Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 30 de diciembre de 2011

FELIZ ANINOVO!!!

Non podía deixar de volver a esta casa recén pintada (cores Hello Kity e Pocoyó) e redecorada por Andrés nestas datas de Nadal e desexarvos a todos un ano novo moito mellor que o que remata.
Despois de cruzar o meridiano dos sesenta, cada ano imos tendo conciencia máis fina da nosa finitude, da nosa peregrinaxe. Cada vez vaise apretando o círculo de familiares e amigos tocados por algunha doenza, se non somos nós mesmos os afectados. Os baixóns pódense superar con fe, con filosofía ou coas dúas medicinas. O que non procede é deixarse abater e velo todo negro por ter entrado no túnel. Solidariedade e ánimo para todos, que sempre o necesitamos nalgún momento. Boas doses de vitamina O (optimizante) para ver a vida con gafas de esperanza, como nos invita Rafael por boca de Mafalda. 

Saúdos cordiais.
Eduardo Seco.

DERRADEIRA ENTRADA

Rachando co meu costume de deitarme, non despois das doce da noite, onte fíxeno bastante máis tarde por quedarme a ver a película sobre o cardeal Tarancón. Foi para min unha verdadeira ledicia a visión do mencionado filme; pareceume moi correcta a posta en escea de tan importante persoeiro, sen concesións cara a galería nin botafumeiro. Certo que o filme céntrase en presentarnos a figura do gran cardeal limitándose ao seu papel clave no momento histórico da transición política española; bótase un pouco en falta a súa dimensión espiritual e incluso a función litúrxica; pero non se pode dicir que falte a dimensión pastoral, pois, precisamente, o impagable servicio prestado á sociedade e mesmo á institución eclesiástica, gracias a súa clarividencia, man esquerda, talante, altura de miras, espíritu conciliador e grande fé, foi o mellor servicio pastoral do seu ministerio sacerdotal. Resulta moi curioso que, sexa a sociedade civil a única que rescata  a senlleira figura de un eclesiástico para poñela en valor, mentras, pola contra, a institución eclesiástica se apresurou a pasar páxina e relegalo ao limbo dos xustos. Iste é un claro signo dos tempos que vivimos. Persoalmente dame verdadeiro pánico imaxinar, por un momento, o que acontecería naquél intre decisivo da nosa historia si, en vez de Tarancón, estivese no seu lugar un dos talibáns que o sucederon.
Téñolle aversión aos libros moi voluminosos porque son pesados para manexar e, pola contra, esixen moita constancia para rematar a súa lectura con éxito sen perder o fío. Deica hoxe únicamente fun capáz de afrontar con éxito a lectura de dous destes mamotretos: "Franco" de Paul Preston e as memorias do cardeal Tarancón que se titulan "Confesiones".  Recoñezo que disfrutei con ámbalas dúas lecturas ainda que, como podedes imaxinar, por razóns diametralmente opostas. 
     Agora, pola tarde, estiven mirando a transmisión en directo da Misa da Familia na plaza de Colón. Imaxinei que en realidade miraba unha película rancia dos tempos do nacionalcatolicismo. Vin unha liturxia anticonciliar: Un pobo (bastante reducido) mero espectador, nin sequera se lles deu a oportunidade de rezar  o Padrenuestro na Misa; así se explica que, moitos asistentes se adicasen a observar o seu entorno e, os máis novos, a facer acenos ás cámaras da tv; dúas orquestras con coros cantando en latín, homilía lida con voz rouca e ton monocorde, con gran profusión de citas papales, e ningunha conciliar, nin siquera evanxélica; co tema recurrente de sempre (matrimonio canónico e aborto); nin palabra sobre as traxedias actuais de innumerables familias: o paro, a perda da vivenda, a penuria económica, a violencia de xénero, o futuro tenebroso para a xuventude, etc. etc. Parece que estes temas non son competencia da Iglesia. ¿Será verdade que se fixo un Concilio Vaticano II? ¡Non vaia a ser que, do mesmo xeito que algúns negan a veracidade do Holocausto, algúns xerarcas neguen igualmente  a realidade do Concilio!. Semella, dende logo, que estes de hoxe non cren nel.  En fin, signos dos tempos. Logo quéixanse das igrexas baleiras e do alonxamento da sociedade.
       Perdón, amigos e compañeiros, por este espiche. O que máis me importa hoxe é desexarvos a todos un ano 2012 cheo de esperanza, a pesares da que está caendo, e que manteñamos a ilusión que proclama o lema dos indignados: outra sociedade é posible. ¡Ogallá formemos parte dela!. Unha aperta e deica o ano que ven. Fernando Ledo.



miércoles, 28 de diciembre de 2011


A derradeira d´este ano, non podía ser outra mais agarimosa pa min.
Me encanta esta nova páxina ¡¡ Enhoraboa, Andrés !!
Felíz ano, para todos.

