Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

martes, 29 de junio de 2010

REVOLTO ARGALLANTE


  

Saúde e saúdos para todos en primeiro lugar. Aínda que o enunciado parece unha receita de cociña non é verdade. E unha ocorrencia. Nótase que estamos en tempos de verán e de vacación . Con moito traballo,os ensinantes coas notas de fin de curso e coas memorias e a burocracia cada vez máis grande coa que nos premian as autoridades da administración educativa. E todo aliñado cunha boa ración de preguiza asociada ao tempo festivo, descontando o que perdemos diante do castravexo, a conta do mundial de futbool.
A primeira argallada comunicativa é para o amigo Andrés que nos convidou a un xantar na súa casa da aldea e parece que moitos foron os chamados pero poucos os que aceptaron. Eu lamento non poder acompañar aos comensais e á súa familia. Como di el outra vez será. De todos modos quero agasallalo co texto do poema de Rosalía que lle impactou e axudou a descubrir a beleza da súa sentida e revolucionaria poesía.

 

 
Na tomba do Xeneral Sir John Moore":

¡Cuan lonxe, canto das escuras nebras
dos verdes pinos, das ferventes olas
qu'o nacer viron!..; dos paternos lares
do ceo da patria, qu'o alumou mimosa
dos sitios ¡ay! do seu querer: que lexos
víu á caer baix'enemigo golpe
pra nunca mais se levantar, coitado!
..................................................
Mais que fermosa e sin igual morada
lle coup'en sorte ós teus mortales restos...
c'o seu respeto compasiva vela
pol-o estranxeiro á quen traidora morte
fixo fincar lonxe dos seus, e á alleos
víu á pedir o derradeiro asilo.
................................................

Cando do mar atraveses as ondas
y o voso irman a visitar veñades
poñé na tomba o cariñoso oído
e se sentís rebuligar as cinzas
e s'escoitás indefinibres voces
e s'entendés o que esas voces digan
a y-alma vosa sentirá consolo
El vos dirá qu'arrededor do mundo
tomba millor qu'aquí atopou n'achara
senon dos seus antr'o amoroso abrigo.


Pois alí está ,Andrés, no Xardín de San Carlos, desde o ano de 1927, e, como hai medio século, ti a lías. Hai uns días fomos a ver unha exposición na Fundación Luis Seoane e achegámonos ao Arquivo do Antigo Reino de Galicia .Ese arquivo é un océano de documentos. Alí foron a parar todos os ficheiros e libros administrativos dos tempos do franquismo e anteriores. Gracias a ese arquivo moitas mulleres e algún home do Cabo da Cruz que, desde o ano 1921 que se creara o retiro obreiro, traballaran ,aínda que soamente un día e se puidese acreditar, nas fábricas de peixe, xa tiñan dereito a cobrar o que despois se chamou o Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez. Que teñades un bo día para o xantar¡

Esta semana pasada pasaron moitas cousas. Morreu un dos poucos grandes teólogos José Marías que quedaban vivos: o xesuíta sen papeis. Diez Alegria Hai en redes cristianas e publicáronse en toda a prensa comentarios moi bonitos. Foi moi querido e respectado como o seu homónimo P. LLanos o do pozo do Tío Raimundo e González Ruíz recoñecido como o cóengo malagueño.

De Alegría que coñecín persoalmente desde que o votaran da Gregoriana e se veu para Madrid, estabas falando con el horas e horas, cando viña a durmir á casa e cos cregos , cos que eu convivín, digo que o que mais me impresionou foi esta frase do seu testamento (sic) ‹ Finalmente pienso que la Iglesia católica en su conjunto ha traicionado a Jesús. Esta Iglesia no es lo que Jesús quiso sino lo que han querido a lo largo de la historia los poderosos del mundo. Estas son las ideas que ahora tengo, sordo y medio ciego, esperando la muerte con mucha esperanza y con mucho humor.
Como dicía D. Antonio R. Villasante antes de comezar as clases:”O que teña fe que rece”.”El parecíanos que tiña pouca ou ningunha pero firmaba certificados de boa conduta para sacar a republicanos dos cárceres.
Para Chucho que non se esqueza,cando teña xeito, de mandarnos algunhas fotos mais e despois do verán,se antes non quere,manter estas comunicacións que poden ser de calquera cousa que un queira contar.
Para Ledo que pese a que ten que ser asistente de si mesmo e cumprir coa dirección do coro e restantes obligacións,cando teña algo de tempo e lle apeteza que nos conte,facendo memoria, como foi aquela aventura do Pico Sacro con Mosquera Villar. Querían saber a onde ía parar aquela cova na que se soltabas unha galiña aparecía no rio Ulla ao día seguinte .Había unha carta que me mandaras nun verán contándomo pero perdina igual que outras cousas e hoxe canto daría por tela. Que a saúde non falte..
Eduardo sempre é un pracer ler o que conta. A lección de filoloxía que nos deches, sobre ripa e riba, faltoulle aquelas regras mnemotécnicas que nos facía aprender D.. Alejandro: bodega,petaca,forceja.
A Andrés haille que respectar a ausencia pola cantidade de exames que ten que corrixir. A nosa idade é un dos martirios da profesión de ensinante. Sorte e logo algo de vacacións se podes collelas.
Aos demais todos, xa que se está acabando o papel, xa nos veremos como dicía a canción se queres aquí aquí ou alá alá e senón na casa do cura será. Rafael
 

lunes, 28 de junio de 2010

FELICES VACACIÓNS!

