Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

viernes, 27 de septiembre de 2013

AVISO


Como xa estaredes informados polo mesmo Dios Vigo outra vez mais,agardemos que sexa a última pese a que tamén non hai dúas sen tres,as circunstancias obrigaron a suspender a comida de irmandade programada para o vindeiro 3 de Outubro. Andrés séguese recuperando pero pensando en que asistise el tamén, como era a súa intención,as circunstancias aconsellan pospoñela para mais adiante xa que os galenos non lle aconsellan que se meta xa a facer vida ordinaria. Terase que ir incorporando lentamente e seguindo os consellos dos cardiólogos.

Dime Agustín que se avisará polo menos cunha semana de antelación para cando se fixe outra data. Pois mais nada e que a vida vos trate ben.Rafael

jueves, 26 de septiembre de 2013

Estas foron as miñas aportacións desde xoves a Radio Galega, no programa de Marcial Mouzo, Pensando en ti.
Tódolos xoves, teño un espacio, coma colaborador do programa, coñecido por " O Vilán de Fora.

EL DIA QUE YO ME MUERA

El día que yo me muera,
si una oportunidad me dan,
de nubes haré mi reino
y en mar de espumas lo verán.

Elegiré las más blancas
que leviten donde están
las gaviotas y las dunas
con huellas del cormorán.

Y me haré una barca nueva
invisible al navegar,
los remos serán mis versos,
la fantasía será mi hogar.

De piedra será la vela
que a soñar me impulsará,
y, en los días de tormenta,
la Barca me arrullará.

A la altura de Villano
me inclinaré para escuchar
las voces que llevo dentro
con caracolas de mar.

Las estrofas de mis versos
las olas las llevarán
y las conchas en la arena
 mi cantar escribirán.

Las señales que os mande
estrellas errantes serán,
iluminando la noche,
si una oportunidad me dan.

Antonio Puertas





CATRO HORAS PA PENSALO

Estábase á construír o peirao do Curbeiro e, a rampla da dereita que mira cara o Campo, apenas contaba cunha fiada estreita de pedras laterais, que ían servir de berce po seu vindeiro recheo.

Pola tardiña, un grupo de rapaces, estabamos a pescar con liñas de cordel rematadas cunha carta de tanza, que mercaramos na tenda de Moncho de Bautista, e, os nosos cestos de vimbia, estouraban repletos de panchos, xurelos, fanecas, queimonas, maragotas, e outros moitos que estaban a osmar polas augas.

O recollemento era tal que, tódolos nosos sentidos, estaban postos nos peixes que estaban a picar, nunha posición que mais ben semellaba estar rezando devotamente i en silencio, naquel noso templo que, neses intres, era o mar.

A correntada, sorteaba facilmente o único valo que tiña aquel abeiro, feito cas pedras do antigo Castelo do Soberano e, que, nos invernos, resultaba ser un xoguete bandeado pola forza do mar, que burlaba sen apenas atrancos ó seu antollo. Pouco apouco, ía derruíndo ó seu lastrado, do mesmo xeito que ó estaba a facer cos reinos que os rapaces construíamos ó longo das nosas praias.

Augas barrentas e alporizadas, arrastraban con sigo moreas de folgueiras e de residuos naturais desprendidos dos fondos, e, o mesmo tempo, servían de sustento pa eses anfibios famentos, que estaban á engarguelar entre eles polo noso engano.

Un dos cativos, que lograra unha descomunal maragota, levouna colgada na brinca ata desenganchala na cima do Curbeiro. De seguido, baixou a escape, sen mais demora, pa seguir pescando. Ó pasar xunto a min, rozoume lixeiramente, e ala fun eu esfociñado de cara o mar.

Agarrotado e desgornecido polo peso da roupa empapada, e polos zapatóns recen estreados que, a conciencia, fixera ó meu veciño Modesto, tódolos meus esforzos pa manterme a flote, foran inútiles. Inexorablemente, vinme mergullar sen alento polo medio daquelas augas turbulentas do inverno camariñán.

Tódolos cativos que alí estaban, fuxiron asustados pas súas casas.

O Curbeiro, coma todo o pobo, estaba ás escuras, e, as farois, lustraban de negro o peirao, coa súa ausencia.
O sol, tiña xa deitado no mar e, os nubarróns dun incipiente Outono, ennegrecían aínda máis, se cadra, aquel agre serán venteado polo poñente.