A RAMPLA D´AGUIAR

Naquela rampliña, medio tollida,
que, nin co devalo do mar, se vía,
o peixe fresco en tinalla brincaba
  cos aires das mozas, ó abri-lo día.

Cara o mar, devalaba sobranceira
de peixe, que na rampla relucía;
randeeira a mareira baleiraba
rastrexando a sardiña  que escorría.

Por aquela rampla a onde ía a Mantida,
co andar lixeiro dende a súa casiña,
baixaba antano este neno da vila
a pescar queimonas, abondo e axiña.

Os mozos cantaban ó abri-lo día,
i en vermella alfombra o sol relucía,
…i a gaivota rapinaba a sardiña,
i a lancha do xeito en peixe afundía.

Era ó xantar, fresquío da Vila,
co peixe que daba a xente a quería,
sobranceira,… i, ¡ tanta “jameliña” !
apazugada, agardando na fila.

¡ Hai ! amorriñada amada veciña,
cara ao mar, reverente te inclinas,
desgaxada en vaivén de caroliñas,
 arrolada no abrente en cunchas finas.

Agarda por min, miúda xoíña
a que retorne xunto a ti algún día,
cos tempos de antes bulidos da vida,
…con alumiños, volver, volvería.

Antonio Puertas



MISCELANEA XII
A piques de rematar este odioso ano para unha parte importante dos que perderon a súa fonte de sustento e coa esperanza ,de que mellore o que ven, baixo mínimos vou a escribir a miscelánea nº 12 que será a última deste mes tamén doce.
A.- O número doce é un numero cabalístico ao que se lle atribúen propiedades máxicas. Veredes os porqués:
1º -doce son os signos do zodíaco.
2º -doce son os meses do ano.
3º -doce foron os discípulos.
4º -doce eran os froitos do Espírito Santo.
5º -doce eran as tribos de Israel.
6º -doce os fillos de Xacobe.
7º -doce as veces que Xesús Cristo se apareceu despois da morte.
8º -doce grupos de deuses tiñan os romanos,os caldeos e os etruscos.
9º – doce eran as portas da cidade de Xerusalén.
10º -doce é a hora en que o sol parte o día en dous.
11º -doce é o máximo número que conteñen todos os reloxos.
12º -doce veces trinta grados forman os 360 grados da circunferencia. Paro aquí para dar doce razóns pero seguro que hai mais se miramos nas mitoloxías de todas as relixións.
Veremos se o ano vindeiro é tamén cabalístico ou máxico porque tamén será o ano doce deste século.
B.-Acabo de ler un artigo de Juan Goytisolo, hoxe que é dia dos inocentes, e asocieino a Eduardo polo estilo mordaz e incisivo, cheo de ironía que contén moitas veces o que nos conta. Por
se non o veu ten o enlace para lelo:

No leído en la prensa · ELPAÍS.com

 

C.-E de xustiza manifestar a solidariedade con Andrés, a persoal e penso que a de todos, polo cúmulo de circunstancias polas que un hai momentos da vida en que un se ve sometido a elas e que mos desacougan profundamente. Animo Andrés¡
 
Feliz ano que ven e que nos traia a todos o que precisamos para andar pola vida con dignidade.Rafael

martes, 27 de diciembre de 2011

Estatística: Visitas ao blog da "Quinta do 57" (Andres GV)

Do resumo estatístico que nos ofrece  Blogger aos seus usuarios como "propietarios" do blog "Quinta do 57", ofrézovos o que me parece unha sorprendente e estimulante estatística. 
No último mes (supoño que novembro), o noso blog recibiu 1.813 visitas
Desde que foi creado, o noso blog foi visitado 17.366 veces
Para que vos animedes e animemos a participar. Feliz ano 2012. 
Non se contan as visitas que se fan para introducir cambios: novas entradas, imaxes e textos. 

¿Coñecedes a D. Leonardo Lemos? Será ordenado bispo en Ourense o día 11 de febreiro (Andres GV)


Na imaxe vemos a D. Julián, o arcebispo de Santiago, e a D. Leonardo Lemos Montanet, designado bispo de Ourense  polo Papa Bieito XVI, nun momento da rolda de prensa na catedral, o venres día 16,  ao mediodía.
 D. Leonardo Lemos Montanet, vinculado á Sociedade Sacerdotal  da Santa Cruz, do Opus Dei,  era na actualidade  profesor do Instituto Teolóxico Compostelán, no que exerceu diversos cargos. Tamén é Director Técnico do Seminario Menor de Santiago, coengo da catedral e Director do Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas. 
Nacido en Barallobre, A Coruña, en 1953, foi ordenado presbítero en maio de 1979. Está licenciado en Filosofía Teorética, diplomado en Arqueoloxía Sagrada, Arquivística e Biblioteconomía. 
 Omnia in caritate é o lema episcopal do novo bispo, que podemos traducir  "todo con amor". Está inspirado no lema episcopal do tamén arcebispo compostelán, o cardeal Quiroga ("Omnia in caritate fiant"), de quen D. Leonardo é biógrafo.

lunes, 26 de diciembre de 2011


BO NADAL PARA TODOS.