Pasamento
   Seguindo a técnica creativa de coller a última idea para empezar a entrada, comento a perda dun escritor-pensador-quixote ibérico, defensor de tantas causas xustas: José Saramago. Os comentarios do Vaticano creo que se poden encadrar na liña do ultraconservadurismo. Recordo que cando Esperanza Aguirre era ministra de Educación, a unha pregunta dun periodista, contestou: "No tengo el gusto de conocer a esa señora (Sara Mago). Finxir ignorancia sobre unha persoa pode utilizarse como arma ofensiva.
   Xa teño comentado algún  dos seus libros. Canda a triste noticia, estaba lendo Unha balsa de piedra camino de Haití. "Porque todos tenemos una obligación". É un libro escrito en 1986 co título A jangada de pedra. Nada ten que ver con Haití, pero foi reconvertido o título en 2010 e publicado por Alfaguara. O importe desta edición é doado integramente á Cruz Vermella Internacional para auxilio das vítimas do terremoto de Haití.
   A península Ibérica sepárase de Europa e aboia polo Atlántico á velocidade de 2 km/h cara aos Azores... Creo que é unha metáfora da incomunicación humana.
   Hai tempo  lin La ceguera, impresionante e recomendable. Analiza o comportamento da raza en situacións limite.
   Este portugués exiliouse voluntariamente en Lanzarote porque en Potugal lle prohibiran publicar El evangelio según Jesucristo. Coa nova da súa morte, as  vendas dos seus libros subiron un 260% no país veciño.

Foto-mensaxe
   As fotos-mensaxe de Muras son testemuña dunha realidade sociolóxica que ven sufrindo Galicia: o despoboamento da Galicia interior e a conseguinte falla social que se crea entre a Galicia atlántica e a montañesa. En Sarreaus (Ourense) había unha aldea abandonada, alguén a comprou e restaurou para turismo rural. Agora vai visitala moita xente para admirar a transformación.
   Estas fotos de notario teñen valor de futuro. De paso, demostran que non fan falta 12 megapíxeles para facer boas fotos. Parabéns.

Foto simbólica
   Sen pretender corrixir a Massiá, creo que os 25 anos da UE quedan mellor representados cunha árbore froiteira cargada de resultados, como unha maceira en setembro. O que avanzamos na Unión en só un cuarto de século era impensable en 1985; especialmente se recordamos a historia guerreira europea do século XX.

Cursiño de que?
   Ao cursiño de galego tamén eu pensaba levar a proba do resultado das miñas horas de cociña-laboratorio.
Pero sería cursiño de galego ou de borrachos?
    A receita non era estilo Rivadavia, senón Ribadavia: Ribeira do Avia, como Ribadeo, Ribadulla, Ribadumia, que corresponden ás ribeiras dos respectivos ríos. Ribeira (A Estrada) e Santa Uxía de Ribeira tamén son con b.
 Ripa (latín) evolucionou ao galego riba. O fonema oclusivo xordo /p/ sonorizouse en /b/. Pola mesma razón,
Ribeiro e Ribas.
Coa toponimia hai que ser rigorosos, porque a única forma válida é a galega, segundo a lexislación vixente. E como foi tan deturpada, e segue sendo...

Pórtico da Gloria
   Hai días subín ás estadas do Pótico de Gloria. Visita interesante, enpeza na cripta e chégase ata os 24 anciáns do Apocalipse; con todo, hai moito ferro que se interpón. Tamén se admiran os 19 instrumentos musicais reproducidos e que soaron nun concerto de música medieval polos anos oitenta.  Gustoume máis a visita ás obras da catedral de Vitoria, a que se explica en Un mundo sin fin, de Ken Follet.

     Saúde e boas vacacións.
          Eduardo Seco.

domingo, 27 de junio de 2010

Fe de erratas

Caber sigue siendo con b , como en nuestros tiempos ,perdón . Andrés L.

Breverías de Andrés L. Amboage

Por mi impericia es la segunda vez que intento cumunicarme con vosotros . Como Rafael no podrá venir a la comida , de momento , sólo estamos en la lista : mi tocayo y Alvite (si se suma) , Manuel Felpete y mi familia .Si sabéis de alguno que no accede habitualmente al blog y sospecháis que le gustaría venir , decidselo , por favor .Pueden treer a sus consortes ,los que la tengan .Ya estáis enterados que en caso de que llueva cavemos unos 24 en el garaje . El día 29 entraré por última vez a esta página . Al siguiente nos iremos para ahí . Si alguno antes del 10 puede incorporarse al grupo , no tiene más que llamarme al móvil : 657564463. Ahí van las breverías de hoy : Las ventajas que tienes por nacimiento son galones que luces sin fundamento. Si no sabes que este mundo lo ves desde perspectiva , tendrás tendencia a creerte que tu visión es divina .

lunes, 21 de junio de 2010

MISCELANEA VII


Queridos amigos. Hoxe empeza o verán,Tal día coma hoxe daban as ansiadas e merecidas vacacións. Os que eramos da veira do mar marchabamos encantados .Outros ían tristes. Era o tempo de mais traballo no campo,De sol a sol. Como di miña sogra aquelas si que eran crises .Hoxe, de non empeorar,agás o que non ten traballo, debería estar prohibido queixarse. Ademais os que mais se laian solen ser os menos afectados. De todos modos o mundo ten que ir para adiante e non para atrás e o inconformismo é o que axuda a transformar a realidade . Así que a protestar e a reivindicar.Sempre con sentidiño.Sobre todo os que perderon o traballo. A xente do común non é culpable de nada e os que causaron a crise tamén teñen que axudar e arrimar o lombo,xa que ninguén os obriga a arranxala,de seren capaces de facelo.