Quixo a casualidade que, neses intres, atracaran ó porto Pepe Pardiñas e Fernando- o Madrileño- quen retornaban da ría de pescar queimonas. E, vendo chorar a unha rapaza, preguntou Pepe:

- ¿Que ocorre, Dorita ? …¿ por que choras?...”
- É, que caio Toñito ó mar e afogou…”

Non foi necesario mais nada. De seguido, o meu salvador, Pepe- que en gloria estea- arrigou as graúdas botas mariñeiras e o impermeable marelo que levaba postos baténdoos de cara o chan, e lanzouse ás augas como un corvo mariño. Dando con migo ás apalpadas polo fondo, arrastroume pa terra firme, non sen antes loitar con asañamento contra a marusía que estaba á envolvernos, inexorablemente, levándonos mar a dentro.

Eu, non respondía a ningún procedemento de reanimación, nin había en min sinal algunha de vida. O meu corpo estaba frío e branco, e, os meus ollos revirados, miraban pa ningures, coma fan tódolos afogados. Naqueles intres, eu, era un deles.

Sen vida, leváronme pa miña casa e metéronme na cama, mentres todos choraban sen consolo ó meu arredor. E, así, permanecín CATRO HORAS no outro mundo.

Esas catro horas, non foran nada pa min. A miña actividade cerebral latente no mais recóndito do meu cerebro, tiña formado unha especie de espesa nube con infinitos cores, nunca xamais vistos antes, que facían do arco da vella unha pobre caricatura en comparanza con aquela divina visión, espertando un sosego e unha placidez tal, que, o meu subconsciente, someteume a unha disxuntiva: “ ou quedas así pa sempre, ou volves de novo po mundo dos vivos.Ti elixes “.

En realidade, nunca xamais tiña experimentado nada igual. Era tal a felicidade e a placidez na que se atopaba todo o meu ser, que non me importaba nada en absoluto permanecer pa sempre no mais ala.

Un remuíño formado con aparencia de brancos nuboeiros chiscando en cores, desprendían unha especie de xordo resón case imperceptible, que semellaba a unha marabillosa treboada por dentro do meu subconsciente. Ecos na distancia, que a miña mente dormente, concretou nunha frase:

- “TES CATRO HORAS PA PENSALO ”…-resoaba a intervalos aquela divina visión-
I, esas CATRO HORAS, que, pa min, leváranme a unha decisión inmediata con resposta nun chisque chás, foran unha interminable e angustiosa espera pa todos aqueles que estaban ó meu arredor.

A eternidade, non tiña tempo nin medida, e, por iso, coma sempre está aí, decidín volver cos meus, pa gozar das miñas cousas e das miñas xentes. Tamén eles eran experiencias novas pa un neno que estaba a comezar a súa vida neste mundo.

- “ Que a eternidade agarde, que xa terá o seu momento”-  Respondín.

Antonio Puertas








lunes, 23 de septiembre de 2013

OUTRA BOA NOVA

Por orde de Dios Vigo Agustín e co visto bo do Padre da Patria Andrés Vilariño queda para aqueles que pasaren por diante deste taboleiro volta a convocar a xuntanza de verán para o día que aparece na convocatoria que se adxunta:





Por orde especial tamén de Agustín, membro da comisión, quedades advertidos que na folla informativa onde se fala do menú queda suprimida a RICHADA DE PORCO e substituída por tenreira ou cuxo galego. Non se me indicou cal sexa a razón da mudanza. Matinando eu supuxen que podería ser por se alguén se mudou ao credo mahometano para que non alegase como motivo ou causa da non asistencia a prohibición das carnes galufinas. Con respecto,sobra dicilo, a todos os musulmáns que teñen dereito como calquera ao respecto merecido,Pois nada mais. Verémonos ese día e por suposto compartindo,como todos,que o compañeiro Andrés se teña recuperado estando xa para os festexos. Para todos saúdos e cos mellores desexos. Rafael