EN UN BARCO DE PAPEL 

En un barquito de papel
el cielo mandó regalos,
un cartero trajo con él
una estrella con dos palos.

De David era la estrella,
lumbrera del firmamento,
y su luz era tan bella,
que pareciera de cuento.

A ella se sumaron gaitas
y zagales con panderos…
leños y astillas proscritas,
del Amor fueron aperos.

El barco pasó de largo
y encalló con su cartero,
humillado en su encargo,
sentenciado el mensajero.

Y el firmamento creado
se recreó con su estrella;
el barco sigue encallado,
resplandeciendo su huella.

Antonio Puertas

domingo, 25 de diciembre de 2011

Pequena e modesta renovación do blog (Andres GV)

Pouco cambia. Apliquei unha plantilla que avivecese as cores e textos. Os redactores e aportadores habituais non encontraredes dificultades para seguir compartindo ideas, poemas, experiencias, contos, felicitacións, comentarios.. Coa liberdade que nos honra. Aos que escriben e mais aos destinatarios.

Na tardiña do Nadal 2011 (Andres GV)


Estou na casa. Compartin a mesa familiar cos meus irmáns. O falecemento inesperado de Miguel, o párroco de San Cristovo das Viñas, na Coruña, un cura novo que nos estimulaba e enchía de esperanza aos demais curas, lanzou sobre min un neboeiro de tristeza. Varios compañeiros curas, cos que teño unha relación estreita,  despedíronse tamén estes días pasados da nai, do pai, dun irmán. Amigos moi achegados están acosados pola máis temida das doenzas. Por iso comparto convosco esta hora: necesitamos a luz de Belén.
Todo o que escribía aquí onte vólvese máis intensamente verdadeiro e necesario. Grazas a man humana que Deus nos ofrece por medio de Cristo coñecemos a esperanza. De onde nos pode vir o consolo ante a morte?  Un consolo que non é ilusorio, psicolóxico, comecocos infantil, senón verdade verdadeira, acontecemento persoal, tránsito a unha vida nova.
Belén ten de cursi, de tenrura sensibleira, de retóricas mixiricas, moito menos do que  lamentablemente aparece e se promove socialmente. Belén compromete a quen cre en Cristo a converterse en axente de humanidade, de humanización, de dignificación das persoas, de promotor de esperanza.
Con palabra máis autorizada cá miña, dixo hoxe o Papa "urbi et orbi":

La respuesta que Dios ha dado en Jesús al clamor del hombre supera infinitamente nuestras expectativas, llegando a una solidaridad tal, que no puede ser sólo humana, sino divina. Sólo el Dios que es amor y el amor que es Dios podía optar por salvarnos por esta vía, que es sin duda la más larga, pero es la que respeta su verdad y la nuestra: la vía de la reconciliación, el diálogo y la colaboración.
Por tanto, queridos hermanos y hermanas de Roma y de todo el mundo, dirijámonos en esta Navidad 2011 al Niño de Belén, al Hijo de la Virgen María, y digamos: «Ven a salvarnos». Lo reiteramos unidos espiritualmente a tantas personas que viven situaciones difíciles, y haciéndonos voz de los que no tienen voz. (Bieito XVI, Mensaxe Urbi et Orbi 25/12/2011)


sábado, 24 de diciembre de 2011

FELIZ NADAL 2011 E FELIZ E VENTUREIRO 2012 (Andres GV)

Non vos estrañe o desenfoque desta composición. De seguido saberedes a qué obedece.
En Occidente fixemos do Nadal  de Cristo un verdadeiro destrozo. Todo nace da sedución de sentirse importantes. Xusto o contrario do que fixo Deus ao asumir a nosa fráxil condición humana. Non acabamos de comprender que no seu modo de facerse home: pequeno, indefenso, acosado e pereseguido, pobre, mal acollido  -xa desde os seus inicios na vida temporal- o Eterno indícanos o verdadeiro camiño dunha humanización que conduce á paz, froito da xustiza e do amor, froito da sagrada dignidade de ser persoa, home ou muller.
Anque moi demorada, mándovos esta que non é felicitación senón chamada. Á solidariedade e ao compromiso por unha humanidade que crece "divinamente"  canto máis os seus membros abrimos corazón e portas ao diferente, ao pequeno, ao que non nos pode compensar polo noso servizo.
Un recordo moi especial para todos os que estades sentindo escuros neboeiros de saúde, de conflitos, de traballo. Sexamos lúcidos e vexamos a man de Deus nas nosas vidas.  E desculpade as miñas ausencias.


