Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

domingo, 29 de enero de 2012


O meu sentido pesar pola morte da nai do noso compañeiro e amigo Xosé Mª Tacón, Unha aperta, e
D.E.P.

Antonio Puertas

sábado, 28 de enero de 2012

Salvar omisións

Esquecinme de informar que o enterro da nai de Tacón será mañan Domiingo,29 de Xaneiro,ás 5 da tarde na parroquia de Prevediños.A capela ardente está instalada no tanatorio de Santiago, ubicado no polígono do Tambre, cerca de Boisaca, polo vento Sur.Mellor se vai polo polígono do Tambre,suficientemente indicado.
Errare humanun est.

NECROLOXIAS

Hoxe pola tardiña achegáronme a noticia de que morrera a nai de Xosé María Tacón. O noso compañeiro que fixo os estudos completos da carreira de crego e que non debeu de faltar a ningunha das convivencias anuais No 69, mais ou menos, veuse a vivir a Santiago,moi preto de Sanmartiño, e por aquela casa  pasamos case que todos os compañeiros de Tacón. Cónstame que nos quería a todos como se formos  tamén fillos dela. Desexámoslle que Deus a teña na Gloria. ¡En que outro sitio vai a estar¡.Muller namorada de Rosalía de Castro a quen lia e recitaba.

      Revisando as miñas fotos encontrei unha na que está ela con  Xosé María e mais uns familiares e veciños meus do Cabo de Cruz no verán de 1969.Como no cabo de Cruz,igual que fan en Portugal, poñen as fotos dos queridos defuntos nas necrolóxicas dos xornais e nas lápidas dos cemiterios ,coa venia de Tacón,vou poñer eu aquí a foto da señora Lola en homenaxe a quen nos quixo moito a todos.

Mañá iremos a darlle o adeus nas súas honras fúnebres, mais acompañar ao noso compañeiro Xosé María,unha digna representación desta irmandade que argallamos á última hora. Iremos en representación de todos os compañeiros do rueiro da Coruña e bisbarra e no nome de todos, que seguramente tamén vos animariades a vir, transmitirémoslle as condolencias.

    Tamén hoxe aparece na prensa a noticia do pasamento de Lado Rios que foi profesor noso de Física e Química. Para el igualmente un recordo.

    A semana que ven volverei a escribir algo para que este invento teña algo de vida. Moitas grazas aos que se asoman a esta fiestra comunicativa coa profundidade e bo facer que teñen sempre os Andreses, Vilariño e Amboage desde a capital do reino, e mais Eduardo,Fernando e os demais sen esquecer ao poeta Puertas que merece a medalla do mérito a constancia. Con afecto para todos. Rafael

miércoles, 25 de enero de 2012

Costa (mental) de xaneiro

Cambio de ciclo
Superada a quincena de felicidade obrigada, estamos en plena costa de xaneiro. Pero esta non é unha costa calquera, é unha costa tamén mental, unha escalada pola parede norte do Naranco da racionalidade.
Como somos previsores, quen máis quen menos encomendouse a Papá Noel sabendo que os Reis, en España, non estarían para moitos agasallos.
Os Reis Magos levaron máis cousas das que deixaron:
-          Levaron o conselleiro de Cultura, boa persoa ainda que  non moi avezado nas artes da política galega.
-          Levaron a Isaac Díaz Pardo, admirable polo seu labor cultural, empresarial, artístico e galeguizador; e tamén pola súa humildade e polo seu espírito de concordia. Din que de  adolescente presenciou como meteron a seu pai no cárcere, situado a poucos metros da casa das Hortas e como o pasearon os seu veciños falanxistas no 1936.  A pesar desta experiencia nunca predicou o odio aos inimigos, senón que optou pola construción e dignificación dun país  e por recuperar a memoria histórica a través de Ediciós do Castro. Namentres isto fixo, os herdeiros ideológicos  dos golpistas e os predicadores do amor aínda non foron capaces de condenar a ditadura nin permiten recuperar os restos dos que quedan perdidos nos barrancos e en fosas comúns.
      Da súa humildade, lin  a anécdota  de cando foi a Ourense para recibir unha homenaxe e os porteiros non o deixaron entrar no local porque non levaba invitación. En vez de protestar e presentarse, marchou. Pouco despois foron os organizadores  rescatalo á rúa para homenaxealo.
-          Os Reis Magos levaron tamén a un cóengo de Santiago, transportado a Ourense en     Opel Dei.
-          Quizais leven tamén, e con que premura, a un xuíz que loitou precisamente por recuperar a memoria histórica e por tentar acabar coa corrupción da trama Gurtel. Gustaríame ser tan optimista coma Rafael, pero se chegaron ata aquí, semella que o caso de Garzón está visto para condena. Sen tregua, xa lle iniciaron outro xuízo por tentar investigar os crimes do franquismo. Quen dixo que a Xustiza era lenta? O caso é amedrentar a calquera outro xuíz que pensase seguir as pegadas de Garzón.
      Hoxe celebrouse en Pontevedra un acto cívico de solidariedade con Garzón, co teatro ata a bandeira.
-          Seguro  que me esquezo de algo ou de algúen, pero prefiro empatizar cos vencidos, cos sufridores. Os vencedores xa teñen moitos valedores.
-          Os Reis levaron tamén o sentido da congruencia para deixar no sitio moitos paradoxos ambientais:

