verbo era Deus… Deus non precisaba nin da luz, nin da escuridad, nin de elemento algún ou materia, pois Deus é espíritu e habita noutra dimensión incomprensible para o noso entendemento. Foi El quen provocou ese descomunal estoupido ?…Non podería ser outro, tan só El habitaba en se mesmo.
Nó experimento din que houbo un choque de dúas haces de luces, ou protóns,  un positivo e outro negativo… e, dese choque, naceu a materia;  naceron os universos; naceron os mundos visibles e invisibles…, as estrelas, os mares,… a evolución… etc. etc…

Eran eses dous polos opostos o ben e o mal ¿ …? ¿ Era Deus e mailo demo, nun combate eterno entre o un e mais o outro ? Tal vez nunca o logremos saber. Pero o que si está claro é que todo o creado levamolo na nosa propia esencia; un pouco de cada: o ben e o mal, o nobre e o cativo, o negro e o branco, auga e lixo, dereita e esquerda; o tolo e o cuerdo…Somos, en definitiva, un peliño insignificante no laboratorio de Deus.

Antonio Puertas