Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

martes, 26 de febrero de 2013

SINAIS DE VIDA

Para que viva algo este mural vou deixar uns enlaces para observación dos que acudan a el.

ExVoz



O 2º corresponde a un Blog dun periodista que andou ou anda moito por Santiago. Perfecto Conde.Ten spot moi interesantes. O último é sobre a dimisión do Papa e mais do Presidente da Academia Galega e o anterior é sobre o electricista no que inclúe a copia dos 15 folios que presentou no Xulgado. Ten o seu morbo pola concorrencia co informe do Vaticano onde tanto o sexto como o séptimo mandamento non se respectaban moito polo visto e ouvido.
Enlace:

CROQUES



O 3º é un relato que fai o senador do PNV Iñaqui Anasagasti sobre o 23 F. Parece que é fabulado,segundo di el. Pero se non e vero e bene trovato. Como din os italianos. Se alguén ten tempo nos comentario 22 ou 23 hai unha serie de enlaces do militar DIEGO CAMACHO LÓPEZ-ESCOBAR que documenta moi ben. E como ver varias películas e mais algunha novela. Se empezades a velos pode que pasades varias horas entretidos.
Enlace:

recuerdos de sabino fernández campo. lo que pasó - Iñaki Anasagasti


Nada mais. Saúdos para Madrid e para Málaga desde onde se acordan algunha vez deste curruncho e tamén para os que vivides na nosa terra,en especial para Fernando Ledo que sempre me incita a que non me esqueza de deixar algo neste blog. Saúdos como sempre. Rafael

miércoles, 13 de febrero de 2013

XUNTANZA DE INVERNO


Conforme fora anunciado coa debida antelación o pasado Xoves, dia 6 do mes en que andamos, celebrouse o xantar coincidindo coas festas do entroido. Por facer honor ao tempo festivo o xantar foi a base de produtos porcinos destacando como mais abundantes as cacholas,os botelos,lacóns e costelas acompañados de grelos,patacas e garavanzos. Todo en abundancia regado con viños da casa e unhas sobremesas de orellas e filloas. Para rematar os correspondentes cafés de pota cuns grolos de caña e licores varios. Todo un luxo nestes tempos de decadencia económica e social. Unha festa é unha festa ,un día é un día, e un peso gastouse.

Pasado o mediodía foron chegando os convidados. Os primeiros en facelo foron os da área de Santiago que trouxeron a Jaime Fraiz que levaba uns anos sen acudir a estes eventos. Mantense como un mozo sen acusar o paso do tempo. Foi un pracer conversar con el ademais de xantar xuntos.
O compañeiro Enrique,o encargado dos medios audiovisuais,sacou unhas fotos das que deixaremos aquí algunhas. Lamentouse de que non teñen a calidade que a el lle gustaría. De todos modos deixaremos algunhas. Unha crónica,hoxe en día, que non estea acompañada dunhas imaxes non cumpriría os estándares mínimos de calidade.


 
O amigo Felpete,no momento de facer a foto,estábase laiando por adormecerlle unha perna.Despois foille espertando cunha pinga de viño da casa do que todos dixemos que non estaba mal.
O pai destes encontros,Agustín Dios,en animada conversación con Juan Caamaño a quen lle comentaba que a última hora fallaron algúns dos convidados.
Os que siguen son Lopez González e Puertas que falaban de posesía.


                                                                            
Isolino dialogando con Alfonso sobre cuestións musicais,Como coristas teñen en común a interptretación das partituras.De non estar eu no medio tamén Fernando participaría na conversa .O coro que dirixe, interpretan polifonía, está chamado a ter grandes éxitos.Xa pasaron polas televisións  e ten moita sona pola comarca.Cun director así chagarán a lonxe.
O compañeiro Enrique,autor das fotos,tivemos todos con el mostras de recoñecemento.E o único dos comensais que se mantén con actividade laboral e por tanto un contribuinte ao peto das pensións públicas.Os demais somos todos xubilados pensionistas co titulo oficial de vellos que nestes tempos segundo Xaquín Marín,autor das viñetas de humor da Voz,somos os que hoxe por hoxe mellor futuro temos.Fernando da a impresión de que está fedellando no smartphone,teléfono intelixente de última xeración,que lle da mais traballo ca unha mascota para atender a todos os comunicantes e mensaxistas.Ao lado Tacón que é dos poucos que nunca falta ás xuntanzas aportando o bo humor que sempre o caracterizou.
Andrés Vilariño,sempre que pode non falla, chegou un pouco tarde dunha reunión de Santiago pero a tempo para xantar igual ca Roxelio que en animada conversación seguen a Pereira e a Luciano cando o camareiro nos aprovisiona.