  1. Máis información e menos sensibilidade.
  2. Máis coñecemento e menos solidariedade.
  3. Máis e-mail, blog, twitter, facebook, móbil… pero menos comunicación.
  4. Amamos o planeta, pero destruímolo.
  5. Lemos pouco, pero mercamos libros.
  6. Multiplicamos as posesións, pero reducimos os valores.
  7. Enfadámonos rápido, pero esiximos tolerancia.
  8. Falamos demasiado, pero escoitamos pouco.
  9. Predicamos coa palabra, pero non co exemplo.
  10. Buscamos a cantidade, pero ignoramos a calidade. 
  11. Corremos moito, pero non imos a ningures.
  12. Dividimos o átomo, pero non esfarelamos os prexuízos.
  13. Apostamos pola dieta mediterránea, pero no Levante esppñol xa non caben máis chourizos.  
  14. Apostamos pola transparencia democrático-económica, pero votamos corrupción.
  15. Falamos da igualdade entre persoas, pero aumenta a diferenza entre ricos e pobres.
  16. Somos o país máis sobrecualificado laboralmente, pero tamén o país con máis parados.
  17. Queremos pensar racionalmente, pero caemos nos típicos tópicos.
  18. Xeneralizamos para simplificar, pero  somos moi inxustos.
  19. Vemos os aspectos negativos, pero ignoramos os positivos.
  20. Poñemos moitos peros, pero non poñemos mans á obra.
  21. Querémonos poner transcendentes… e saen cursiladas. Amén


Saúdos cordiais.
Eduardo.

martes, 24 de enero de 2012

TRES DESEXOS PARA 2012 (Andres GV)


Son subscritor desde hai anos dos cadernos de Cristianismo e xustiza, froito do labor pastoral e académico da Compañía de Xesús desde Barcelona e San Cugat. Cos cadernos adoitan chegar os "Papeis", un folio dobrado que nas súas catro páxinas desenvolve con fondura algunha cuestión acuciante da sociedade, sempre desde a perspectiva ética e cristiá.  Tedes fácil acceso aos contidos tanto dos cadernos coma dos papeis entrando na web: http://www.cristianismeijusticia.net/. Tamén encontraredes outros recursos (videos moi interesantes, sempre actuais), anque eu recoméndovos que descarguedes sobre todo os Cadernos e os Papeis. 
Do "Papel" de decembro de 2011 recollo a parte final, que podemos titular así: Tres desexos para 2012. Os  resaltes en negrita son cousa miña. Velaquí o texto:


No ano en que celebramos o 30 aniversario de Cristianisme i Justícia, tres son os desexos e esperanzas que desexamos compartir:
 Primeiro, que as reflexións e decisións políticas se fagan sempre desde os sectores máis vulnerables e non en contra destes. A crise está a evidenciar unha relación inxusta entre gañadores e perdedores, que pode levarnos a un escenario de fractura social.
Segundo, que se logre ir máis aló da "solución única" e que, ao parecer, só pasa polo recorte de servizos públicos. É moralmente inaceptable que o desvarío financeiro e bancario estean a pagalo unicamente algúns sectores mentres se corresponsabiliza por igual a toda a cidadanía do envurullo económico en que nos atopamos.
Finalmente, esperamos que o 2012 sexa unha oportunidade para construír desde as diferentes instancias (institucións, partidos políticos, sindicatos, empresas, asociacións, ONGs, movementos sociais, etc.) un modelo de sociedade máis fraterno, xusto e equitativo, que parta dunha mirada ampla ao noso mundo e sexa especialmente sensible aos que menos voz teñen. Quen cremos que Deus se revelou como "boa noticia para os pobres", non podemos deixar de afrontar estes retos.
Cristianisme i Justícia
Decembro 2011

