Benvidos


Belvís

Belvís
Seminario Menor de la Asunción - Santiago

lunes, 22 de agosto de 2016

Xuntanza anual 2016

Acabo de recibir un correo anunciando a convocatoria e programa da xuntancia ordinaria do mes de Setembro.Aí que da para xeral coñecemento de internautas.Vinde todos os que poidadaes e un cordial saúdo para todos sin excepción.Rafael.




Quinta do '57
CONVIVENCIA ANUAL

15 de setembro Día de Nosa Señora das Dores:
na Coruña, no seu centro histórico ou “Cidade Vella”
Homenaxe especial ao compañeiro Andres, con ampla  xurisdición canónica en praza, “bispo de Coruña in pectore nobis” 
Amigos da Quinta do ’57: será raro dar con alguén, entre nós, que non teña cantado  nalgunha ocasión aquilo de:
Vivir na Coruña, qué bonito é!
¡Andar de varanda  e durmir de pé!......
Imposible xa, se lestes ata aquí,  que non esteades cantaruxando esta cantiga. A convocatoria deste ano é a ocasión de cantala a pleno pulmón no corazón mesmo da Coruña, na súa “cidade vella”.
PROGRAMA
11,30: Presentación e saúdos, no adro da igrexa parroquial de Santiago, moi       
           próxima á Praza de María Pita.
12,00: Explicación sobre esta igrexa, a máis antiga da Coruña, a cargo do seu
           actual párroco, “un tal” Andrés García Vilariño.
12,30: Visita á Colexiata de Santa María do Campo, a cinco minutos da anterior.
13,00: Celebración da Eucaristía na mesma Colexiata, igrexa co-parroquial coa de   
           Santiago.
14,00: Camiñada sosegada pola cidade vella, achegándonos ao convento e colexio
           de santo Domingos, onde na capela do Rosario se venera a imaxe desta
           advocación mariana, declarada patroa da Coruña desde o asedio á que se
           viron sometidos os coruñeses pola poderosa armada inglesa dirixida por
           Francis Drake no ano 1589
14,45: Xantar, (25€) será no restaurante da Sociedade Deportiva Hípica
           magníficos panoramas sobre a enseada pola que entran os barcos no porto
           da Coruña.“Cos ollos tamén se come”, din os cociñeiros. E tamén: “A comida entra
            polos   ollos”.

Despois do xantar faremos outra curta camiñada para espabilar as pernas e visitar: Museu histórico-militar, capela Venerable Orde Terceira franciscana Axuntamento, Museo Pardo Bazán,  casa Maria Pita…e o que se tercie.  ……todo no entorno  
Ata vernos e cantar iso de “Vivir na Coruña…”

Coma sempre, para confirmar a asistencia, avisos ou consultas, contamos coa Secretaría ad casum, integrada por:
 Agustín Dios Vigo –         Tfs. 679239351
 Enrique Vázquez Posse – Tfs. 636050952
 Ramón Senín Bello –       Tfs. 986844674


ACCESOS en coche: PARA ACCEDER EN COCHE ÁS INMEDIACIÓNS DA IGREXA DE SANTIAGO, CÓMPRE QUE NA PRAZA DE OURENSE COLLADES POLA DEREITA (antiga Avenida do Alférez Provisional, hoxe “Avenida do Porto”) e, entrando no novo túnel, que sae o entorno do Castelo de San Antón; circulando polo vial da dereita con acceso interior o aparcadoiro Marina-Parrote; circulando po la esquerda, con acceso interior o aparcadoiro Maaria Pîta e saida  a praza de España-cuartel de Infanteria y detrás do cuartel en fronte a Hipicaa outro aparcadoiro. 

Aparcadoiros públicos: De casualidade, entorno Castelo de S. Antón, da Torre de Control no dique de abrigo, tras a Cruz Roja y as murallas da cidade, en fronte a Hipica e o Rectorado, paseo marítimo (marxen esuerda)  entre Hìpica y traseira do cementerio de San Amaro. Todo cerca de igresa de Santiago    


No hay comentarios:

Publicar un comentario