Chucho é certo,como a vida mesma, que cada tolo ten a súa teima. Xa temos demostrado neste caderno, no que escribe quen quere e do que quere, que a cordura total non existe. Gustoume moito o que nos contaches sobre a fotografía. Acabará entusiasmándote. As que adxuntas son preciosas. Polo monei ,aínda que se teña menos e para o ano non suban as pensións, non vivas desacougado. Despois do mínimo vital que é moi relativo i elástico sempre un se vai arranxando. Din os chineses que son moitos e nada torpes, sabedoría milenaria, que o diñeiro,se non lle pos un tope é como a auga do mar: Canto mais bebes mais sede tes. Cónstame que ti es bo de conformar. Dunha nai,señora Dolores,por moitos anos, tan incansablemente traballadora e bondadosa, os fillos non poderiades ser doutra madeira.

Saúdos para toda a parentela. Segue escribindo que o fas ben e sempre hai algo que contar con tal de poñerse.

Onte ao ler os periódicos enfadoune moito o que dixo o Vaticano sobre Saramago cando aínda estaba “de corpore insepulto”. Pensei titular esta colaboración:A CURIA VATICANA PERDIU O XUÏZO. Pero desde que oficialmente formo parte da terceira idade,o mes pasado fixen os 65,decidín controlarme un pouco e ver a realidade con certo estoicismo. Copio o que escribín para outro blog:

“Excelente exposición a do Señor Tamayo. Non hai dúbida de que o noso achegado,grande e sabio, Xosé Saramago tivo unha vida interior e reflexiva fora do común. Seguiremos lendo a súa obra que nos axuda a ver e entender os misterios da vida con perspectiva filosófica no sentido xenuíno da palabra. Contrasta coa falta de sensibilidade de L’Osservatore Romano que o Sábado, aínda de corpo presente,fixo unha serie de xuízos e valoracións totalmente negativos da súa vida e obra. O autor dese libelo parece que descoñece completamente, cunha ignorancia supina,o evanxeo de San Mateo (Mt 25, 31-46) que acolle a todos aqueles que sen sabelo axudaron aos demais. Saramago ninguén nega que estivo cun altruísmo digno de eloxio defendendo todas as causas xustas que houbo en favor da humanidade .Así llo recoñeceron todos menos o Vaticano que anda facendo propagando do conservadorismo mais trasnoitado. Facendo méritos para nun futuro ter que avergoñarse e pedir perdón por desviarse da verdadeira tradición cristián”

Por hoxe mais nada. Que teñades unhas boas vacacións nesta estación que abunda a luz e que tanta influenza ten nos nosos ánimos e corpos.Rafael

jueves, 17 de junio de 2010

MIS POESIAS

LAS PESETAS

Fueron las rubias más relucientes,
Que rodaron altivas por tiempos ya idos.
Fueron las  hembras más  pudientes,
De todas las casas sus cuartos benditos.

Guardaron historias con sus avatares
En manos de pobres  y de señoritos
Que erigieron en metal sus pilares
E hicieron apaños rasgando bolsillos.

El puñal implacable de fatal destino
Por el viejo ocre cambió su brillo,
Mató a la dama por el camino,
Y en el recuerdo quedó perdido.

Altivas se asoman como en muletas,
Al hechizo que das al valor de las cosas,
Y en  el trueque al euro salen victoriosas,
Las más prestigiosas queridas pesetas.

Antonio Puertas



martes, 15 de junio de 2010





Cada tolo co seu tema.
O Rafael como sabe de leises,decote apela a elas.Seco á sabiduria, etc..
Como estou asistindo a un taller de fotografia, hoxe toca algo relacionado.
Sigueme gustando a fotografìa, e agora que teño mais tempo (non mais monei) estou intentando perfeccinoar esa arte.O feito de que me goste a fotografia, non quere decir que sexa un bon fotografo, porque tamén me gosta a música e o Magister Brotos me dixera: “que de orella moi ben pero de oido...”
Voltando ó taller de fotografia, caín da burra e levei un bo golpe, xa que iba coa idea de perfeccionar a tècnica fotogràfica e resultou todo o contrario. O profe que imparte o curso (Carlos Puga) està na onda dos fotógrafos galegos e non galegos que apostan pola “foto-mensaxe” e utilizan a “cámara-xoguete”. Este xeito de fotografiar parece que vai en contra da tècnica, pero de feito eles tamén a utilizan.
Como exercicio neste obradoiro, temos que presentar un PROXECTO = idea ou mensaxe por medio dun puñado de fotos. E pra executar o proxecto, entregounos un carrete de 24 exposicións e unha cámara-xoguete ( sin flash, sin zoom... sin nada que regular) soio colocar carrete e disparar.
As fotos que presentei pro meu proxecto van relacionadas cunha forte impresión que levei contemplando un pobo abandoado dunhas cen casas mais ou menos. Penso que a unha persoa que non teña mamado a vida de aldea non lle impresionaria tanto. Por iso o lema ou título que escollín pro proxecto é :”POR MOR DUHA VIDA MILLOR”

Adxunto alguhas fotos dese pobo que se chama Córcores (Ourense, Concello de Avion) que fixen coa miña cámara -non sei donde saca Ledo o de diabólica- pois è unha simple e pobre digital-compacta de oito megapíxeles.
Cando remate o curso si o meu traballo sirve pra digitalizar e vale a pena, subireino.
Un abrazo. Muras.


lunes, 14 de junio de 2010

.. ENTRADA DE ESPAÑA E PORTUGAL NA U.E.