lunes, 23 de enero de 2012


SE ESTA MURIENDO EL DÍA

Ya se está muriendo el día, 
sus horas quedan en  nada;
sólo brilla la palabra
cuando el tiempo se la guarda.
¿ Por dónde andas, compañera,
que siempre te oigo callada ?
te has ido como la vida,
de ti, no sabemos nada;
sólo queda la del día
si prende en nuestra mirada.

Antonio Puertas

viernes, 20 de enero de 2012

GANDUXANDO


    Imos dar unhas puntadas para enxergar algo do que é actualidade e deixalo neste taboleiro. De ser verdade, non hai porque poñelo en dúbida,o que nos dixo Vilariño de que este blog tivo tantos miles de entradas debe animarnos a escribir, por ben do que escribe, xa que se exercita na arte da expresión escrita e ademais comunícase cos seus lectores que é a fundamental razón pola que existen os escritores. Os ganduxos de hoxe versarán sobre estas cuestións: 1º.- Panexíricos ao finado Fraga. 2º.- Lembranza ao pasamento de Martín Vigil. 3º.- O pensamento positivo. Tres ( é un número tamén mítico, tribunal ven de tres,do indoeuropeo trei,do que logo derivaron unha morea de palabras como tribuno,tributo,tribú ... et relicua ) tres cousas que xa é materia dabondo.

    1º.-  Co gallo da morte do ex presidente da Xunta levamos varios días lendo e mais escoitando un lote de panexíricos sobre a vida e obras de D. Manuel Fraga. E certo,xa no lo explicaba D. Manuel calvo Tojo, que as oracións fúnebres deben ser laudatorias. A obra mestra era a que pronunciara Pericles, recollida na Historia da guerra do Peloponeso. Era o discurso pronunciado por alguén da tribo que pola súa intelixencia non parecera ser un necio, que destacara pola estimación pública, e que declamaba despois de que cubrisen o cadáver con terra ,eloxiando o valor do soldado que perdera a vida na guerra.

    Pois estes pasados días de tanto panexírico xa cheiraban os “castravexos” e os xornais a incenso. Hoxe que xa descansan os seus restos no panteón familiar e non o temos de corpo presente xa podemos dicir algo crítico sobre a súa obra. Como todos, durante tantos anos na vida política,deixa cousas ben feitas e outras mal feitas. A cidade da cultura é un unha barbaridade que ninguén sabe o que facer con ela. Durante o seu mandato o caciquismo en Lugo e Ourense desbordou todos os límites. Foi o ministro da propaganda na ditadura. Moita lei de prensa pero dinamitou diario Madrid para escarmento dos que non aplicasen a auto censura. Aceptou a democracia porque non tivo mais remedio. Sendo presidente da xunta pasou a metade do tempo viaxando. Xa dicían os periodistas cando o vían: Fraga visita Galicia.So nos debates do estado da autonomía ía ao parlamento e contestaba á oposición Meteu Reganosa na  ría de Ferrol que é unha vergoña para as xeracións futuras. So hai que ir a Mugardos e observala. As autovías, gratuítas en todo o Estado, púxoas de Peaxe a de Coruña Carballo e Santiago Ourense. As rías de Vigo e da Coruña aínda hoxe non depuran as augas e verten ao mar directamente. As cousas boas,reais algunhas e esaxeradas moitas, de tan repetidas xa non é preciso constatalas. Respecto ao idioma  galego tivo un respecto e unha comprensión da que carecen os actuais sucesores. Sobre isto nada mais. Existe o branco e o negro respecto a todas as realidades. Por iso temos dous ollos un para mirar á dereita e outro para mirar a esquerda. Cando vemos so por un ollo deformamos a realidade por mirala incompleta.