Boas festas

Súmome a quen,nestas días previos as “pascuas navideñas”,se adicou a felicitárnolas. Son días,seguramente para todos de sentimentos contraditorios. A realidade de cadaquén polo seu lado e por outro as vivencias de tempos pretéritos que están aí no imaxinario persoal e tamén colectivo do conxunto ou subconxunto que formamos todos. O término de imaxinario utilizado polos estudosos das disciplinas sociais din que é un concepto en construción. Pero concordan todos en que se trata dun conxunto de imaxes que temos interiorizadas e por virtude delas miramos clasificamos e ordenamos o que nos arrodea. Din que marcan tanto que practicamente regulan a nosa vida aínda que nos pareza o contrario sen chegar a imprimir carácter como nos di a teoloxía sobre os sacramentos que son sete, nin mais nin menos, como ensinaba o profesor que pouca pegada deixou,polo menos a min, D. Manuel Silva Bahamonde.
 
Pois despois desta filípica e, cos mellores desexos para todos,deséxovos unhas felices festas para todos sen esquecer a ninguén e, en particular para todos aqueles que,polo menos algunha vez,accederon a este portal comunicativo que,igual cós montes comunais pertence a todos os que teñan casa aberta e con fumes dentro do territorio no que se encravan.
E para iso comparto unhas felicitacións que me achegaron das moitas que como todos se reciben no correo electrónico e que me gustaron.

A 1ª é do Conselleiro de educación que mandou a todos os profesores e que escolleu con moito gusto e significado. As persoas con minusvalías deben ocupar un sitio importante nas nosas vidas .Asesorei moitos anos a unha asociación de pais de nenos paralíticos cerebrais e aprendín mais humanidade con eles ca en todos os anos de Seminario. Ë esta:


 
A 2º mandouma un amigo dunha gran espiritualidade:

 "Sumidos en el sagrado
silencio,
inspirad y espirad.
Escuchad el silencio,
escuchad vuestra respiración,
sentid lo que entra con el aire,
al que invitáis a pasar
a vuestro interior;
observad la vida
que con él va.
Escuchad los latidos de
vuestro corazón, y
permitid que las energías
se equilibren ellas mismas;
dadles permiso a todos vuestros órganos
para que se tranquilicen,
para que cada uno ocupe el espacio
que le pertenece,
para que les llegue la energía que necesitan.
Y así, el cuerpo por si mismo,
será capaz de relajarse,
de lograr posturas naturalmente adecuadas,
de sanarse, pues sabe muy bien cómo hacerlo,
y el Amor y la Luz
que habita en el núcleo da cada una de las células,
poco a poco irán  llenándolo todo, todo, todo.
Vuestra Luz se unirá al resto de las luces de los seres
que caminen a vuestro lado,
formando así
una
 Gran Hoguera
de
LUZ Y AMOR.

Felices Fiestas
Abrazos."

A 3ª é dun organismo da Xunta novo que coordina a formación do profesorado que antes se chamaban Centros de Formación e Recursos e que agora se chama Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI). E esta:
A 4ª é para que non nos consumamos nestas festas:

 
E por último un sorriso. Cando perdamos as ganas de rir e sorrir temos que facernos mirar por algún entendido en conduta humana porque algo grave está a punto de pasarnos e hai que poñerlle remedio canto antes se se prolonga moito no tempo.

 
Antes de rematar o ano poñerei algunha cousa mais e se non a poño feliz ano que ven .Rafael

viernes, 23 de diciembre de 2011

Felices fiestas

Dificultades para acceder las tres veces que lo intenté antes de hoy ,problemas con el ordenador ,viajes a esa tierra por la enfermedad final de mi último hermano y arreglos en la casa , me alejaron de este blog más  tiempo del pretendido por mí .Ya me puse al día de vuestros dichos y hechos y próximamente haré alguna aportación .Por ahora ,sólo desearos bon Nadal y un Nuevo Año "templado".
Andrés L. Amboage

jueves, 22 de diciembre de 2011

Saludos

Esta vez sólo dos letras para desearos felices  fiestas. Acontecimientos familiares luctuosos ,arreglos en la vivienda y problemas con el ordenador explican un poco mi "ausencia".
Andrés L. Amboage

miércoles, 21 de diciembre de 2011

Bo Nadal

¡¡ BO NADAL PARA TODOS, AMIGOS !!

viernes, 16 de diciembre de 2011

MISCELANEA XI




Hai veces que se apodera dun a galbana,preguiza ou lacazanería,como dicían os vellos no Cabo da Cruz pero con “s”(hai un lugar que lle chaman a “preghisa”) e cando un cae nesa apatía total, sen ganas para facer cousas ,débese facer como nos dicía D. Raimundo en Belvís. Procurar arredar esa tentación como arredamos unha ascua ou brasa cando nos saltaba da lareira para a roupa. Ese era o modo de combater as tentacións cando tiñamos malos pensamentos que eran sempre referidos ao sexo.¡ Que tempos e con canta inxenuidade e inocencia nos criamos¡ Pois para saír dese estado estou escribindo algo que xa debín ter feito hai uns días pero foi quedando dun día para o outro e agora o tempo pasa dunha maneira rápida e veloz como o vento desta noite pasada.