Hai na cadea Ser, algunha mañá, un programa-concurso de relatos curtos que deben comezar
todos por unha frase que anuncian a semana anterior. Arremedando a ese programa empezo por onde rematou o incansable e indomable,por ben,amigo Eduardo.

E certo que o Sábado, 12 de xuño do 85, fixo 25 nos que se aprobara o acordo de incorporación de España a Unión Europea. Para os que había poucos anos que accederamos ao mundo profesional do Dereito foi ese acontecemento un fito histórico. Nunca mellor dito.

O tratado non tivo vixencia ate o 1 de xaneiro do 86. A chamada “vacatio legis”foi tan longa como as que tiveramos nós cando reformaran San Martiño que nos incorporamos no mes de novembro. Ese ano fixen toda a campaña do berberecho e da ameixa que abundaba tanto na praia de Barraña como na de Cabío. Os veciños dicíanme fixeches ben plantar. Agora que tes o bacharelato aprendes algo de contabilidade e xa te collen nunha fábrica de peixe .Eu negábao pero ninguén me cría.

No que quedaba de ano 85 traspasáronse ao BOE unha ha morea de directivas incorporando a Lexislación europea. Foi unha auténtica revolución no mundo xurídico. Foi unha primavera ,no campo do dereito, semellante,”mutatis mutandis,” ao que supuxo o Vaticano II na Igrexa. Todo o acervo xurídico Europeo era directamente invocable ante calquera xulgado en primeira instancia , vinculante e de aplicación directa. Igual que a Constitución que no Nadal do 78 supuxo tamén unha revolución ao abolir todas aquelas outras normas que a contradiciren, podendo ser aplicada directamente por calquera xuíz se aparecía como abertamente contraria á Carta Magna.

Para simbolizar ese florecemento do dereito europeo furteille a Juan Masiá. Catedrático de bioética en Xapón que debe ser boa persoa polo que escribe no seu blog,, supoño que non me demandará, esa bonita fotografía que é todo un símbolo:
                                              BODAS DE PRATA DA ENTRADA NA U. E.

A receita do licor experimentareina e se imos a ese curso que nos anuncias. Eduardo, en “Desván de los Monjes”levarei a proba.

A Andrés que nos siga mostrando as súas breverías. Lense con gusto e ninguén o pode tomar como adoutrinamento. As nosas idades deixase adoutrinar o que quere. Todos andamos xa no camiño de volta de moitas cousas. Un saúdo para todos. Rafael

Breverías de L. Amboage

Como podéis suponer estoy viviendo de rentas . Los pensamientos que pongo ente vosotros son los que ponía en "el corcho" a mis tutelados cuando ejercía . Ahora los dejo ante puestra mirada porque quiero compartir mis inquietudes con vosotros ,sin ánimo de adoctrinar a nadie .
     No creas que todo orden
es perfecta arquitectura ,
el orden desordenado
por nuestros lares abunda

¿Por qué crees que el hacer
te dará felicidad
si las máquinas producen
y nunca las ves gozar?

Se suma M. Felpete a la cuchipanda . ¿Quién da más?


sábado, 12 de junio de 2010

SUBSTANCIAS PERIGOSAS

Receita de licor café (estilo Rivadavia)
   Antes das vacacións pago parte da débeda contraída:
Ingredientes:
- 4 litros de caña.
- 2 quilos de azucre.
- 300 gramos de café moído (torrado ou natural segundo gustos).
Proceso:
- Bótase o café na caña e revólvese.
- Tense 15/20 días en maceración, remexendo 2 veces por día.
- Pásase a mestura por filtro, de tea ou de papel.
- Prepárase o xarope con azucre e auga nestas proporcións:
- Cada 2 quilos de azucre, 2 litros de auga.
- Ponse a mestura nunha pota a lume lento durante as horas necesarias, ata que quede acaramelado. Para saber o punto, déixase caer unha pinga nun prato: debe quedar redondeada, non desparramada. Este detalle é importante para conseguir sabor torrado e color brillante.
- Vértese o xarope quente na mestura filtrada de caña e café.
- Reméxese ben todo e déixase enfriar.
- Cando estea frío, embotéllase e pónselle a rolla. 
Notas experimentais:
Pódese facer con máis ou menos graduación alcohólica. Convén graduar a caña antes de empezar.
Se a deixamos a 45º - 40º, pode quedar ben, tendo en conta que o café e o xarope a rebaixan uns graos.
Para rebaixar a caña, caña máis lixeira ou auga destilada.
Se se quere variar a cantidade de caña, modifícanse os ingredientes na mesma proporción.
N.B.: Mantéñase fóra do alcance dos nenos e das nenas. Raciónese a partir dos 90 anos.
Anécdota: O oído humano parece responder da mesma forma  ante os sons dunha lingua descoñecida. A anécdota que conta Rafael sucedeume ao revés: nunha cea pregunteille a un que fala inglés e que está aprendendo castelán:
- Un chupito?
- Si, si, chupetito estar muy bueno.
Ignoro por que en castelán se di chupito. Procede de chupar?
En galego, chopiño é o diminutivo de chopo: grolo, trago; en castelán: sorbo.