martes, 17 de septiembre de 2013

BOAS NOVAS


Hai un pouco chamoume Dios Vigo,Agustín, comunicándome que fora ao CHUAC para visitar a Vilariño e que se levou unha grata sorpresa. A súa cama xa tiña outro enfermo e a enfermeira da planta informouno de que Andrés lle deran a alta ao mediodía. E unha boa noticia. Dívolo quen tivo mais de medía ducia de ingresos e alí un día fai por catro fora. Case todo o mundo,a non ser que esteas moi maliño,está desexando que lle dean a alta. Cando saes dáselle mais importancia a dar un paseo, saír a rúa e volver a casa dun que como dicía Rosalía de Castro:”Miña casiña meu lar cantas onciñas de ouro me vales”.Pois agora cando se repoña Vilariño,hai que deixar pasar un tempo e a el lle pareza ben, teremos que facer esa xuntanza que se suspendeu por forza maior e pasar un día xuntos recordando aqueles tempos mozos en que vivimos e convivimos compartindo todo un mundo de ideais que hoxe acordamos con saudade e algo de morriña.
Pois un saúdo. Déixovos tamén o texto dunha carta que se publicou na Voz do Domingo e que dicía así:

“” HAI XUÍCES EN BERLÍN

Así lle respondeu un campesiño alemán ao rei de Prusia,Federico II O Grande, cando lle quixo expropiar un muíño de vento, construído por el pedra a pedra, para edificar un castelo nas aforas da cidade. Ofreceulle diñeiro e ao non ceder o campesiño ameazouno con confiscarllo. Iso podería facelo Maxestade se non houbese xuíces en Berlín. O monarca acatou sentenza e rodeou o muíño deixándollo enclavado e co ancho dun camiño para que o dono entrase e saíse sen pedir autorización. E alí quedou un letreiro indicando que o muíño se conserva como recordo eterno do amor e respecto a Xustiza.

Ven a conto do que lle pasou a un mozo ourensán que padece unha doenza rara que,de non tratala cun fármaco biolóxico de última xeración, correría perigo a súa vida. O tratamento que dispensan no hospital ten un custo de aproximadamente trescentos mil Euros ao ano. O Servizo Galego de Saúde non o autorizou alegando razóns de austeridade orzamentaria. O xuíz na sentencia obriga a dispensalo e pagalo e ditamina que ao denegarllo vulnerouse o dereito constitucional do enfermo a vida e a integridade física e moral, prescindindo do criterio médico sen outra presumible razón mais ca do aforro. Cualifica de insólito que se lle tivese denegado.
E unha boa noticia para todos aqueles enfermos crónicos que nos tratamos con eses fármacos biolóxicos que nos permiten levar unha vida de certa calidade. Que siga habendo xuíces tanto en Berlín como no resto do mundo que lles paren os pés a quen toma decisións inxustas””.

Chamáronme onte e mais hoxe algúns avogados e procuradores dicíndome que lles gustara e que é necesario que a xente crea,hoxe que non se cree case que en nada, na xustiza para que acuda a ela. Como hai que pagar as taxas e coa crise notan unha baixa nos asuntos. Entran cada vez menos. Deica a próxima. Rafael

lunes, 16 de septiembre de 2013

A GAMELIÑA

¡ Que tan soliña, berrando de labia,
quedou a gamela amarrada a poutada !
…petando na auga, petando de rabia
¡ Que tan soliña e tan desamparada !

I o vento mareiro, ca súa espada,
cortaba en ela, i a ondiña bailaba
coa gameliña descoroada,
petando nun mar, que tanto á miraba.

Quedaches amarrada a esta terriña,
a mesma terra que a pedra non hala,
e laias ca pena de tanta morriña.

Segue petando, miña gameliña,
que, esa terriña, que che dou esa fala,
agora, te afoga cunha poutada.


Antonio Puertas.