Aí van unhas cantas cousas para pasar o tempo.
A.- Conto ruso
Avecíñase un cambio de gobernantes e teremos ocasión de comprobar se o conto ruso dos tres sobres segue tendo vixencia .E así: o que se vai, no relevo de goberno, entrégalle ao novo discretamente tres sobre numerados 1, 2 e 3 rogándolle, cando se vexa apurado e sen solución para os problemas, que os obra por esa orde.

Pasados os primeiros días ou semanas e angustiado polas dificultades de gobernar para todos
 e pola cantidade de asuntos a resolver,na soidade do despacho, abre o primeiro sobre que di: “Fale mal de min. .A culpa de todo o que acontece bótella ao seu antecesor”

Comproba que os erros anteriores ,a atribuída falta de previsión e a herdanza recibida funciona e permítelle que pase o tempo sen solucionar nada relevante. Transcorrido mais tempo as cousas non van ben,complícanse mais, e ten que abrir os segundo sobre que di: “Coas estruturas actuais non se pode facer nada. Múdeas. Faga reformas”. Esta idea permítelle facer moitas promesa de cambio. Traslada os arquivos da sexta planta á primeira e os negociados dun edificio para outro alterándolles o nome. Isto dálle boa imaxe e a opinión pública di que por algo se empeza.

Co paso dos anos pouco ou nada se fixo e os graves problemas sen resolver obrígano a abrir o terceiro sobre que di: “Escriba con presa outros tres sobre para o seu sucesor. Se a lei llo permite convoque eleccións e se non o seu cese é inminente”

Co tempo veremos se é un conto ou non é tan conto.

(Divulgouno D. Federico Mayor Zaragoza cando tomou posesión do cargo na UNESCO e llo transmitiu o seu antecesor pola década dos oitenta).
B.-Supoño que a todos vos chegan videos de compañeiros e amigos que andan pola rede e que chaman poderosamente a atención. Pois van dous que me chegaron hai pouco e vos veredes se sorprenden ou non. (Estoulle moi agradecido a quen mos envía)
FnOQg
Y7Y8w
 
C.- Este outro vídeo é,en especial, para o noso compañeiro Doval Pose para que opine sobre cuestións que teñen certa polémica como é o que expón,parece que é, un dos mellores coñecedores da Biblia en Portugal. Pese a ser portugués coido que se entende perfectamente. Refírome a el porque na convivencia do verán comentoume que lle encantaban as polémicas. Nestes días en que supoño que terán uns días oficiosos de vacacións como teñen aquí o persoal dos xulgados a ver se pode roubar algo do tempo propio para opinar aquí dun tema propio destas datas como é a orixe pagán destas festas. (No te sientas obligado que yo no soy quien para sugerirte nada.Recibe un saludo con afecto)

D.- E xa que hoxe vai de audiovisuais non pode faltar este do noso Presidente da Xunta que no parlamento galego atreveuse a traducir o “Alba de Gloria”de Castelao. Cousas veredes. Hoxe declarou ben de interese cultural,ou dixo que o ía facer, toda a obra do pai de “Sempre en Galiza” que se considera a obra canónica do nacionalismo galego.

Pois nada mais.Deica outra e cos mellores desexos para todos e co afecto de sempre.Rafael

 


sábado, 10 de diciembre de 2011

AS MIÑAS POESÍAS

Despois da maxistral entrada de Eduardo e, dando resposta "AS FOLLAS DO OUTONO " de Rafael ( outro mestre da comunicación ), teño que cumplir a miña promesa, con esta poesía adicada ó Outono. Neste caso,tendo como referencia, o Outono da miña vida:


SIEMPRE ESTARÁ CAMARIÑAS

Cuando sea un viejecito,
de esos que nadie quiere,
y vea como me hiere
el desprecio que va escrito
en ojos de un hombrecito,
que evita, con sus retrasos,
retrayéndose a mis pasos,
esquivarse  a mi presencia,
…o note su indiferencia,
aún con reflejos escasos.

…Cuando nadie de mi se acuerde,
con su ria y sus campiñas,
siempre estará Camariñas,
presente, quien me recuerde.
Con ausencia que se cierne
en tiempos que eran felices,
los de hoy, son aprendices,
con tanto feliz recuerdo;
 por sus mares yo me pierdo,
bogando con mis deslices.

Cuando vea a las miradas,
aunque conmigo tropiecen,
si mis ojos languidecen,
pues se van despreocupadas,
sin saludar, reparadas
de quien va por el lugar,
es porque debo de marchar
a sacar mi vieja barca
que mis recuerdos la aparca
junto a la orilla del mar,

Antonio Puertas







jueves, 8 de diciembre de 2011


Notas de inverno sobre impresións de verán

A entrada de Fernando e as de Rafael, tan xeneroso e constante, lembráronme un texto que non é soño meu, como os de Rafa e Antonio.