2º.- Martín Vigil..Un cura de novelas. Así titulaba Elvira Lindo unha reportaxe que apareceu o sábado no suplemento do Pais. Foi polo que nos decatamos de que levaba un ano falecido e que non tivera ningunha nota cronolóxica pese a ter centos de miles de lectores das súas novelas polas décadas dos  cincuenta e sesenta:A mais coñecida que todos lemos nos anos de Filosofía era. “La vida sale al encuentro”Tamén se lían outras como: “Los curas comunistas”,”Requien a cinco voces”,”Tierra brava, “Una chabola en Bilbao et cétera de case trinta novelas funda,mentalmente.
    Pois que conste que eu polo menos estoulle moi agradecido porque a súa lectura era aire fresco que entraba no mosteiro de Sanmartiño e axudaba a aflorar sentimentos e sensacións de adolescentes propias daquelas nosas idades. Era unha fiestra aberta ao mundo ao que nos prohibían asomarnos. Para saber mais aí vai cosido o artigo do Pais e o do Mundo que a través do xesuíta Lamet dou a noticia que transcendeu á prensa escrita.

Un cura de novela · ELPAÍS.com

 José Luis Martín Vigil, de novelista para adolescentes a 'cura .

 3º.- Paréceme a min que estamos envolvidos nun clima de negatividade que penetra a través dos telexornais e medios escritos e que nos fai ser pesimistas sobre a condición humana. Isto é malo para a saúde física e psíquica que se distinguen conceptualmente pera andan mais unidas que a alma e o corpo. Os benfeitores das dúas saúdes recomendan ter pensamentos positivos,acordarse de cousas agradables, ver o bo de todas as persoas das distintas realidades para así andar de bo humor e non ser un  rebechudo e perrenchudo (cascarrabias) sobre todo as nosas idades.
  
    A prensa e as noticias conforman ,como esa choiva que parece que non molla e nos empapa,a nosa maneira de pensar. Todo o mundo di convencido que a causa desta crise e por ter vivido por riba das nosas posibilidades e queda tan pancho e ademais intenta explicarcho. Por encima de pasalo fatal os que perden o traballo teñen que aguantar que a culpa foi de todos incluso deles. Axuda acceder,agora que temos de xubilados mais tempo ,a aquelas páxinas de noticias positivas. Esta é unha delas:

Corolarios: Así acababan as teses de aquela filosofía escolástica que nos tocou estudar e nas que aparecían cuestións relacionadas que as despachaban cunhas vulgaridades ou con argumentos de autoridade. Se o dixo Aristóteles ou Platón e non digamos Santo Tomás xa non había mais que dicir.
    Pois eu ao final vou referirme de pasada ao caso de Garzón,estes días saíra a sentencia. Penso con toda seguridade que o van absolver e declarar inocente. Do caso contrario a moita xente que cre na xustiza, admitindo fallos como en toda realidade,sentiríase decepcionada profundamente. O miolo da cuestión está neste parágrafo  da Lei:Se poderán gravar as conversacións na cadea “por orden de la autoridad judicial y en los supuestos de terrorismo”.Se esa “y”é alternativa ou acumulativa aí esta o quid da cuestión. Pero o Tribunal Constitucional e o Supremo xa dixeron que era alternativa. Estes días o veremos. Os interesados que vexan este artigo dun ex parlamentario do PP que é moi elocuente por vir de quen ven.

Cacería judicial | Política | EL PAÍS

Pois nada mais que hai que ir a comer .Púxenme a redactar isto ás once da mañá e van ser as dúas. Isto é o bo que ten a xubilación neste primeiro ano que debe ser cando mais se disfruta. Saúde e saúdos para todos. Rafael


jueves, 19 de enero de 2012

Galicia en Puerto Rico: CARTA DEL PROF. DOMINGO BELLO JANEIRO

Galicia en Puerto Rico: CARTA DEL PROF. DOMINGO BELLO JANEIRO: DON MANUEL, SIEMPRE EN NUESTRO CORAZÓN Y EN LA HISTORIA Doctor Honoris Causa por la Universidad de La Trobe, Australia ARTÍCULO-CARTA, A...

Os ventos fungan de dor,
e laian os piñeiros
pola terra que o criou.
Desolados deitan os salgueiros
na Terra Chá que o escoitou,
e pingan a sabia os castiñeiros,
escorrendo na Galicia que xerou
de verdes das súas chairas,
ata a enchente onde anegou
de amor o seu corazón.