Tódolos dereitos reservados



domingo, 8 de septiembre de 2013

PARA NUESTRA SALUD DEMOCRÁTICA
No me propongo hoy hacer un recetario completo de condiciones para la regeneración del funcionamiento de los partidos políticos o aportar principios para  el mejor encaje de las instituciones en una sociedad más participativa y fiscalizadora de su actividad. Ya hay mucho escrito sobre ello y se escribirá más cuando se acerquen las próximas elecciones. Lo que intentaré fundamentalmente es dar argumentos para sacar el acceso a la representación parlamentaria del marketing en que se mueve (que  explica en buena medida la corrupción que tanto nos escandaliza en los últimos meses) y establecer unas condiciones mínimas de ética y responsabilidad social de los aspirantes a la función política.
El caso “Bárcenas” evidencia la mentalidad caciquil de la cúpula del  PP (pero es observable-dentro de las posibilidades respectivas-en el resto de los staff o por mejor decir: “cúpulas”) donde el “Yo me lo guiso, yo me lo como” resulta un criterio de  aplicación práctica obvia. Nosotros somos “los buenos”, “los salvadores” y, como tales, nos merecemos cuanto nos pida el cuerpo, sea en comilonas, en sobresueldos o privilegios de todo tipo. Es, por supuesto, un mal-además de un craso error de concepto que hay que corregir con normas y cambios actitudinales que requerirán más reflexión. Pero lo que me parece urgente y de más inmediata reparación es acabar con la corrupción que acompaña a la financiación de los partidos y al modo en que “se venden” a los electores. Si se compran favores-o cabe la posibilidad de que suceda-a cambio de generosas contribuciones a las “campañas” de los que deberían crear cauces de participación ciudadana, estamos propiciando, por una parte, no solo la distorsión del principio de la libre competencia ante a las administraciones públicas( en clara contradicción con una norma básica capitalista) y ocasionando el sobreprecio artificioso de los servicios que se les prestan sino , además, consentimos que-lejos de ser los partidos expresión de “la voluntad popular”-devengan un producto de mercado como si de vender coches o papel higiénico se tratara. Los partidos nos tienen que convencer con argumentos, no con “juegos de seducción”. Obliguémosles a que se expliquen desde los medios públicos en debates abiertos, pedagógicos; en pie de igualdad; y prohibamos las costosísimas campañas “de papel e imagen”. Cada renovación del parlamento debe ser una confrontación nueva, una partida de cero-no una salida con ventaja preestablecida. Los partidos percibirán-para el sostenimiento de su burocracia y capacidad de concienciación-una cuota, por ley, proporcional al número de votos obtenidos en las urnas, pero nada más.  El sueldo de los parlamentarios será el doble, el triple o el cuádruple del  medio nacional-dependiendo de la importancia de la función que desempeñen. Si el país va mal (por aquello de la corresponsabilidad), los sueldos suyos se afectarán en la misma proporción que aquella media. El que quiera más-si se lo consentimos-que lo busque fuera de lo que debe ser un servicio a la Comunidad (es tema para otro artículo). Después de dos legislaturas seguidas-como máximo-tendrá que recuperar el puesto laboral que haya ejercido antes de ocupar su puesto de diputado-previo un análisis de su responsabilidad social por parte de ciudadanos especializados y/o capacitados, independientes, elegidos por sorteo entre estos y convocados ad hoc-es decir: para determinar si por ignorancia, por aprovecharse del cargo, por mala gestión,  por prevaricar o caer en algún tipo de corrupción, causó algún daño al bien común. Los funcionarios ligados a su gestión podrán ser examinados y sancionados-incluyendo la expulsión-si obraron en contra de su estatuto o consintieron el anómalo comportamiento de sus jefes temporales. Los afectados por las decisiones de unos y otros podrán aportar pruebas y argumentos al Tribunal Popular, el cual tendrá la facultad de sancionar la mala fe de estos si la hubiere.
Son ideas para la reflexión, para el retoque o la sustitución, que no tienen otro objeto que concienciar e impulsar la movilización ciudadana. 

Hacía más tiempo del que creía que no entraba en el blog. Me sumo a los deseos de pronto restablecimiento de mi tocayo, a los deseos de éxito para Puertas y a la gratitud por las aportaciones de Rafael. No creo que pueda estar en la convivencia cuando la convoquéis pero la seguiré aquí con el interés de siempre.Andrés L. Amboage


sábado, 7 de septiembre de 2013

Novas sobre Andrés 3



Conforme indiquei o xoves onte practiquei unha das obras de misericordia que se recollen no catecismo dos padres Astete e Ripalda. Por certo cando se teña vagar pódese pasar un par de horas rememorando o que de pequenos estudabamos de memoria e gozar de como se despertan eses recordos que as neuronas manteñen apegados. Hoxe en internet está case todo. Podedes velo aquí: Catecismo de los padres Ripalda y Astete: adornado con 154 ...