O Inquisidor xeral
“A acción desenvólvese no século XV. Naquela época era costume facer intervir nos poemas as potencias celestiais. En Francia, os clérigos da curia e os monxes daban representacións nas que se poñía en escena a madonna, os anxos, os santos, Cristo e Deus pai.
Pasaron 15 séculos desde que prometeu volver ao seu reino, desde que o profeta escribiu: ´Volverei pronto, pero nin o mesmo fillo sabe o día nin a hora´.
Pero El quixo mostrarse, ao pobo sufrido e miserable. A acción desenvólvese en España, en Sevilla, na época máis terrible da Inquisición, cando cada día flameaban as fogueiras no país para maior gloria de Deus.
  • Ou! Non é así como El prometeu volver, á fin dos tempos, con toda a súa gloria.
  • Non, El quixo visitar os seus fillos precisamente nun lugar onde crepitaban as fogueiras dos herexes. Volveu baixo a forma que tiña na vida pública. Aí vai descendendo cara ás rúas ardorosas da cidade meridional, onde a véspera, en presenza do rei, dos cortesáns, dos cabaleiros, dos cardeais e das máis encantadoras damas da corte, o Inquisidor xeral fixo queimar un cento de herexes ad maiorem gloriam Dei. Apareceu docemente, sen facerse notar e, cousa rara, todos o recoñeceron.
    O pobo amontóase ao seu lado e ségueo, silencioso; El pasa entre a moitedume cun sorriso de infinita compaixón.
Un vello, cego desde a infancia, exclama: ´Señor, cúrame e vereite´. E o cego ve.
Detense ante a catedral de Sevilla cando levan un pequeño cadaleito branco cunha nena de sete anos. ´Se es Ti, resucita a miña filla´, chora a nai. El míraa con mágoa e exclama: ´Talhita koum´. E a nena levántase.
Naquel intre pasa pola praza o cardeal Inquisidor xeral. É un vello case nonaxenario. Os seus lúgubres auxiliares e a garda do Santo Oficio ségueno a unha respectuosa distancia. Detense ante o xentío e observa desde lonxe. Viuno todo e o seu rostro ensombreceuse, engurrou as espesas cellas e os seus ollos brillaron cun resplandor sinistro. Sinálao co dedo e ordena aos gardas que o deteñan. Tan grande é o seu poder e o pobo está tan acostumado a someterse, que o xentío se aparta axiña ante os esbirros.
Nun silencio mortal, estes detéñeno e lévano. Como un só home, o pobo inclínase ao paso do Inquisidor, que o bendice e prosegue o seu camiño.
O prisioneiro é conducido ao edificio do Santo Oficio, onde o encerran nunha estreita cela abovedada. O día morre, chega a noite sevillana, cálida e sofocante.
De súpeto, ábrese a porta do calabozo e aparece o Inquisidor cun facho na man. Ven só. A porta péchase tras del. Mira en fite o santo rostro e dille:
  • ´Ti es Ti´? Ao non recibir resposta, engade: ´Non digas nada, cala; ademais, que poderías dicirme? Non tes dereito a engadir unha palabra máis ao que xa dixeches. Por que viñeches molestarnos?
  • Ben sabes Ti que nos molestas. Pero sabes o que ocorrerá mañá? Mañá condenareite e serás queimado coma o peor dos herexes. E ese mesmo pobo que hoxe che bica os pés correrá, a unha indicación miña, a alimentar a túa fogueira.
  • E o prisioneiro non di nada?
  • En efecto, non pode facer outra cousa que calar. O mesmo vello lle advertiu que non ten dereito a engadir unha palabra máis ás que dixera antano. É quizais o trazo fundamental do catolicismo romano.
  • ´Todo foi transmitido por Ti ao Papa, todo depende, pois, agora do Papa´. ´Afortunadamente, ao marchares, deixáchesnos a obra. Prometíchelo. Concedíchesnos solemnemente o dereito de atar e desatar; naturalmente, non podes pensar agora en quitarnos ese dereito. Por que viñeches, pois, a molestarnos?´ ”

A que ven isto?
Son fragmentos escolmados do capítulo V do libro V d´Os irmáns Karamazov, de Fiodor (Teodoro) Dostoyevski (1821-1881). Publicou a obra en 1880. O argumento da novela é fácil de resumir, non así as cuestións morais, teolóxicas e humanas que suscita.
O título desta entrada tampouco é orixinal. Prestoumo o mesmo Dostoyevski dunha obra escrita para criticar os costumes de Europa occidental e enxalzar as ideas cristiás de Rusia.
Estas notas de inverno proceden das miñas impresións de verán, concretamente de agosto 2011, e doutros acontecementos relacionados.