Antonio Puertas

lunes, 16 de enero de 2012

Galicia en Puerto Rico: VOLVE Á SÚA TERRA, AGORA PARA SEMPRE

Galicia en Puerto Rico: VOLVE Á SÚA TERRA, AGORA PARA SEMPRE: DESCANSE EN PAZ, DON MANUEL O EXPRESIDENTE DA XUNTA FINOU A CAUSA DUNHA PARADA CARDIORESPIRATORIA O ENTERRO SERÁ O MARTES NO CIMETERIO...

¡¡ DESCANSE EN PAZ, DON MANUEL !!
BAGOAS DA ALMA

¡ Hai, como petan as bágoas !
¡ como petan por saír !
están no fondo da alma
e os meus ollos non poden ir.

Anegan os meus pensamentos
e afogan ó meu sentir;
non hai barqueiro que reme
nó pozo que gardo en min.

Antonio Puertas

sábado, 14 de enero de 2012

Reflexiones

TRASPARENCIA,DIGNIDAD Y ÉTICA
Por lo que toca al primer concepto ,lo que estamos viendo con el caso Gürtel es un verdadero flash que muestra intuitivamente su ausencia en la vida político-económica española .No es cierto que el común de los ciudadanos tuviese clara la indecencia y el sentimiento de impunidad con que procede parte (dejémoslo en ese limbo) de los representantes de uno y otro estamento .Si hubiera habido trasparencia -y voluntad de beneficiar con ella al conjunto de la sociedad-ni hubieran tenido tan desfachatadas conductas ni a los votantes se les iría quedando la cara de perplejidad-seguida de irritación-que ésta y otras conductas le producen .Es cierto que prensa ,radio y televisión han ido dando-dosificados-titulares a lo largo de meses sobre el tema ;pero bien porque los destinatarios desconfiasen de su verdad-dado el momento en que "los dejaban caer"-bien porque las tropelías de unos resultaban neutralizadas por las que se contaban de los otros ,las conciencias de quienes viven la actividad de sus políticos a través del rabillo del ojo devinieron anestesiadas o sus juicios paralizados .Ahora que la crisis ha dejado de ser un tópico para convertirse en garra que aprisiona los bolsillos de unos y oprime la dignidad y los estómagos de otros ,la percepción del hecho está cambiando .
Esa dignidad ,tanto individual como colectiva ,no parece ser un valor en alza-salvo que se sienta amenazada en un momento determinado y uno posea los medios y los arrestos que le permitan sublevarse .Normalmente ,se anteponen otros (incluso disvalores) a ella . El caso Gürtel nos sirve también de referente para preguntarnos :¿cuántas pleitesías (regalos) ,genuflexiones (palmaditas en la espalda) han tenido que rendir algunos para obtener del poderoso el codiciado favor? .¿Se sintieron dignos-no ya cuando sus dichos y hechos fueron de conocimiento público sino cuando en "la intimidad" se llamaban "amiguito del alma"-sabiendo que lo único que les unía era "el bien común"? .Sé que el vasallaje no se acabó al final de la E.Madia porque se percibiese como una forma criticable de relación humana sino porque-como siempre-hubo un cambio en la orientación de conveniencias .Sé también que es equívoco decir que  aquél desapareció para siempre .Si algo grave se le puede reprochar al sistema capitalista desde la ética es que-en su corazón mismo-el INTERÉS reina ;y ,con él ,el egoísmo socialmente desestabilizador ;y la irracionalidad debeladora de la DIGNIDAD .De aquí deviene su condición inmoral (por más que ,desde el poder se introduzcan "correciones" -sea para evitar su autodestrucción sea para acallar la mala conciencia) .No puede funcionar este sistema socioeconómico ni sin democracia farsante ni sin una jerarquía de vasallajes que cuente con la "lealtad" de cuantos están inexorablemente intersupeditados .No es la inteligencia , la bonhomía o la capacidad de liderar el BIEN COMÚN lo que hace a éste más reverenciable que aquél sino su cuota más o menos grande de poder .Y esa condición nos degrada ;porque nos hace serviles ,paraliza nuestra auténtica creatividad y nos somete al miedo de quién sólo aparentemente se siente más seguro que nosotros .