 O compañeiro Puertas,no centro da imaxe,acompañado de dous Manueles López e Dans.Puertas xa lle dixen unha vez que é o bardo Camariñán pola cantidade de obra poética que ten.Hoxe colle nun espacio inferior a uña do dedo maimiño toda a enciclopedia Espasa e mais a Británica.Por tanto podería gardala en calquera sitio.Pero hai anos ocuparía algúns volúmenes.Failles boa vida ás musas e non se partan del nin cando dorme.
 Para constancia de todos os asistentes no futuro,agora que xa as potencias da ánima nos afrouxan a algúns, aí vai a lista de todos os asistentes:
Agustín Dios,Manuel Dans,Luciano Pena,Isolino Esmorís,Manuel Felpete,Alfonso Barros,Manuel López,Juan Sanlés,José María Tacón,Juan Caamaño,Rogelio Cotelo,Andrés Vilariño,Antonio Puertas,Fernando Ledo,Jaime Fraiz,Enrique Vázquez,José Pereira,Un servidor.

Pois rematamos esta crónica gráfica mandando memorias e saúdos para todos os ausentes.Rafael
  


jueves, 7 de febrero de 2013


Ño prometido es deuda:

Carnota
Cando estou a contemplar eses pes milenarios do hórreo de Carnota, veñen ao meu recordo aqueles tempos vividos de rapaz ao seu carón.
O meu pai, fora destinado como secretario do xuzgado, e, pasaba os invernos con el. Acudía a escola de Don Serafín nos baixos da casa consistorial, e, dende alí, divisábase unha lagueira atisgada de ras, que, os rapaces, cazabamos ao saír da escola.
Un carpinteiro do lugar, constuírame un patinete de madeira co que me deslizaba por unha pendente da praza do pobo , e que, a señora Arminda gardaba nun trasteiro nun baixo da súa casa, arrimada a dereita, entrando, a carón da súa tenda.
Parabamos na pensión do Señor Goyanes , e, fixerame moi amigo do seu fillo, e a quen o meu pai puxeralle o alcume de TREBOADA, polas liortas que armaba na casa, sendo pequeno. Logo, uns anos despois, pasamos a pensión da Señora Engracia. O noso cuarto de durmir, estaba orientado de cara o mar, e, inda  rosman nos meus oídos aqueles tombos petando sobre a area nas noites de inverno. Acurruñado na miña cama, soñaba con espíritos infernais que estaban a chamar nas fiestras onde durmíamos…
Todos estes recordos da miña nenez, gárdoos na miña alma con moito agarimo. Pena que vaia tan pouco polo pobo, pois, case-que non coñezo a ninguén…tal vez, a Michelín… Se me les, unha aperta, amigo



MANSAMENTE

Me acerco a ti, y me aparto,
cuando mansamente vienes hacia mi;
huyo y no te comparto
alejándome de ti.
De nuevo, abres tu espacio para mi.

Me invitas a seguir;
 insistes, aduciéndome con guiños…
Me descalzo y quiero ir
…dudo de tus cariños,
y, al fin, rompemos olas como niños.

Es muy tarde para huir,
atrapado en arena, agua y cielo,
guiando el juego a seguir,
extiendo sobre el suelo
un sueño, que guardo en aciago velo.

Una playa apartada
en la inmensidad de los cielos y el mar.
  En raya limitada,
el encanto del lugar…
y, oculto en arena, el sueño a recordar.

Me lanzo decidido,
y, noto la mano helada de la muerte,
que me ciñe aterido,
y me aleja, envolviéndome a mi suerte…
perdido me hallé al verte.

Siento abrir tus entrañas,
y, en tus espejos, escrita una nota:
 un niño con sus cañas,
un aro, una bici rota…
- a pié de hórreo- escrita en Carnota.

Antonio Puertas






martes, 5 de febrero de 2013

NA MEMORIA DO COMPAÑAIERO (RGR)

Deixamos a nota necrolóxica que publicaba hoxe o xornal de Santiago:”El correo Gallego” dando a noticia do finamento do noso condiscípulo Canedo Nimo. Era xunto con Esmoris e Barreiro Barbeito dos mais novos de todos nós.Como dicia o pai de Vilariño “Que Deus o teña na gloria” 




 M. MANTEIGA (05/02/2013)

 Profundo pesar por la muerte de Manuel Canedo Nimo, párroco de Ames y Lens Será enterrado hoy a las 15.45 horas en el cementerio parroquial de Trasmonte
ÓBITO El fallecimiento de Manuel Canedo Nimo, párroco de Santo Tomé de Ames, su anexo de San Cristóbal de Tapia y San Pio de Lens, a los 65 años ha provocado un profundo pesar en Ames, donde era muy conocido. Canedo, cuyo cuerpo será conducido hoy, a partir de las 15.45 horas desde el tanatorio Apóstol de Bertamiráns al cementerio parroquial de Trasmonte, participaba no solo directamente de la vida espiritual de la zona, sino que estuvo muy implicado con el día a día de los vecinos. Al respecto, desde la asociación cultural San Xoanciño, de Pousada, destacan sus continuos desvelos por los fieles y también por recuperar el espíritu de las viejas romerías, como la de San Mauro en la zona de Barouta, belenes o las lucidas alfombras florales.