Saúdos aos lectores que resisten e resistirán.
O meu agradecemento aos colaboradores habituais, defensores da idea dun cubano contemporáneo de Dostoyevski, Xosé Martí (1853-1895): “Trincheiras de ideas valen máis ca trincheiras de pedras”.
Eduardo Seco.

miércoles, 7 de diciembre de 2011

MIS POESÍAS

Von facerlle caso a Rafael, publicando unha poesía que tiña por aquí gardada por un caixón. Penso que se axeita mellor aos acontecementos polos que estamos a vivir nesta vella Europa dos nosos pecados. O único que pretendo é erguer un pouquiño os ánimos, que están moi baixos de moral.
Noutra ocasión, se a audiencia ( se é que a temos ), o permite, deixarei un poema axeitado ó Outono.


NO QUIERO

No quiero que nadie llore,
no quiero más amarguras,
si la vida son penurias,
el alma que se enamore,
con su dama, en cielo more.
¿ Acaso, con nuestros genes,
en molinos, no intervienes,
en defensa de tu dama, 
con honor de raza humana
que portamos los señores ?

Cabalga con Rocinante,
por los sueños sin sendero,
y, con su fiel escudero,
derrotemos al farsante;
allí donde esté la amante
espadas contra el tirano,
y muerda el polvo el villano
con el honor de tu espada
…y a Dulcinea, la amada,
 gloria y poder transmundano.

Antonio Puertas

martes, 6 de diciembre de 2011

FOLLAS DE OUTONO


A.- Imos pór algo no encerado para que o amigo Puertas entre sen medo e nos deixe algo poético nestes poucos días que quedan para despedir o ano. Nestes últimos días de outono en que o ano empeza a decaer,envellecer e morrer paga a pena,co bo tempo que nos veu,dar unha volta polo campo coa ánimo observador. Pódese ver o chan engalanado e alfombrado,na caida da folla,en soutos e arboredos,formando cadros que rivalizan cós dos mellores artistas en colorido polas súas diversas tonalidades. Para mostra un botón:
 
B.- Hoxe,se non fose pola puta crise,que a tantas familias trae pola rúa da amargura sería un día de festa e celebración no que deberiamos berrar como no 1812: VIVA LA PEPA. Constitución que nos brindou,hoxe é o seu día,o meirande período de liberdade e de camiños de paz para os que vivimos nesta pel de touro. Fixo un discurso o Presidente do Congreso en funcións que non desmerece nada dos que deixou dito o Cardeal Tarancón naqueles tempos en que a voz dos bispos era escoitada con respecto pola cidadanía.
C.- Respecto a situación actual de golpe de estado financeiro que converte en papel mollado as institucións de representación democráticas, tanto da Unión Europea como de cadanseu dos países que a conforman, non se pode dicir mais do que se leva escrito e comentado e que resume perfectamente o correo que me mandou o compañeiro Enrique Vázquez Pose que dia así:
Asunto: El golpe de estado de Goldman Sachs a Grecia e Italia
Lee este e-mail hasta el final. Es un poco largo, lo sé, pero te vendrá bien leerlo para saber la verdad de lo que ha ocurrido estas dos últimas semanas.
La situación político-económica en Europa es ya insostenible. Asistimos impasibles al traspaso de poderes en Italia y Grecia. Los medios de comunicación pasan de puntillas sobre el fondo del asunto, e independientemente de la antipatía que sus dirigente despertaban en amplios sectores de la población, en la práctica este cambio supone reemplazar a los "democráticamente" elegidos por otros, los llamados "technócratas", que ni fueron elegidos por el pueblo, ni les resultan siquiera familiar.

Si el sistema democrático actual se hallaba ya de por sí en un estado deplorable, y a pesar de que se haga alarde de que todas las garantías parlamentarias han sido respetadas, esto constituye técnicamente un golpe de estado encubierto en el que los beneficiarios son los mercados y sus estrategias especulativas salvajes. Lo desgrano, para que quede claro:
¿Sabéis quienes son Lucas Papademos (actual dirigente Griego tras la dimisión de Papandreu) y Mariano Monti (ahora al frente del gobierno italiano)?
¿Sabéis quien es Mario Draghi (actual presidente del Banco Central Europeo)?
¿Sabéis lo que es Goldman Sachs?