Invictus  
   Asistimos en Galicia a un inverno austral solidario, para acompañar e arroupar á selección española de fútbol.
   Xa que Mandela non asistiu á inauguración do campionato, pola enfermidade e, sobre todo, pola morte da bisneta, quédalle o campo libre a don Vicente para volver invictus. 
   O equipo español volverá  coa copa. Por algo cada xogador pode cobrar as primas máis altas de todos os equipos  participantes. É bo para eles e bo para nós, que poderemos liberarnos do tópico de que todos padecemos a crise.
   Ímoslles perdoar que fosen a Caravaca facer publicidade do seu ano xubilar en desleal competencia con Santiago.

Noticia positiva, a medias
   Aínda que non se pode deixar de lamentar a catástrofe ecolóxica da expansión de "hilillos de plastilina" no golfo de México, é destacable que esta vez non nos tocase de cerca a burla negra ... Igual si, porque o planeta é a nosa casa. Sorprende que só se pidan penas para Mangouras, capitán do Prestige.

Xoves non é jueves
   Un grupo de estudantes de 3º e 4º de Secundaria de Pontevedra peregrinou a Santiago, patrocinado pola Deputación. A vicepresidenta provincial leu a ofrenda e dixo (segundo o Diario de Pontevedra): ..."para que los jueves puedan realizar unha vida justa, tolerante y solidaria".
É probable que tal fallo proceda de traducir o galego xoves (novos, mozos, rapaces) polo castelán jueves.
Ignoro se o disparate procede da oferente ou do periodista, pero estou seguro de que o país necesita potenciar o galego para que a ofrenda non ofenda.
Propoño para agosto un cursiño de galego en Desván de los Monjes.

Saúde para celebrar o 25 aniversario da entrada de España e Portugal na UE.

Eduardo




miércoles, 9 de junio de 2010

REMEMORANDO


Despois da semana de festexos e aínda baixo os efectos da resaca, provocada polos chupitos ( 1 ) de licor café co que nos obsequiou Eduardo, farei uns comentarios de cando viviamos xuntos. Despois do tempo pasado e hoxe metidos cada un de nós noutras realidades o cordón umbilical que conserva o vencello ou vínculo que nos mantén unidos e a convivencia intensa, nun internado, durante 12 anos algúns, e ademais unidos por uns sentimentos relixiosos que nos ataron verticalmente ás crenzas e horizontalmente aos demais.(aí queda iso que non o predica calquera. Non si ? Chucho)

Unha das últimas veces comentei que se empezara a fumar en Belvís nos últimos anos. Acordarédesvos que polo verán nos xuntaban por comarcas para facer o retiro. A min tocábame ir a Vilagarcía. Reuníannos nas Felipenses. O crego que veu nun verán, aos que xa andabamos de pantalón largo,invitábanos a fumar. No 1º retiro non me sabía a nada o tabaco. No 2º xa non me desgustou tanto. Aquel verán do 61 empecei a fumar e seguín até o 2 de Maio do 92.

Ao tabaco chamabámoslle “tomillo”.Os asiduos eran ,dos que xa faltan ,García Couto, García García, e dos aínda presentes Gómez Vedía, Felpete Sánchez, Sanmartin Obelleiro, Fraiz Vázquez,Fernández Barros e supoño que alguén mais. O mellor sitio para fumar en Belvís era, cando non chovía, no campo do futbol detrás da portería que daba á vía do tren. Había un pequeno campo que lle puxeramos o nome de Maracaná e alí faciamos as fumetas. Levas tomillo?. Nos vemos en Maracaná¡
En San Martiño, loxicamente, continuaron as fumatas. Cando nos tocaba horta o sitio mais seguro era onde tiña o taller o señor Francisco .Ademais, se estaba por alí, sorría e tiñamos a seguridade de que era unha tumba. Cando nos tocaba cachatoria no Claustro botabamos a pelota adrede polos fachineiros (ventanucos) que estaban a rente do chan. Escapabamos varios a buscala e metiámonos a fumar naqueles espazos escuros que estaban cheos de papeis, cousas vellas e porcallada. .E de supoñer que os superiores o sabían pero farían a vista gorda. De feito o último ano de Filosofía xa autorizaron a fumar a todo o mundo que quixer. O curioso é que algúns ao estar permitido deixaron de facelo porque ,como dicían, agora xa non ten gracia. Un saúdo para todos. Rafael


  1. Uns coñecidos nosos , o marido tocaba na sinfónica de Galicia,eran checos e a muller falaba moi mal. Tiñan un meniño e a veciña de portal preguntoulle se lle daba o chupete ao neno. A nai alporizouse toda e contestoulle: Chupito al niño? Ser loca. Como va a tomar chupito el niño?  (Identificaba chupete cos chupitos que pedían despois do café).





martes, 8 de junio de 2010

NON TE ESCONDAS QUE TE VEXO...