Despois desta digresión,para ocupar mais espacio,sobra dicir que o enfermo visitado era Andrés. Encontreino bastante ben.Con bo aspecto. Algo canso xa de estar no hospital. Sen moitas ganas de falar pero seguramente é debido a cantidade de visitas que recibe. Xa camiña algo e come a pe. Parece que aínda terá,segundo a familia e os médicos, para varios días mais de hospitalización.

Cando estaba falando con el chegou Alvite Ponte que viña de pasar uns días de descanso, no pais veciño de Portugal,e que foi o que me mantivo informado da situación de Andrés nos primeiros días. Alvite tamén pasou un curso moi complicado con problemas de saúde e precisaba duns días de descanso. Xa comentamos que hai que ter un pouco de amor a un mesmo xa que é o paradigma do que lle deberiamos ter aos demais.”Amar ao próximo como a un mesmo”

Pois como vedes seguen sendo boas noticias neste tempo que abundan as malas. Hai uns días empezou unhas colaboracións na Radio galega o compañeiro Puertas. É unha gozada escoitarlle os contos e poesías amais os comentarios que fai da súa querida Camariñas.Tamém o podedes escoitar aquí:
Pensando en ti
Pensando en ti do día: 05/09/2013
05/09/2013 - 03:06 h

E nada mais. Saúdos a todos.

jueves, 5 de septiembre de 2013

Novas sobre Andrés 2


Como me chaman algúns compañeiros para preguntarme e interesarse polo estado da saúde de Andrés teño que informar,conforme ao meu leal saber e entender, que polas informacións directas e mais indirectas que teño evoluciona favorablemente. Segue hospitalizado, con reserva das visitas aos familiares, pero cónstame que xa o visitaron Gómez Verdía, Isolino Esmorois, Enrique Vázquez Pose e o mesmo Dios,o compañeiro Agustín. Neste caso a interpretación da norma hospitalaria,tanto por parte da familia,como del mesmo é o mesmo persoal do hospital, é “in senso lato”.A impresión que lles causou é que desta sairá. Foi un aviso e de agora en diante poderá facer aquilo que poida e o demais quedará sen facer. “Ad imposibilia nemo tenetur” Fraga dixit cando o das vacas loucas foron amoreadas nunha canteira preto de “Desván de los Monjes”.Pero o certo é que é de aquelas premisas que D.Luciano Palleiro, cando nos explicaba Lóxica, dicía que era unha premisa universal que se podía predicar de todos e para todos os entes.

Estamos vivindo en tempos, nos que aquel axioma de Luciano Pena,cando en Sanmartiño se pasaba fame e frío lle dicía ao finado de de D..Manuel Bugallo que “primum vívere et deinde filosophare”

A partir de mañá terei algunha información mais e no caso de que sexa transcendente ou non deixaréivola aquí. De momento o que se sabe hai que cualificalo de boas noticias. Cos mellores desexos pata todos. Rafael.

lunes, 2 de septiembre de 2013

NOVAS SOBRE ANDRÉS



Para os que teñades interese en saber como segue o noso Andrés,paréceme que, aos todos poucos que abrades este taboleiro, podo dicirvos o seguinte. Por fontes directas,pero indirectas,que son o compañeiro Alvite e mais Vázquez Pose sei que o trasladaron para a planta e que está aparentemente,dentro do que cabe,ben. Con humor,orientado,pendente de algunha proba e pensando que o darán de alta un día destes pero sen concretar. As visitas están restrinxidas á familia pero en sentido amplo tamén deixan pasar un momento a quen o queira ver na planta 7ª.Hoxe estivo alí Enrique e mais Isolino Esmorís.

Como curiosidade dixéronme que lle tocou a habitación que está ao lado dunha dependencia que ten o letreiro seguinte: SALA DE CURAS. Nunca está mal unha pinga de humor elemento necesario para a supervivencia na sociedade de hoxe.

Xa vedes que son noticias relativamente boas. Levaralle o seu tempo repoñerse e que na rehabilitación se recupere.A medida que siga tendo información das miñas fontes seguireivos informando. Saúdos.Rafael