domingo, 8 de enero de 2012

GANDUXOS I

Empezarei este novo ano cun  tamén novo identificador para estas pequenas e informais comunicacións non suxeitas a criterios prefixados mais cós que un mesmo se impoña. Como se dicía  nos primeiros anos de democracia isto mais que liberdade xa parece libertinaxe. Cando se escribía para alguén había que someterse ás orientacións,de obrigado cumprimento, que che impoñían.
    Foi Eduardo o primeiro que falou de ganduxar ideas. Esta palabra ten connotacións de costureiras e xastres. (Tiven un tío xastre,o pai do noso compañeiro Ramos Dafonte que,como xogaba ben ao futbol,todos acordamos).Cando mandaba ganduxar un traxe para a proba facíase un cosido con puntadas longas e de calquera maneira que logo co traxe posto se tiraba do fío e se  cosía rectificando conforme a percha do cliente.
    O ganduxo de hoxe vaise referir a tres acontecementos de actualidade: Isaac Díaz Pardo,a mínima serie do Cardeal Tarancón que comentou Fernando Ledo, e a algúns centenarios do 2012.

 A.- Fóisenos unha das mellores persoas nadas nesta nosa terra. Desde o día en que nos deixou,ás oito da mañá da véspera do día de Reis, até hoxe mesmo, miles de tinteiros de tinta farían falta,de escribirse con ela,para cubrir todo o que sobre el queda escrito e se escribirá no futuro. Direi so algo que pasou mais desapercibido: 1.- Nunca permitiu ás súas traballadoras,eran maioría absoluta, que o tratasen de vostede. Cando lle dicían D. Isaac sempre respondía: Don Carallos. Rapaza chámame sempre Isaac. Non se acorda ,desde o ano 1948 que fundou Cerámicas do Castro,que lle faltasen ao respecto nin que deixasen de querelo e admiralo. Pese a matárenlle o pai,en Agosto do 36 por ser republicano e galeguista nunca fomentou o odio aos vencedores da guerra. Foi dos que mais fixeron xa na ditadura por recuperar a memoria histórica. Mais de 200 títulos na colección Documentos para a historia contemporánea de Galicia. 2.- Sempre tivo un coche que era  o mais cativo comparado co dos seus empregados/as. 3.- Nas fábricas sempre vestiu o mandilón como os demais traballadores. Cando, nas moitas excursións que visitaron sempre as fábricas, os profesores lle dicían aos alumnos quen era Isaac as caras que poñían de asombro, ao confundilo con calquera dos traballadores,era todo un poema.4.- Viviu sempre de forma espartana. O seu despacho era unha mesa e cadeira sen mais luxos.5.- Foi o fideicomisario de moitos exiliados que lle entregaron as súas bibliotecas e cousas valiosas dunha cantidade inmensa de persoeiros. No seu poder quedaron as actas do Goberno de Galicia no exilio que ao contrario do que pasou en Cataluña e o Pais Vasco cando se restableceu a democracia non se restauraron. De non ser por aquela manifestación, contra a aldraxe,deixábannos á marxe da consideración de nacionalidade histórica que hoxe nos recoñece a Constitución. Nada mais.

    B.- O comentario que fixo Fernando sobre o Cardeal Tarancón pareceume moi acertado. Foi moi comentado por toda aquela xente que viviu con intensidade as postrimerías da ditadura. Foi unha pena a hora. Rematou pasadas as dúas da noite. Se alguén o quere ver nesta páxina

El cardenal que querían ver en el paredón

  Ao abrir o artigo completo  remite ao arquivo da TVE. Tamén mais nada. O importante xa o dixo Fernando que foi delegado de curso, elixido democraticamente, e por tanto ten autoridade recoñecida que nunca perdeu.

C.- Este ano vanse celebrar varios centenarios dunha gran relevancia. Un deles que xa comezaron os actos é o de Celso Emilio Ferreiro autor dunha longa noite de pedra. Expoñen os seus poemas nos distintos locais comerciais de Celanova para divulgar as súa obra  poética. Entre eles está este:

Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.
Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño..
    Pois agora acabóuseme o fío e non podo dar mais puntadas .Así que outro día ganduxaremos outro pouco. Que o ano que acabamos de encetar nos sorprenda positivamente a todos. E un desexo. Apertas e abrazos e bicos tamén de proceder. Rafael