...Santo EDUARDO,( martir glorioso, deborado por un raposo)...ORA PRO NOBIS...
Antonio

MAXIMAS

Osentido

Si tuveramos a cebeza nos pes, andariamos con mais sentido, e, si ese nos faltara, outro mais cativo viría, arrastrándonos pola vida enfangados na merda dos camiños deste mundo.
Antonio Puertas

lunes, 7 de junio de 2010

Ei carballeira!!! Aturuxos na casa a discreción

Licor café
   Para completar unha comida tan enxebre como a servida por Rafael, nada mellor para prolongar a sobremesa ca uns chopiños de licor café caseiro. Darei a receita (estilo Ribadavia).
   Acredito que é moi bo para a  hipertensión. Para o propietario da presión arterial acelerada, teño algunhas dúbidas, pensando nos ingredientes: alcohol, cafeína e azucre, tres drogas distintas e unha dinamita verdadeira. O virtual, coma este,  creo que non ten efectos secundarios. Podedes, pois, servirvos vós mesmos.

Música-sesta
   E para unha tertulia de sobremesa, levitando entre o sono, a vixilia e a conversa amigable, propoño a música de Interseccións. A ollada de Novoneyra: unha actuación poético-musical que escoitei hai uns días. É o resultado dun proxecto conxunto de Emilio Cao e Novoneyra. Interviron Emilio Cao, voz e arpa; Manuel Gutiérrez, piano; Carme Rei, voz; e Branca Novoneyra, filla do poeta, recitadora. Co poema Convocado falo por vós, tan difícil de ler, na voz de Branca viaxábase polos tempos dos troveiros líricos medievais, séculos XII e XIII, que converteron o galego na irmá maior das linguas románicas.
Outro día, o poema, para non vos cansar.

Camiño de volta
   Gústame a noticia de Fernando de peregrinar de Santiago ao Cebreiro. Paréceme unha metáfora do conveniente: nadar contra corrente, evitando ser arrastrado. Ese camiño invertido permitirá observar paisaxes físicas e humanas desde a perspectiva persoal e crítica.
   Unha Salve entoada nun lugar tan mítico do Camiño Francés, e a carón do Santo Grial, fará ferver o sangue e revitalizará o coro de Arnois e acompañantes.

Ton-ton-tómbola
   Toda festa ten unha tómbola. "Premio para el caballero". Un despertador* para Andrés por ter descuberto o erro sen estar prevido. Así reaccionaría un ex compañeiro que, cando algún alumno lle cazaba un gazapo, felicítábao e poñíalle un positivo  (+), que subía a nota final de bimestre.
   Puido ser unha travesura da rúa Traviesa, perpendicular da rúa da Universidade e cerquiña da praza de frei Luís de León, onde me aloxaba.
   As neuronas, ás veces, fan conexións en falso que nin se detectan no repaso corrector. Eduardo Punset sabería explicar moi ben o lapsus. Eu non, pero si pedir disculpas.
* Que significa despertador na xerga dos charlatáns de tómbola?

Agasallo vital
   Sentinme moi ben premiado, e non necesito máis, ao verme excluído da lista de santos do feliz  cabodano. Vivimos nun val de bágoas, pero non teño ningunha présa por abandonalo. Grazas, Antonio.

Onde está a paella?
   A tardanza na resposta á invitación  xenerosa de Andrés pode obedecer a non termos  fixado o calendario para esas datas, días cargados, normalmente, de acontecementos familiares. Ese é o meu caso.
  A ver se nos animamos, polo menos os lambóns, coa música do xogo infantil Matarilerilerón:

Ambo-a-gé
Matarilerilerile
Ambo-a-gé
Matarilerilerón.

Onde está a paella?
Matarilerilerile.
Onde está a empanada?
Matarilerilerón.

Na casa da avoa,
matarilerilerile.
No lugar de Visantoña,
matarilerilerón.
Chimpón!

Fotos
   Chucho, cando te animas a ensiñarnos algunha foto da túa cámara "diabólica"?

                           Saúde. Eduardo.

domingo, 6 de junio de 2010

breverías

Acabo de entrar en mi correo y compruebo que no os animáis a venir a Visantoña ,de momento . Sólo Rafael y mi tocayo están apuntados en principio . Prometo que habrá también empanada de zamburiña y el postre que recomienda Rafael ( a ver si la gula os empuja , ¡lambós!) . Si procedéis de Santiago ,no tenéis que llegar a Melide .En Arzúa ,nada más pasar la plaza que encontráis a la entrada, a la derecha , hay (como a 200 metros) a la derecha también una carretera que conduce a Santiso (frente a los juzgados).Tened cuidado porque está poco visible la señal . A mitad de camino( como a nueve kilómetros) , encontraréis un cruce que indica : Visantoña-Ribadulla . Girad a la derecha .A un kilómetro está la desviación que conocéis para A Casiña Davoa . Me sumaré a la práctica de algunos de ofrecer páginas que por algún concepto considere de interés .Pero será otro día . Hoy remato mi intervención con algunos pensamientos "vestidos de literatura" : Sólo los hombres hacemos para poder subsistir : malabares de palabras y tramas de borceguí . Yo no creo en la maldad que procede del infierno ; sí , creo en el egoísmo que tiene al miedo por yerno . Si el campo es lo seguro y el mar lo incierto -aunque grande- prefiero estar en peligro que , en el barro , embadurnarme . Hasta la próxima semana .Andrés L. Amboage

sábado, 5 de junio de 2010

Domingo remate da festa (R.G.R.)