Os lo explico:
Goldman Sachs: es uno de los mayores bancos de inversión mundial y co-responsable directo, junto otras entidades como la agencia de calificación Moody's, de la crisis actual, y uno de sus mayores benficiarios. Sólo a modo de pincelada, en 2007 ganaron 4 mil millones de dólares en operaciones que desembocaron en el desastre actual. ¿Como lo hicieron? Animaron a los inversores a invertir en productos sub-prime que sabían que era productos basura, y al mismo tiempo se dedicaron a "apostar" en bolsa por el fracaso de los mismos. Eso es solo la punta del iceberg, y está  muy documentado, podéis investigarlo. Mientras leéis este e-mail se están forrando a base de especulación sobre las deudas soberanas.
Papademos: Actual primer ministro griego, tras la dimisión Papandreu. No elegido por el pueblo.
- ex-gobernador del Banco de la Reserva Federal de Boston entre 1993 y 1994.
- vicepresidente del Banco Central Europeo de 2002 a 2010.
- Miembro de la Comisión Trilateral desde 1998, fundada por Rockefeller, lobby neo-liberal (se dedican a comprar políticos a cambio de sobornarles)
- ex-Gobernador del Banco de Central Grecia entre 1994 y 2002. Falseó las cuentas de déficit público del país con la ayuda activa de Goldman Sachs, lo que condujo en gran parte e la actual crisis que sufre el país.

Mariano Monti: Actual primer ministro de Italia tras la dimisión de Berlusconi. No elegido por el pueblo.
- ex director europeo de la Comisión Trilateral antes mencionada.
- ex-miembro del equipo directivo del grupo Bilderberg.
- asesor de Goldman Sachs durante el periodo en que ésta ayudó a ocultar el déficit del gobierno griego.

Mario Draghi: Actual presidente del Banco Central Europeo en sustitución de Jean-Claude Trichet.
- Ex-director ejecutivo de del Banco Munidal entre 1985 y 1990.
- Vicepresidente por Europa de Goldman Sachs entre 2002 y 2006, periodo en que se realizó el falseo antes mencionado.

Bien, qué casualidad, todos de la mano de Goldman Sachs. Los que crearon la crisis se presentan ahora como la única opción viable para salir de la misma, en lo que la prensa estadounidense está empezando a llamar "El gobierno de Goldman Sachs en Europa".
Se tiende a querer hacernos pensar que la crisis ha sido una especie de resbalón, pero la realidad apunta a que detrás de ella hay una voluntad perfectamente orquestada de hacerse con el poder directo en nuestro continente, en una maniobra sin precedentes en la Europa del siglo XXI. La estrategia de los grandes bancos de inversión y agencias de calificación es una variante de otras llevadas a cabo anteriormente en otros continentes, se viene desarrollando desde el inicio de la crisis y está desde mi punto de vista está siendo la siguiente:
1. Hundimos a los países mediante la especulación en bolsa/mercado. Los volvemos locos de miedo a lo que dirán los mercados, que nosotros controlamos, cada día.
2. Los obligamos a recurrir a préstamos para mantenerlos en Status Quo, o "salvarlos". Estos préstamos están estrictamente calculados para que los países no los puedan pagar, como es el caso de Grecia que no podría haber cubierto su deuda ni aunque su gobierno vendiera el país entero, y no es ninguna metáfora, es matemática.
3. Exigimos recortes sociales y privatizaciones en detrimento de los ciudadanos, bajo la amenaza de que si los gobiernos no los llevan a cabo, los inversores se retirarán por miedo a no poder recuperar el dinero invertido en la deuda de esos países y demás inversiones.
4. Se crea un altísimo nivel de descontento social, propicio para que el pueblo, ya sonado, accepte cualquier cosa con tal de salir de la situación.
5. Colocamos a nuestros hombres donde mejor convenga.

Si os parece ciencia ficción, informaos: este tipo de estrategias están perfectamente documentadas y se han venido utilizando con distintas variantes a lo largo el siglo XX y XXI en otros países, notablemente en latinoamérica por parte de los EEUU cuando se dedicaban, y se siguen dedicando en la medida que pueden, a asfixiar económicamente mediante la deuda exterior por ejemplo a países de América Central, para crear descontento social y aprovecharlo para colocar a dirigentes afines a sus intereses.
Ahora esto está pasando en Europa, y ya no es que lo haga EEUU, sino que lo hace la industria financiera internacional. Y lo que está ocurriendo bajo la mirada impotente y/o cómplice de nuestros gobiernos es el mayor robo jamás realizado en la historia de la humanidad y a escala planetaria, son golpes de estado, y violaciones flagrantes de la soberanía de los estados y sus pueblos.
Es muy fácil informaros en internet. Decídselo a vuestros amigos, pasad el e-mail a cualquiera que pueda estar interesado, yo que sé. Se nos están comiendo vivos... La gente tiene que saberlo.
Gracias por leerlo. “
 
D.- E curioso saber que estas cousas hai mais de 200 anos xa se advertía do perigo que corriamos se deixabamos que os bancos medraran tanto como fixeron nestes últimos anos en que acumularon un poder moi superior ao que lles correspondería de aplicárense as leis antimonopolio que o tivesen evitado. Isto dicía Thomas Jefferson:
                                                         (Para ler o texti clikar na imaxe)
E.- Que non falte un pouco de humor:
Pois xa está ben por hoxe .Boas noites a todos os que se dignen ler isto. Se non o lee ninguén tampouco pasa nada. Un saúdo como sempre. Rafael