Claro que non pode faltar a música. Sen ela non hai festa. E metafisicamente imposible. Falando ao modo escolástico unha festa sen música repugna. Xa vos comunicara que tiña apalabradas para a ocasión a PARIS DE NOYA e a PANORAMA En vista de que quen mais quen menos, agás de honrosas excepcións.admirabeis ,escusou a súa asistencia, de modo tácito, chamei aos apoderados e estarán maña, a saída da Misa, para a sesión vermout, no campo virtual da festa. Así que alí nos veremos. Espero que os de sempre non falten.Non vos esquezades de vir todos e traer as mulleres e os nenos. Vide toda a familia.
Vale a pena escoitalos velos e bailalos. Gustan a pequenos mozos,de mediana idade e tamén aos de mais anos. Parece que as comisións xa os deixan contratados dun ano para o outro. Deica a próxima .O mellor para todos. Rafael

viernes, 4 de junio de 2010

¿E logo non hai música? (AGV)

O aniversario do blog está sendo estimulante. Hai festa infantil (globos), temos rapsodas e poetas (os globos inspiran moito), xa temos a mesa abastecida con xantar de festa e cun postre exquisito para rematar, non faltaron os foguetes nin os bos desexos, incluso estamos convidados a outra festa, tamén de feliz aniversario... ¿Falta algo? Poida que o cura non sexa o máis indicado e que el debería lembrarse da Misa Maior e da Procesión pero a este crego parécelle que sen verbena a festa está incompleta. Ou alomenos unha sesión vermú.¿Que poderemos facer? Admítense proposicións "decentes". (AGV)

miércoles, 2 de junio de 2010

COMIDA DE FESTA (R.G.R.)


Xa que estamos de festa , estas na nosa terra dificilmente se entenden sen o correspondente xantar para a ocasión.Vouvos dar unha receita experimentada para, cando teñades tempo e ganas, a fagades

A sobremesa pódense deixar preparadas a véspera. Neste tempo vai ben uns limóns ou laranxas xeados.
Mércanse os limóns e laranxas que non teñan a tona moi gorda. Fáiselle un corte para quitarlle o sombreiro e cunha culler baléiraselle a polpa nun prato sopeiro. Quítanse as peles e as pebidas meticulosamente,sobre todo nos limóns para que non amarguen.

Por cada limón ou laranxa que se queira preparar nádese, ao baleirado, unha medida de yogur de nata líquida e pásase pola batedora. Próbase. Se se nota aceda bótase un pouco de azucre e as laranxas quédalle ben unha pinga de viño de O Porto.

Reénchense os limóns e laranxas,non de todo, cóbrense co sombreiro e métense no conxelador para o día seguinte quitalos cando se van consumir na sobremesa. Bo proveito¡

1ª Prato uns mexillóns chamados ao vapor. Mércanse comprobando que veñan dunha depuradora de calquera das vilas da Ría da Arousa. Precísase un Kg e medio. por comensal. Lávanse e quítanselle as barbas. Nunha pota grande ponse un vaso de auga e unhas areas de sal cunha folla ou dúas de loureiro e póñense a cocer uns 10 0u 15 minutos. Deben apagarse cando as viandas se desprenden da cuncha enteiras e non queda pegado o chamado botón na cuncha. Este é o criterio. E mellor pasarse porque cozan de mais que de menos.
Escórreselles a auga e para a mesa. Acompáñanse cunhas pingas de limón e un bo pan de Carral, Cea ou de Carballo.
Se non se cocen deste modo, dívolo o fillo dun dos primeiros bateeiros da Ría da Arousa,desnatúranse e perden o verdadeiro sabor que teñen que ter cando están en comida. Sempre non meses de R e nos outros hai que probar. Cando desovan están fracos, azuis ou negros e non se deben comer que non saben a nada .Para ter seguridade pides a véspera medio Kg. Cócelos e se están en comida o día seguinte mercas os que precises. Na casa de Alfonso Fernéndez Barros poñíanos coa vianda nunha cuncha e cun pouco de maionesa que lles queda moi ben.

2º prato unha empanada de xoubas. Que sexan galegas. Son mais anchas .Precisase unha ducia por persoa. Quítaselles a cabeza e a tripa,lávanse e resérvanse cunha area de sal. Se non se quere facer a masa hai nos Eroski unha masa de empanada co nome comercial de” La Cocinera” que é moi boa. Cómpranse dúas masas unha para a parte de arriba e outra para a de abaixo.

Acéndese o forno a temperatura media 170-190. Ponse nunha tixola tres ou catro cebolas picadas finas con tres ou catros culleradas de aceite de oliva. Déixanse pochar a fogo lento cunhas areas de sal para que súen e queden amareladas. Pódese engadir un tomate pelado picado en cadrados e unhas tiras finas de pimento verde ou roxo en xuliana. Tamén pode levar unha pizca de pimento ou azafrán en po.

Ponse nunha empanadeira ,cuberta con po de fariña, primeiro a capa de embaixo. Repártese ben a zaragallada en toda a base deixando libres os bordes e despois vanse colocando as xoubas alternando rabos con parte mais anchas para aproveitamento do espazo. Colocando unha ducia por persoa. Para o tamaño desas masas industriais collen 50 en cada empanada calcándoas ben.

Apértanse os bordes ben coa man ou valéndose dun garfo ou trinchante que cerre polos bordes ben a masa. Faise un burato no medio para que respire e métese ao forno. Se sobaron algunhas tiras de masa ou se reservaron pódense por uns adornos. A media cocción, cun pincel de cociña, pódese pintar co aceite que sobrou de fritir a cebola e daralle unha cor bonita se levou pimento ou azafrán. Aos 35 ou 40 minutos estará lista. Xa avisa polo olor que sal do forno.

Nesta época hai xoubas excelentes pero noutra época tamén se pode facer con xoubas de lata. Está tamén deliciosa. Convén comprar esas latas redondas grandes que sae mellor economicamente e asegurarse de que son dunha conserveira de Arousa ou de Vigo. A igual tamaño e orixe e mellor mercar as mais caras. Hai mais posibilidades de que non sexan do mediterráneo.

Esta é a partitura agora a interpretala.

Boa compañía. Un bo viño e a vivir. Saúdos e saúde amigos para todos neste tempo de festas. Rafael

martes, 1 de junio de 2010

MIS POESIAS

OS NOSOS GLOBOS.

Os globos puxémolos nos,
Cincuenta e sete erguéronse ao vento
Polas mans de moitos que un día os soltou.

Seguen polo aire, a través do tempo,
Percorrendo os camiños da súa ilusión:
De cores e flores, de espiñas e amor
Son os aqueles globos que o tempo deixou.

Os que voando estouparon,
De luces e cores foi seu resplandor
E, os que seguen voando,
Mais arriba buscan a aquel que finou.

Antonio Puertas


FELIZ CABODANO: ...Santus ANDRESES, orate pro nobis; Santus RAFAELIS, orate pro nobis...Santus FERDINANDUMs, orate pro nobis. Santu XESUS...ora pro nobis. Santu SENIN, ora pro nobis....SANTUS SANTORUM DE TODOLOS SANTOS ( DO NOSO SANTORAL)...orate pro nobis.

AS MIÑAS POESIAS

OS NOSOS GLOBOS.

Os globos puxémolos nos,
Cincuenta e sete erguéronse ao vento
Polas mans de moitos que un día os soltou.

Seguen polo aire, a través do tempo,
Percorrendo os camiños da súa ilusión:
De cores e flores, de espiñas e amor
Son os aqueles globos que o tempo deixou.

Os que voando estouparon,
De luces e cores foi seu resplandor
E, os que seguen voando,
Mais arriba miran ao que nos deixou.

Antonio Puertas

A BLOGUEIROS-GLOBEIROS

CUMPREANOS FELIZ!
                                                                          
                                                                                  Ao babyblog da Quinta

   Feliz cumpreanos!
Trimesino embarazo,
familia expectante
e ledicia posparto:
     Benvido!

   Criatura serodia
de semente esgotada.
Primeiros pasiños,
loanza na Quinta:
     Longa vida!

   Parentes distantes
e neno ignorado.
Raquitismo crónico,
alarma no barrio:
     Que viva!

   Corazón que late,
corazón que rega.
Corazón que une
e tamén convida:
     Mil velas!

   Vela luminosa, 
vela moi inchada
con mareiros ventos.
Viaxe  compartida:
     Blogueiros. 

   Ágora, contraste, 
encontro, espreita,
doazón de ideas,
presenza e ausencia: 
     Esperanza!

   Vidas paralelas,
vidas diverxentes.
Xuntanzas fugaces,
ocasións perdidas:
     Globeiros.

   Vellas amizades,
rescaldo avivado.
Conexión de volta,
refuxio de quintos:
     Amigos!

              Pontevedra, 1 de San Xoán de 2010.

              Eduardo Seco.

Máis globos (Andres GV)

Eu tamén quero encher de aire os pulmóns e de paso inchar un globo. A imaxe do globo -todo un acerto, Rafael- ten unha chea de connotacións positivas. Algunha, negativa. O globo é infantil, o globo é lixeiro, o globo tende a subir e voar, o globo é festeiro, o globo sen aire non é nada, o globo sen man que o suxeite pérdese, o globo na man dun neno suscita sorrisos. O globo, ademáis, é fráxil, require tratamento coidadoso.... O aniversario deste blog é coma o primeiro dente dun neno, ou coma os seus primeiros e aínda vacilantes pasos, é un globo de cores: se o suxeitamos e participamos poderá expoñerse aos ventos pero non se perderá, suscitará sorrisos, animará ilusións e, aínda que pareza frívolo ou lixeiro, estará cheo do mesmo aire que respiramos, ese ao  que Rafael lle puxo nome de solidariedade, paz,  etc, e que nos convida a aspirar ao máis nobre do corazón humano, ascender, sen perder esa manciña firme que nos atrae cara á terra, cara aos irmáns cos que compartimos a historia, a de hoxe, e -volvendo ao blog- unha parte decisiva da historia persoal nos anos cincuenta e sesenta. Por favor, non deixedes da man este BLOGO/GLOBO. Fráxil e colorido, está nas vosas mans. Felicidades, "globeiros". A soprar, dádelle alento. (AGV)